Socialistas da Guarda

Socialistas da Guarda Páxina oficial dos simpatizantes e militantes do guardés.

🚍 O Baixo Miño non pode seguir agardando por un transporte público digno.🔴 Desde a coordinación comarcal do PSdeG-PSOE d...
24/08/2026

🚍 O Baixo Miño non pode seguir agardando por un transporte público digno.

🔴 Desde a coordinación comarcal do PSdeG-PSOE do Baixo Miño fíxose pública unha nota de prensa para reclamar á Xunta solucións ante as deficiencias que segue presentando o transporte público na nosa comarca.

📢 A semana pasada coñecemos pola prensa que a licitación dos novos contratos non está prevista ata 2027. Mentres, a veciñanza continúa sufrindo poucas frecuencias, problemas de capacidade e conexións insuficientes cos hospitais e co CUVI.

‼️ Desde o PSOE da Guarda sumámonos a esta reclamación: se o novo modelo tarda, as melloras non poden tardar. A Xunta ten capacidade para introducir cambios no servizo actual e debe facelo xa.

📢 O Baixo Miño necesita solucións, non máis escusas nin máis prórrogas.

🧐 ADIVIÑA, ADIVIÑANZA…‼️ Hai unha beirarrúa na Guarda sen varias baldosas.🚶 Unha pista de obstáculos para quen camiña.👶 ...
21/08/2026

🧐 ADIVIÑA, ADIVIÑANZA…

‼️ Hai unha beirarrúa na Guarda sen varias baldosas.

🚶 Unha pista de obstáculos para quen camiña.

👶 E para os carriños, directamente… modo aventura.

❓A pregunta é, sabes onde está?

😂 Pista: parece que Carrero quere converter A Guarda nunha auténtica xincana urbana.

📸 Mira a foto, pensa e… adiviña o lugar!

📚 Son varios os veciños e veciñas que nos trasladan que, ao achegarse á Biblioteca Municipal da Guarda, atopan as portas...
19/08/2026

📚 Son varios os veciños e veciñas que nos trasladan que, ao achegarse á Biblioteca Municipal da Guarda, atopan as portas pechadas.

➡️ Sabemos que a través das redes sociais da biblioteca se informou do peche do 1 ao 21 de agosto, pero cremos que tamén sería positivo que esta información se compartise a través da páxina oficial do Concello da Guarda.

🙂 Deste xeito, a información chegaría a máis persoas e evitaríanse desprazamentos innecesarios.

👍 Dende Socialistas da Guarda animamos ao Concello a mellorar a comunicación coa veciñanza, especialmente cando se trata de servizos municipais.

📍Hoxe traémosche un pequeno reto: adiviña onde están estes contedores. 👃 Non fai falta GPS, nin Google Maps, nin sequera...
18/08/2026

📍Hoxe traémosche un pequeno reto: adiviña onde están estes contedores.

👃 Non fai falta GPS, nin Google Maps, nin sequera preguntar aos veciños. Quizais o propio cheiro che leve ata alí.

❓Carrero, animámoste a adiviñar o lugar. Se non o atopas pola vista, tranquilo, polo nariz non hai perda.

‼️ Menos propaganda e máis limpeza.

🌘🔭 Mañá, A Guarda mira ao ceo!📱O noso compañeiro Pablo Woodward está facendo das súas outra vez 😉. Creou unha web para p...
11/08/2026

🌘🔭 Mañá, A Guarda mira ao ceo!

📱O noso compañeiro Pablo Woodward está facendo das súas outra vez 😉. Creou unha web para poder seguir o eclipse en tempo real na Guarda.

🙂 Dende Socialistas da Guarda queremos compartir esta iniciativa coa veciñanza para que todo o mundo poida desfrutar deste fenómeno e seguir a súa evolución dunha maneira sinxela e cómoda.

👉 Se queredes estar ao tanto do eclipse de mañá, botádelle unha ollada á web!

🔗 https://eclipseaguarda.netlify.app

🎉 O mércores, dentro da programación das Festas do Monte, celebrouse o desfile e concurso de traxes galegos, organizado ...
07/08/2026

🎉 O mércores, dentro da programación das Festas do Monte, celebrouse o desfile e concurso de traxes galegos, organizado pola Asociación Recuperación Traxe Galego.

🥰 Un evento fermoso, cunha gran afluencia de público, que demostra que na Guarda seguimos mantendo vivas as nosas tradicións e sentindo orgullo da nosa cultura.

🔴 Ademáis, a nosa portavoz municipal, Fátima Rodriguez, participou na entrega de premios. Grazas á asociación por convidarnos e facernos partícipes.

♥️ Parabéns polo gran traballo que realizan na conservación do noso patrimonio.

🏊 Hoxe o Concello anunciou o levantamento da prohibición do baño na Lamiña e no Muíño, apenas un día despois de informar...
06/08/2026

🏊 Hoxe o Concello anunciou o levantamento da prohibición do baño na Lamiña e no Muíño, apenas un día despois de informar da súa prohibición. É a segunda vez neste verán que se produce unha situación semellante.

⚠️ Aínda que a prohibición xa foi levantada, isto non pode quedar sen explicacións. A veciñanza ten dereito a coñecer con rigor que foi o que ocorreu, cales foron as causas e que medidas se van adoptar para evitar que episodios coma este volvan repetirse.

‼️ Dende Socialista da Guarda esiximos ao Concello total transparencia e información clara. A xestión destas situacións debe estar baseada no rigor e na responsabilidade, porque está en xogo a saúde pública e a confianza da cidadanía.

🔴 Durante os anos de goberno socialista nunca se produciron episodios coma os que estamos vivindo este verán. Por iso, ademais das explicacións oportunas, é imprescindible poñer en marcha as actuacións necesarias para garantir que esta situación non se volva repetir.

🚌 Dende Socialistas da Guarda poñemos á disposición de toda a veciñanza unha nova web na que poderedes consultar, dun xe...
04/08/2026

🚌 Dende Socialistas da Guarda poñemos á disposición de toda a veciñanza unha nova web na que poderedes consultar, dun xeito claro e sinxelo, todos os horarios dos autobuses Vigo–A Guarda e A Guarda–Vigo.

👨 Esta ferramenta foi impulsada polo noso compañeiro, o enxeñeiro Pablo Woodward, coa intención de facer máis fácil o día a día das gardesas e guardeses e toda a xente que nos visita. Porque sabemos que os horarios facilitados pola empresa non sempre son intuitivos nin fáciles de consultar.

🙂 Agardamos que esta iniciativa sexa de utilidade para todas as persoas que empregan o autobús para traballar, estudar ou desprazarse.

⏰ Consulta os horarios aquí:

🔗 https://buuses.netlify.app/

🤔 Hai cousas difíciles de entender.🚲 O Concello anuncia estes días o novo punto de autorreparación de bicicletas da Alam...
30/07/2026

🤔 Hai cousas difíciles de entender.

🚲 O Concello anuncia estes días o novo punto de autorreparación de bicicletas da Alameda, unha actuación vinculada ao GDR Galicia Suroeste Eurural.

👍 Ata aquí, todo ben.

❓ O que nos chama a atención é que o alcalde lle dea agora difusión ao logro dunha entidade da que el mesmo decidiu sacar ao Concello da Guarda.

💶 Se o GDR é unha ferramenta capaz de atraer investimentos e facer posibles actuacións coma esta, por que renunciar a seguir formando parte del?

📢 Dende Socialistas da Guarda xa advertimos no seu momento que abandonar o GDR era unha mala decisión para o futuro do noso concello.

🏘️ Porque é importante seguir formando parte dos espazos que permiten captar recursos, investimentos e novas oportunidades para A Guarda.

🎶 A programación da Festa do Peixe Espada deixounos este domingo un dos momentos máis especiais en San Benito, coa actua...
29/07/2026

🎶 A programación da Festa do Peixe Espada deixounos este domingo un dos momentos máis especiais en San Benito, coa actuación da Banda de Acordeóns Metropolitana.

🥺 Foi un concerto moi fermoso, que acadou o seu momento máis sentido cando varios integrantes de Acordeóns Marcareñas quixeron render homenaxe ao seu director, José Luis. Nun fermoso xesto, fixeron entrega dun ramo de flores á súa esposa, emocionando ao público asistente.

👏🏻 Música, cultura e sentimentos puxeron o broche de ouro a unha festa gastronómica que forma parte da historia e da identidade da Guarda.

💙 Parabéns á organización e a todas as persoas que fan o posible por manter vivas as nosas tradicións.

Dirección

La Guardia
36780

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Socialistas da Guarda publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Socialistas da Guarda:

Atajos

Compartir