Piscina Municipal A Guarda

Piscina Municipal A Guarda Información, actividades, horarios e novas sobre a Piscina Municipal A Guarda

03/12/2025

🌊 Ata pronto, familia da Piscina Municipal 💙

Despois de case 28 anos sendo o voso punto de encontro, saúde e benestar, chegou o momento de facer unha pausa necesaria. A nosa instalación pechará durante aproximadamente 10 meses para levar a cabo unha reforma integral que nos permitirá ofrecervos un espazo renovado, accesible e preparado para os próximos anos.

Queremos dar as grazas de corazón a todas as persoas que formaron parte desta casa:
✨ A quen vides cada día nadar, adestrar ou relaxarvos no spa.
✨ A quen comezastes connosco e seguides aquí.
✨ A quen viñestes nalgún momento e agora non estades, pero deixastes a vosa pegada.
✨ E, por suposto, ao noso equipo humano, que traballou con dedicación e agarimo para que cada visita fose especial.

Sabemos que este peche temporal non é doado, e agradecemos profundamente a vosa paciencia, comprensión e apoio. Prometemos volver cun espazo mellor, máis cómodo e cheo de enerxía para desfrutar xuntos dunha nova etapa.

Isto non é unha despedida… é un “vémonos moi pronto”.
💙 Grazas por acompañarnos neste camiño. Os mellores tempos están por chegar.

A partir do 1 de decembro… SEGUE ADESTRANDO! 🏋️💪🏻🏊As persoas usuarias da Piscina Municipal Cuberta da Guarda poderán des...
30/11/2025

A partir do 1 de decembro… SEGUE ADESTRANDO! 🏋️💪🏻🏊

As persoas usuarias da Piscina Municipal Cuberta da Guarda poderán desfrutar de vantaxes e descontos en diversos centros deportivos da comarca, simplemente presentando o seu carné identificativo.

Dende a Piscina Municipal apostamos pola promoción da actividade física e traballamos para que os nosos usuarios teñan acceso a máis servizos e máis oportunidades para manter un estilo de vida saudable en toda a contorna.

Grazas a todos os centros deportivos colaboradores pola súa implicación e por contribuír a ampliar a oferta deportiva para a nosa comunidade.

Dirección

Paseo De Portugal Nº 28
La Guardia
36780

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 13:30
16:30 - 22:30
Martes 08:00 - 13:00
16:30 - 23:00
Miércoles 07:30 - 13:30
16:30 - 23:00
Jueves 07:30 - 13:30
16:30 - 23:00
Viernes 07:30 - 13:30
16:30 - 23:00
Sábado 09:00 - 13:30
Domingo 09:00 - 13:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Piscina Municipal A Guarda publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría