13/07/2026
Prazas nos Centros Residenciais da Consellería do Mar
A Consellería do Mar publica as bases reguladoras para o acceso ás prazas de residencia e de comedor nos centros residenciais da Consellería do Mar, e procede á convocatoria das prazas residenciais para o curso escolar 2026/27.
Poderán ser persoas beneficiarias das prazas de residencia ou de comedor todo o alumnado que, durante o curso escolar, estea matriculado nos centros de formación dependentes da Consellería do Mar e realice os seguintes estudos náuticos e marítimo-pesqueiros:
a) Ciclos formativos de grao medio e superior da familia profesional marítimo-pesqueira.
b) Cursos de capitán/capitá de pesca, patrón/patroa costeiro/a polivalente, ampliación de atribucións para patrón/patroa costeiro/a polivalente, patrón/patroa local de pesca, aumento de atribucións para mecánico/a naval, aumento de atribucións para mecánico/a maior naval, revalidación dos títulos profesionais náutico-pesqueiros, mariñeiro/a pescador/a, mariscador/a e percebeiro/a.
O prazo de presentación de solicitudes de residencia e comedor para o alumnado dos ciclos formativos recollidos no artigo 2.a) será:
– Ordinario: do 13 ao 31 de xullo de 2026.
– Extraordinario: do 1 ao 9 de setembro de 2026, no caso de existiren prazas vacantes.
info https://sede.xunta.gal procedemento PE606A