Concello da Guarda

Concello da Guarda Perfil oficial do Concello da Guarda
Outros perfís: Turismo A Guarda, Cultura A Guarda e Omix A Guarda.

𝗫𝗫𝗫𝗜𝗩 𝗢𝗣𝗘𝗡 𝗗𝗘 𝗧𝗘𝗡𝗜𝗦 𝗖.𝗧. 𝗖𝗢𝗗𝗘𝗦𝗔𝗟 | 🔵  O 34º Open de Tenis Codesal chegou ao seu final este domingo, 30 de agosto, coa ce...
02/09/2026

𝗫𝗫𝗫𝗜𝗩 𝗢𝗣𝗘𝗡 𝗗𝗘 𝗧𝗘𝗡𝗜𝗦 𝗖.𝗧. 𝗖𝗢𝗗𝗘𝗦𝗔𝗟 | 🔵 O 34º Open de Tenis Codesal chegou ao seu final este domingo, 30 de agosto, coa celebración das finais e a posteiror entrega de premios, poñendo o broche de ouro a unha nova edición deste torneo.

🎾 Categoría feminina
🥇 Campioa: Noa Rodríguez
🥈 Finalista: Sofía Villa

🎾Categoría masculina
🥇 Campión: Daniel Ledesma
🥈 Finalista: Iago Domínguez

👥 Na entrega de premios estivo presente o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, acompañado por membros da organización do torneo e da directiva do Club de Tenis Codesal, así como pola presidenta da ELM de Camposancos.

👏 Parabéns aos campións e finalistas, e grazas ao Club de Tenis Codesal, á organización e a todas as persoas participantes por facer posible unha nova edición deste torneo.

𝗦𝗔𝗜́𝗗𝗔𝗦 𝗗𝗘 𝗡𝗔𝗩𝗘𝗚𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗩𝗢𝗟𝗔𝗡𝗧𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗣𝗜𝗨𝗘𝗜𝗥𝗢 | 🔵 O Concello da Guarda e a Asociación Piueiro habilitaron novas datas para a...
02/09/2026

𝗦𝗔𝗜́𝗗𝗔𝗦 𝗗𝗘 𝗡𝗔𝗩𝗘𝗚𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗩𝗢𝗟𝗔𝗡𝗧𝗘𝗜𝗥𝗢 𝗣𝗜𝗨𝗘𝗜𝗥𝗢 | 🔵 O Concello da Guarda e a Asociación Piueiro habilitaron novas datas para as saídas no Volanteiro Piueiro, despois de que varias das xornadas inicialmente previstas tiveran que ser adiadas debido ás condicións meteorolóxicas adversas.

⛵ As novas saídas terán lugar os días xoves 3 e sábado 5 de setembro.

📍 Reservas: exclusivamente de forma presencial na Oficina de Turismo (Praza do Reló) en horario de atención de martes a sábado.
👥 Prazas limitadas (máximo 4 persoas por inscrición, excepto unidades familiares).
🔟 Idade mínima: 10 anos.
⏳ Duración aproximada: 45 minutos.

𝗗𝗢 𝗟𝗨𝗦𝗖𝗢 𝗢́ 𝗙𝗨𝗦𝗖𝗢| 🔵 O grupo Do Lusco ó Fusco partiu onte dende A Guarda con destino a Smolyan (Bulgaria) para participa...
02/09/2026

𝗗𝗢 𝗟𝗨𝗦𝗖𝗢 𝗢́ 𝗙𝗨𝗦𝗖𝗢| 🔵 O grupo Do Lusco ó Fusco partiu onte dende A Guarda con destino a Smolyan (Bulgaria) para participar no Festival de Nedelino, onde compartirá escenario con grupos de India, Corea do Sur, Romanía, Macedonia do Norte, Grecia, Marrocos, Georgia, Rusia, Turquía, Polonia, Montenegro e Serbia.

🎶 Do Lusco ó Fusco leva décadas levando o folclore galego e o nome da Guarda por diversos puntos do territorio nacional e internacional, sendo esta unha oportunidade máis na que o grupo achegará o folclore galego polo mundo.

👉 Grazas a eles, tamén desfrutamos cada ano do intercambio cultural no Encontro dos Pobos, onde este ano desfrutamos das formacións romanesas Doina Ilfovului e Vatra Buftei.

📷 Fotgrafía: cedida

𝗫𝗩𝗜𝗜 𝗧𝗢𝗥𝗡𝗘𝗢 𝗗𝗘 𝗖𝗔𝗖𝗛𝗜𝗭𝗔 | 🔵 Esta sábado continúa a programación da Festa das Mercedes 2026 co tradicional torneo de cachi...
02/09/2026

𝗫𝗩𝗜𝗜 𝗧𝗢𝗥𝗡𝗘𝗢 𝗗𝗘 𝗖𝗔𝗖𝗛𝗜𝗭𝗔 | 🔵 Esta sábado continúa a programación da Festa das Mercedes 2026 co tradicional torneo de cachiza!

🙌 A Asociación de Veciños O Percamino organiza xa a o XVII edición deste evento que terá lugar o 5 de setembro, a partir das 16:00 horas, na rúa As Pozas, na Gándara.

✍️ As inscricións realízanse por parellas e teñen un custo de 10€, ademais estarán abertas ata as 15:30 horas do mesmo sábado.

🏆 Haberá premios para as parellas que queden en primeira e segunda posición cun trofeo e unha cea.

ℹ️ Para máis información, podedes contactar co 669 031 798 (Tebi) e 680 340 784 (Roge).

𝗟𝗔𝗕𝗢𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗥𝗢𝗭𝗔 | 🔵 No Concello da Guarda seguimos avanzando nas labores de roza e limpeza!🦺 Esta mañá, os equipos de op...
01/09/2026

𝗟𝗔𝗕𝗢𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗥𝗢𝗭𝗔 | 🔵 No Concello da Guarda seguimos avanzando nas labores de roza e limpeza!

🦺 Esta mañá, os equipos de operarios municipais desprazáronse ata as instalacións da Escola Infantil A Galiña Azul, a rúa Cachadas na Gándara e tamén estiveron realizando estes traballos na zona do Castro.

𝗟𝗘𝗩𝗔́𝗡𝗧𝗔𝗦𝗘 𝗔 𝗣𝗥𝗢𝗛𝗜𝗕𝗜𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗘 𝗕𝗔𝗡̃𝗢 𝗡𝗔 𝗣𝗥𝗔𝗜𝗔 𝗗𝗘 𝗢 𝗠𝗨𝗜́𝗡̃𝗢 | 🔵 O Concello da Guarda informa de que queda levantada a prohi...
01/09/2026

𝗟𝗘𝗩𝗔́𝗡𝗧𝗔𝗦𝗘 𝗔 𝗣𝗥𝗢𝗛𝗜𝗕𝗜𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗗𝗘 𝗕𝗔𝗡̃𝗢 𝗡𝗔 𝗣𝗥𝗔𝗜𝗔 𝗗𝗘 𝗢 𝗠𝗨𝗜́𝗡̃𝗢 | 🔵 O Concello da Guarda informa de que queda levantada a prohibición temporal do baño na praia de O Muíño, tras recibir a comunicación oficial da Consellería de Sanidade.

✅ Os resultados dos controis microbiolóxicos das augas de zonas de baño de Galicia certifican que a calidade da auga é favorable e apta para o baño, ao situarse novamente en valores dentro dos parámetros establecidos pola normativa vixente.

🏖️ Deste xeito, dende hoxe,1 de setembro, queda restablecido o baño con total normalidade.

𝗖𝗜𝗖𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗖𝗢𝗡𝗙𝗘𝗥𝗘𝗡𝗖𝗜𝗔𝗦 𝗘 𝗘𝗫𝗣𝗢𝗦𝗜𝗖𝗜𝗢́𝗡𝗦 | 🔵 O mes de setembro arranca en A Guarda cunha proposta arredor da educación, a cu...
01/09/2026

𝗖𝗜𝗖𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗖𝗢𝗡𝗙𝗘𝗥𝗘𝗡𝗖𝗜𝗔𝗦 𝗘 𝗘𝗫𝗣𝗢𝗦𝗜𝗖𝗜𝗢́𝗡𝗦 | 🔵 O mes de setembro arranca en A Guarda cunha proposta arredor da educación, a cultura e a historia contemporánea: o ciclo de conferencias e exposicións “Franco e o desarrollismo. Aspectos de política educativa”.

🗣️ O programa, organizado polo grupo de investigación “El giro copernicano en la política de educación y ciencia en el desarrollismo franquista: de la subsidiariedad a la intervención estatal” (PID2020-114249GB-I00), e coordinado por Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, dará comezo o xoves 3 de setembro e prolongarase ata o 18 de setembro, con actividades na Casa dos Alonso e na Casa Cultural das Comunidades de Montes de Camposancos.

ℹ️ Podedes consultar toda a información no cartaz da programación!

𝗖𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗣𝗘𝗗𝗘𝗦𝗧𝗥𝗘 𝗩𝗜𝗥𝗫𝗘 𝗗𝗔 𝗚𝗨𝗜́𝗔 | 🔵 Un ano máis, a Carreira Pedestre da Virxe da Guía reuniu a participantes de todas a...
31/08/2026

𝗖𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗣𝗘𝗗𝗘𝗦𝗧𝗥𝗘 𝗩𝗜𝗥𝗫𝗘 𝗗𝗔 𝗚𝗨𝗜́𝗔 | 🔵 Un ano máis, a Carreira Pedestre da Virxe da Guía reuniu a participantes de todas as idades nunha xornada marcada pola actividade física, a convivencia e o espírito deportivo, dende a categoría de 0 a 3 anos ata a de corredores de máis de 50.

👏 O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, e o concelleiro de Deportes, Celso Fariñas, estiveron presentes nesta edición, acompañando ás persoas participantes e á organización durante o desenvolvemento da proba e na entrega de premios.

🏅 Parabéns a todas e todos os participantes polo seu esforzo e, especialmente, ás persoas gañadoras das diferentes categorías. Porque nesta carreira, cada chegada á meta é unha vitoria!

𝗫𝗩𝗜 𝗧𝗥𝗢𝗙𝗘𝗢 𝗘𝗟𝗠 𝗖𝗔𝗠𝗣𝗢𝗦𝗔𝗡𝗖𝗢𝗦 | 🔵 Este sábado celebrouse nas augas do río Miño o XVI Trofeo ELM Camposancos, a regata multi...
31/08/2026

𝗫𝗩𝗜 𝗧𝗥𝗢𝗙𝗘𝗢 𝗘𝗟𝗠 𝗖𝗔𝗠𝗣𝗢𝗦𝗔𝗡𝗖𝗢𝗦 | 🔵 Este sábado celebrouse nas augas do río Miño o XVI Trofeo ELM Camposancos, a regata multiclase e 470 organizada polo Club Alagua e a Real Federación Galega de Vela, coa colaboración do Concello da Guarda e a Entidad Local Menor de Camposancos.

⛵ Unha xornada pasada por auga na que as embarcacións loitaron por acadar os mellores resultados nunha proba xa consolidada no calendario náutico da Guarda.

👏 Ao remate da regata tivo lugar a entrega de premios, na que estivo presente o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, acompañando ás persoas participantes e aos membros da organización.

📸 Fotografías: Concello da Guarda e Club Alagua.

𝗜𝗫 𝗕𝗔𝗜𝗫𝗔𝗗𝗔 𝗗𝗘 𝗖𝗔𝗥𝗥𝗜𝗟𝗔𝗡𝗔𝗦 | 🔵 Nin a choiva foi quen de frear as carrilanas! A IX Baixada de Carrilanas volveu encher a rú...
31/08/2026

𝗜𝗫 𝗕𝗔𝗜𝗫𝗔𝗗𝗔 𝗗𝗘 𝗖𝗔𝗥𝗥𝗜𝗟𝗔𝗡𝗔𝗦 | 🔵 Nin a choiva foi quen de frear as carrilanas! A IX Baixada de Carrilanas volveu encher a rúa Concepción Arenal e a rúa Porto da Guarda de velocidade, creatividade e enxeño.

🚀 Carrilanas de todos os estilos, deseños sorprendentes e moita imaxinación puxeron a rodar a programación da Festa das Mercedes 2026, nunha tarde na que o público tampouco quixo perderse a cita.

👏 Grazas a todas as persoas participantes e a todas as persoas que fixeron posible esta IX edición.

📸 Quédannos estas imaxes dunha tarde pasada por auga, pero tamén chea de diversión, emoción e moita festa sobre rodas.

Dirección

Praza Do Reló
La Guardia
36780

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello da Guarda publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello da Guarda:

Atajos

Compartir