Cultura A Guarda

Cultura A Guarda Con esta páxina buscamos darvos a coñecer os eventos culturais de todo tipo organizados polo Concello da Guarda, asociacións, grupos, etc.

19/08/2026

𝗫𝗨𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗣𝗢𝗟𝗔 𝗠𝗨́𝗦𝗜𝗖𝗔 | 🔵 A música continúa no Concello da Guarda! Este venres, o concerto “Xuntos pola Música” chega á Alameda para render homenaxe ao legado de Juan Pardo, unha gran figura da música galega.

🗣️ As voces de Lys Pardo e Antonio Barros xunto a iAlma e Fernando Calderón, revisitarán algúns dos grandes temas do artista nun espectáculo que une tradición, emoción e un son fresco e contemporáneo.

📅 O venres, 21 de agosto.
🕥 Ás 22:30 horas.
📍 Na Alameda da Guarda.

🎤 Non vos perdades esta homenaxe a un legado que forma parte da nosa memoria musical!

13/08/2026

𝗠𝗜𝗨́𝗗𝗢 𝗩𝗘𝗥𝗔́𝗡 | 🔵 Chega a última cita do Miúdo Verán ao Auditorio de San Benito!

🎩 Este xoves 13 de agosto, ás 20:30 horas, poremos o broche de ouro ao Miúdo Verán 2026 cun espectáculo moi especial: “Galerock ’n’ Magic” do Mago Teto.

🤟 Unha mestura de maxia, humor e rock galego en directo que promete facernos cantar, sorprendernos e pasar unha tarde inesquecible!

👉 Non faltedes, vémonos este xoves para pechar esta edición por todo o alto!

03/08/2026

Antes da representación teatral prevista para este venres, organizamos da man da Asociación FOCO un obradoiro de teatro de máscaras: "Mascarada teatral"
Coa finalidade de achegar unha visión diferente da proposta e das artes escénicas.

👉Non é preciso ter nocións previas de teatro, nin maior interese pola actuación. Se che gusta o teatro, gustas de pasar un rato divertido e aprender cousas novas, dende perspectivas diferentes, este é o teu sitio, non deixes pasar a oportunidade e participa!

Concello da Guarda FOCO Omix A Guarda

31/07/2026

𝗢𝗦 𝗩𝗘𝗟𝗟𝗢𝗦 𝗡𝗢𝗡 𝗗𝗘𝗕𝗘𝗡 𝗡𝗔𝗠𝗢𝗥𝗔𝗥𝗦𝗘 | 🔵 O venres 7 de agosto, ás 20:30 horas, o Centro Cultural acollerá a representación dunha das obras máis emblemáticas de Castelao, "Os vellos non deben namorarse", na que é considerada a adaptación máis fiel realizada ata o de agora á visión escénica orixinal do autor.

🎶 Unha macroprodución na que participan preto de 60 persoas entre actores e actrices, músicos, pandereteiras, bailaríns e equipo técnico, dando vida a unha posta en escena que combina teatro, música tradicional e expresión popular galega.

👘 Entre os grandes atractivos da montaxe destaca a recuperación do vestiario deseñado polo propio Castelao para a obra, reproducido a partir dos seus debuxos e indicacións orixinais, así como a incorporación das coplas tradicionais presentes no texto.

🎭 Ademais, antes da función, de 18:30 a 20:00 horas, celebrarase o obradoiro gratuíto "Mascarada teatral", impartido pola Asociación FOCO. Unha oportunidade para achegarse á interpretación con máscaras, un dos elementos centrais desta obra.

📩 A participación no obradoiro é gratuíta, pero require inscrición previa en [email protected].

29/07/2026

Acompáñanos hoxe á noitiña neste singular concerto sobre a obra de José Suárez

27/07/2026

𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗥𝗧𝗢 𝗛𝗢𝗠𝗘𝗡𝗔𝗫𝗘 𝗔 𝗝𝗢𝗦𝗘́ 𝗦𝗨𝗔́𝗥𝗘𝗭 | 🔵 O vindeiro mércores, 29 de xullo, ás 21:00 horas, o Centro Cultural da Guarda acollerá un concerto audiovisual en homenaxe a José Suárez, unha das grandes figuras da fotografía galega e internacional.

🎼 Unha experiencia única que combina música en directo, videocreación e as fotografías orixinais de José Suárez para percorrer os momentos máis significativos da súa vida: a Galicia dos mariñeiros, o exilio, o Xapón e o seu regreso.

🎸 Rafael Fernández (guitarra), Benxamín Otero (óboe e c***o inglés) e Iván Torres (creacións visuais) darán vida a este espectáculo.

🙌 Esta actividade forma parte da programación especial coa que o Concello da Guarda se suma á homenaxe da Real Academia Galega de Belas Artes a José Suárez, protagonista do Día das Artes Galegas 2026.

📍 No Centro Cultural da Guarda
🗓 Mércores, 29 de xullo
🕘 21:00 horas.

✨ Unha oportunidade para descubrir, a través da música e da imaxe, o legado dun artista profundamente vencellado á Guarda. Agardámoste!

19/07/2026
19/07/2026

𝗠𝗜𝗨́𝗗𝗢 𝗩𝗘𝗥𝗔́𝗡 | 🔵 O "Miúdo Verán" continúa no Concello da Guarda o vindeiro mércores 22 de xullo, ás 20:30 horas, na Praza do Reló, cun espectáculo que sorprenderá a toda a familia!

🎺 "Tubos do mundo", de Xavi Bufa, amosaranos que a música pode xurdir dos obxectos máis inesperados. Unha vasoira, unha escaleira, unha muleta ou mesmo unha barreira de obra convértense en auténticos instrumentos nun espectáculo cheo de humor, creatividade e participación.

🎵 Unha proposta divertida e sorprendente para que pequenos e maiores descubran que a música está en todas partes, só hai que saber escoitala!

14/07/2026

🎸 Hai ritmos que non se escoitan... séntense.

O 18 de xullo o Festival de Blues A Guarda volverá regalarnos unha desas xornadas que comezan co vermú e rematan bailando baixo as estrelas.

🎙️ Ao mediodía, Mr. Wolf & The Blues Freaks e Jay Doe & Blues Preachers serán os encargados de poñer a banda sonora da sesión vermú. E cando chegue a noite, subirán ao escenario Juan Zelada e a espectacular Giselle Jackson, antes de despedir a festa coa sesión con vinilo de DJ Maeso.

Se o blues é o teu idioma, xa sabes onde tes que estar. E se aínda non o é... esta pode ser a mellor forma de descubrilo.

📍 Na Praza do Reló
📅 O sábado 18 de xullo
🕧 12:30 horas | 🌙 21:00 horas

🎶 Entrada libre. Só tes que traer ganas de boa música.

Dirección

La Guardia

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Teléfono

+34986610000

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cultura A Guarda publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir