PSOE A Estrada

PSOE A Estrada PSdeG - PSOE da Estrada

Non hai moito máis que dicir.
16/05/2026

Non hai moito máis que dicir.

Gonzalo e a súa necesidade de “estar sempre no candelabro”Dende o Grupo Municipal Socialista da Estrada observamos con c...
16/05/2026

Gonzalo e a súa necesidade de “estar sempre no candelabro”

Dende o Grupo Municipal Socialista da Estrada observamos con certa perplexidade a finalización das obras da Praza da Farola. Din que as cidades evolucionan, que as prazas se transforman e que o urbanismo moderno busca espazos abertos, funcionais e adaptados aos novos tempos. E despois está A Estrada, onde durante meses o gran debate filosófico, arquitectónico e case existencial xirou arredor dunha farola. Non dunha calquera, claro. A Farola. Ese monumento sentimental capaz de xerar máis conversación que os orzamentos municipais, o estado das beirarrúas ou mesmo a falta de vivenda.

Co remate das obras, un non pode evitar mirar o resultado final e lembrar aquela mítica frase de Sofía Mazagatos sobre “estar no candelabro”. Porque se alguén demostrou unha habilidade sobrenatural para buscar permanentemente o foco, ese é Gonzalo Louzao. E que mellor símbolo para representalo ca unha farola ornamentada case como un altar urbano.

A obra remata e a sensación é curiosa. Despois de tanta polémica e tanto debate, atopámonos cun pequeno detalle engadido que lle dá emoción ao asunto, a súa nova ubicación parece responder a unha corrente arquitectónica inexistente chamada “urbanismo de emocións fortes”.

Non deixa de ter mérito. Hai concellos que protexen o patrimonio histórico e, en cambio, aquí optouse por unha estratexia completamente distinta. Porque despois de meses defendendo a necesidade imperiosa de mover a farola, o resultado déixaa perigosamente arrimada ao paso dos vehículos, como se o seguinte paso do proxecto fose colocarlle un chaleco reflector e confiar na pericia dos condutores.

Durante meses explicóusenos que o traslado era imprescindible. Que a praza necesitaba “respirar”. Que había que gañar amplitude visual. Que o espazo debía ser máis diáfano. Traducido había que deixar sitio suficiente para que o palco da orquestra non tivese que compartir protagonismo cunha farola do século pasado.

Hai, ademais, outro detalle que non pasa desapercibido son as prioridades do Partido Popular. Porque se algo semella ter funcionado con precisión milimétrica neste proceso foi o cronómetro cando se achegaba a data da inauguración coa orquestra París de Noia. Nese momento, a urxencia urbanística alcanzou niveis de velocidade meteórica, unha carreira contrarreloxo para que todo estivese listo xusto a tempo de que o espectáculo puidese brillar sen sobresaltos.

Curiosamente, esa mesma axilidade non sempre se percibe noutros ámbitos moito menos festivos e bastante máis necesarios no día a día da nosa veciñanza. A xestión do Servizo de Axuda no Fogar, por exemplo, ou a situación recorrente da recollida do lixo parecen moverse nun tempo distinto, moito máis pausado, case contemplativo, como se a urxencia dependese do tipo de problema e non da súa importancia real.

E así, mentres unhas cousas avanzan ao ritmo dun tango, outras semellan quedar nun segundo plano, esperando pacientemente a súa propia quenda no escenario das prioridades municipais.

A imaxe final ten algo profundamente simbólico. Porque, en realidade, a praza seguirá sendo a Praza da Farola, e non dos Espectáculos, por moito que haxa dirixentes empeñados en necesitar escenario, foco e relato épico para absolutamente todo, como é o caso de Gonzalo Louzao, que procura, como non podía ser doutro xeito, de estar permanentemente “no candelabro”.

P.D.: Outro día falaremos do inclasificable conxunto de estilos da nova fonte, convertida xa en coprotagonista da contorna da praza. Unha proposta estética capaz de unir pasado, presente e desconcerto xeral nun mesmo elemento ornamental.

Estes días comezaron os bacheos na rede viaria das parroquias.Sería unha boa nova se non foran parches que deixan as pis...
06/05/2026

Estes días comezaron os bacheos na rede viaria das parroquias.

Sería unha boa nova se non foran parches que deixan as pistas moito peor do que estaban.

Os veciños e veciñas merecen actuacións serias, non parches coma estes.

02/05/2026

Amalia Lago · PSOE

Os Socialistas da Estrada lamentamos fondamente o pasamento de Carlos Mella Villar.Foi un home dialogante, preocupado po...
21/04/2026

Os Socialistas da Estrada lamentamos fondamente o pasamento de Carlos Mella Villar.

Foi un home dialogante, preocupado pola Estrada e cun fondo humano que nos representaba a todos os veciños e veciñas.

Forza á familia e amigos.

👉 Cambios no nomenclator🏠 Como sabedes, este luns aprobouse o cambio de nomenclatura en algúns Concellos, Parroquias e L...
01/04/2026

👉 Cambios no nomenclator

🏠 Como sabedes, este luns aprobouse o cambio de nomenclatura en algúns Concellos, Parroquias e Lugares de Galicia.

➡️ Na Estrada houbo algún cambio tamén.

No ano 2018 deuse un pronunciamento do Parlamento de Galicia a favor dunha residencia pública na Estrada.En agosto de 20...
21/03/2026

No ano 2018 deuse un pronunciamento do Parlamento de Galicia a favor dunha residencia pública na Estrada.

En agosto de 2025, presentamos unha moción reiterando esa petición visto que Alfonso Rueda anunciara 24 novas residencias en Galicia. Apoiámola todos os grupos políticos do pleno, sen excepción.

Ben entrado 2026, non hai nova ningunha. Falamos dun servizo fundamental, con unha brutal carestía de prazas e con moita demanda dos veciños e veciñas.

Lamentamos que o PP da Estrada siga dócil co goberno de Galicia. Botamos en falta unha protesta enérxica en defensa dos veciños e veciñas.

No ano 2018 deuse un pronunciamento do Parlamento de Galicia a favor dunha residencia pública na Estrada.En agosto de 20...
21/03/2026

No ano 2018 deuse un pronunciamento do Parlamento de Galicia a favor dunha residencia pública na Estrada.

En agosto de 2025, presentamos unha moción reiterando esa petición visto que Alfonso Rueda anunciara 24 novas residencias en Galicia. Apoiámola todos os grupos políticos do pleno, sen excepción.

Ben entrado 2026, non hai nova ningunha. Falamos dun servizo fundamental, con unha brutal carestía de prazas e con moita demanda dos veciños e veciñas.

Lamentamos que o PP da Estrada siga dócil co goberno de Galicia. Botamos en falta unha protesta enérxica en defensa dos veciños e veciñas.

El Concello ofreció el terreno pero la administración gallega no la presupuestó

➡️ Que o servizo de recollida de lixo é un desastre xa o sabemos todos. 🚮 A novidade destes días é que Gonzalo e Durán t...
11/02/2026

➡️ Que o servizo de recollida de lixo é un desastre xa o sabemos todos.

🚮 A novidade destes días é que Gonzalo e Durán teñan máis que dicir e que, en vez de traballar en mellorar, se dediquen a contradicir aos veciños e veciñas.

❌ ️Non hai peor cego que o que non quere ver. Todos temos ollos para ver o que hai e o que non, na vila e nas parroquias. Se pretendemos que a xente recicle, hai que poñer os medios necesarios, e teñen que ser accesibles.

Con este goberno todos os días imos un pouquiño peor.

Ángel Bergueiro responde ás palabras de Óscar Durán

Este domingo, os alcaldes Gonzalo Louzao, da Estrada, e José Crespo, de Lalín, veñen insistindo nun discurso que sitúa a...
18/01/2026

Este domingo, os alcaldes Gonzalo Louzao, da Estrada, e José Crespo, de Lalín, veñen insistindo nun discurso que sitúa a okupación ilegal como unha das principais causas da falta de vivenda e da perda de poboación.

Dende o Grupo Municipal Socialista consideramos necesario introducir rigor e responsabilidade nun debate que afecta directamente á vida da xente.

A realidade é clara: a okupación ilegal en Galicia é un fenómeno minoritario e residual, como demostran todos os datos oficiais. Non estamos ante un problema estrutural nin ante unha ameaza xeneralizada. Converter este feito marxinal no centro do debate público non resolve nada; ao contrario, xera medo, desconfianza e bloquea aínda máis o acceso á vivenda.

Cando se transmite á veciñanza que alugar é un risco, o que se consegue é que máis pisos queden pechados, que os prezos suban e que moitas persoas, especialmente a mocidade e as familias traballadoras, non atopen un lugar onde vivir no propio concello.

As palabras irresponsables dos dous alcaldes promoven un efecto contrario: non fixan poboación nin crean futuro, mais ben parece que só defenden o seu propio fracaso.

Os expertos sinalan que o problema é o éxodo migratorio que padecemos. Mellor fiarse dos que saben e non do argumentario dun alcalde incapaz de xestionar este nin outros asuntos

A realidade é que están a faltar políticas públicas valentes en materia de vivenda:

- Un PXOM máis flexible sobre todo no ámbito do rural;

- Un plan municipal de axuda para a rehabilitación de pisos baleiros ou a promoción do aluguer accesible;

- Non votar en contra calquera proposta da oposición na Comisión de Reto Demográfico.

- Unha intermediación pública eficiente e eficaz e; por último,

- Un compromiso serio coa vivenda pública.
Nese eido, os concellos teñen marxe de actuación e responsabilidades que non se poden seguir esquivando.

Dende o Grupo Municipal Socialista da Estrada apostamos por un modelo baseado na confianza e nas solucións, non no alarmismo. Estamos convencidos de que tanto A Estrada temos potencial, servizos e xente con ganas de quedar e de vir, se se crean as condicións axeitadas.

O futuro non se constrúe sementando medo. Constrúese garantindo dereitos, xerando oportunidades e poñendo ás persoas no centro das políticas públicas. E nesa dirección imos seguir traballando. Porque fixar poboación é posible. E facelo soamente un pouco ben tamén.

Dirección

Calle Alfonso Rodríguez Castelao 18
La Estrada
36680

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PSOE A Estrada publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir