Biblioteca Pública da Estrada

Biblioteca Pública da Estrada A Biblioteca Mario Blanco, situada na Casa das Letras, é a biblioteca pública municipal do Concello da Estrada.

📚 Unha cantidade nada despreciable de novidades por aquí para empezar a semana 🤗Incorporamos a novela gañadora do García...
27/07/2026

📚 Unha cantidade nada despreciable de novidades por aquí para empezar a semana 🤗

Incorporamos a novela gañadora do García Barros, A Muller de mentira, e tamén algún dos libros máis comentados do que vai de ano, tanto en galego (Asasinato no muíño do cura) coma en castelán (Han cantado bingo). Ademáis, completamos a triloxía Thomas Cromwell, de Hilary Mantel, que sempre está presente nas listas de mellores obras do século XXI, e collemos tres das obras que nos faltaban entre as que se leron no club de lectura deste curso: Alias Grace, A maldición de Hill House e Botchan 😃

Pequena escolma bibliográfica polo Día Nacional de Galicia, que é mañá, pero mañá non abrimos, así que se publica hoxe 😄...
24/07/2026

Pequena escolma bibliográfica polo Día Nacional de Galicia, que é mañá, pero mañá non abrimos, así que se publica hoxe 😄

Nesta ocasión fixemos unha selección de libros de non-ficción, relacionados coa historia, costumes e outras cousas relativas a Galicia como nación. Pensei en chamar a esta escolma "Libros para entender Galicia", pero logo pensei que é un título moi pretencioso, porque dende logo que o é, así que ao final vai sen nome, que tampouco precisa un nome, non fai falta poñerlle nome a todo tampouco.

📚📚📚 Nooovidades coloridas e para todas as idades 🤗🤗🤗
20/07/2026

📚📚📚 Nooovidades coloridas e para todas as idades 🤗🤗🤗

🌞 A partir de mañá empezamos co horario de verán na biblioDo 15 de xullo ao 15 de agosto, abrimos de luns á venres en ho...
14/07/2026

🌞 A partir de mañá empezamos co horario de verán na biblio

Do 15 de xullo ao 15 de agosto, abrimos de luns á venres en horario de mañá (9:00-14:30).

📚 Outra pequena tanda de novidades por aquí A novela gráfica Adelina, poesía cortazariana, o primeiro volume do Capitán ...
13/07/2026

📚 Outra pequena tanda de novidades por aquí

A novela gráfica Adelina, poesía cortazariana, o primeiro volume do Capitán Torrezno, Almudena Grandes ou esa obra minúscula e estraña pero moi ben referencia que é Diario de un loco, de Lu Xun, pai da literatura moderna chinesa.

📚 Mostra bibliográfica con 32 novelas curtas e lixeiras, que son moi propicias para o verán. Lixeiras de que pesan pouco...
09/07/2026

📚 Mostra bibliográfica con 32 novelas curtas e lixeiras, que son moi propicias para o verán. Lixeiras de que pesan pouco, non necesariamente lixeiras en canto a contido :D

Puxemos o límite máximo de páxinas en 150, salvo un par de excepcións que se pasan por un pouquiño. Para ler tranquilamente nun par de días.

Hai moito clásico, evidentemente, porque aquí sempre somos moi pesados cos clásicos (e cando digo "somos" estou facendo uso do plural maxestático, porque aquí o pesado son eu só). Tamén hai algunha novela contemporánea. Todas elas de fantástica calidade, todas elas moi recomendables, poño a man no lume por todas elas, incluso polas que non lin ^^

Ala, que teñades boa mañá!

📚 Máis cousas novas e para todas as idades pola sala infantil 🤗Entre elas, un novo número das aventuras de Mortiña ou o ...
06/07/2026

📚 Máis cousas novas e para todas as idades pola sala infantil 🤗

Entre elas, un novo número das aventuras de Mortiña ou o libro-xogo Bruxas e dragóns de Ledicia Costas.. PERO vémonos na obriga de salientar esa marabilla atemporal que é Harold e o lapis morado, reeditado 70 anos despois da súa publicación. Un conto fermoso e imaxinativo, para ler con calma, rir e acompañar a Harold no seu paseo nocturno. Deixámosvos as dúas primeiras páxinas para que vexades. A priori é un conto para nenos pequenos, pero a min encantoume, o cal pode significar dúas cousas: que é un conto con capacidade para encandilar tanto a nenos coma a adultos... ou que son un neno pequeno 😁

🖼️ Durante estas semanas, a biblioteca acolleu a exposición Primeros pasos, da artista estradense Uxía Rosende Diéguez.A...
03/07/2026

🖼️ Durante estas semanas, a biblioteca acolleu a exposición Primeros pasos, da artista estradense Uxía Rosende Diéguez.

Animámosvos a achegarvos a vela antes de mañá e agradecémoslle a ela ter elixido a biblioteca como o lugar para presentar as súas obras 🤗

📚 Imos con outra tanda de novidades por aquí 😊Destacamos Nubosidad variable, de Carmen Martín Gaite, que como podía ser ...
29/06/2026

📚 Imos con outra tanda de novidades por aquí 😊

Destacamos Nubosidad variable, de Carmen Martín Gaite, que como podía ser que non tivéramos Nubosidad variable na biblioteca, é un absoluto sacrilexio literario non ter Nubosidad variable nunha biblioteca.

O certo é que non lin Nubosidad variable, así que falo sen ter nin a máis mínima idea. Pero sendo Carmen Martín Gaite unha escritora maiúscula e sendo esta novela a súa obra máis destacada, pois digo eu que será unha barbaridade de boa.

📚 Temos por aquí un feixe de novidades porque hoxe é martes, con M de MOITOS LIBROS, ou de MÚLTIPLES NOVIDADES, ou de MA...
16/06/2026

📚 Temos por aquí un feixe de novidades porque hoxe é martes, con M de MOITOS LIBROS, ou de MÚLTIPLES NOVIDADES, ou de MAMOTRETOS, ou de MERENDA, que non ten nada que ver cos libros pero a merenda sempre é necesaria e innegociable.

Eu normalmente merendo un plátano, pero hoxe tocan anacardos porque non hai que caer na monotonía. E cos libros recomendo facer o mesmo. Variar, digo. Non comelos. Non me veñades aquí a comer os libros, por favor volo pido. Grazas de antemán.

Dirección

Avenida Benito Vigo, 58
La Estrada
36680

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
16:00 - 21:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Pública da Estrada publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca Pública da Estrada:

Atajos

Compartir

Categoría