Rapa Das Bestas

Rapa Das Bestas 𝐑𝐚𝐩𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐁𝐞𝐬𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐛𝐮𝐜𝐞𝐝𝐨
- Festa de interese turístico internacional
- Ben de Interese Cultural (BIC)

San Lourenzo de Sabucedo é unha parroquia situada no sur do concello da Estrada (Pontevedra) cunha extensión de 5,9 Km2. Conta cunha soa entidade de poboación e na actualidade non supera os 60 habitantes. Porén, en Sabucedo ten lugar unha das máis elevadas manifestacións de autenticidade, identidade e vontade colectiva de todas as que integran o noso vasto legado cultural: A rapa das bestas de Sab

ucedo. A rapa das bestas comeza rememorando o vínculo ancestral das bestas co divino. Durante a misa da alborada pídeselle protección a san Lourenzo para os animais e as persoas que participan na festa.A continuación súbese ao monte na procura dos cabalos. Veciños e visitantes colaboran en grupos xuntando as greas. Finalmente, o sábado, condúcense nun grande cerco á aldea. A parte máis espectacular da festa é o curro, onde aloitadores e cabalos confrontan técnica e forza corpo a corpo nunha loita para dominar o animal e cortarlle as crinas. Existe unha zona de acampada habilitada e unha sorprendente oferta de ocio nocturno.

25/07/2026

🩵 25 DE XULLO 🩵
Dende o Curro de Sabucedo desexámosvos un feliz Día da Patria Galega

13/07/2026
05/07/2026

Comezamos o 2⁰ curro con calor, pero con moitas ganas 😊.
Grazas a todxs xs que vindes de visita.

04/07/2026

Un dos momentos máis fermosos de toda a fin de semana e a baixa das bestas ao noso pobo 😊😍

04/07/2026

Así se xuntou parte das greas que temos polos montes.
Hoxe baixarémolas a Sabucedo 😊

⚠️ AVISO IMPORTANTE ⚠️En atención á previsión de altas temperaturas, tomouse a decisión de variar o horario dos tres cur...
01/07/2026

⚠️ AVISO IMPORTANTE ⚠️

En atención á previsión de altas temperaturas, tomouse a decisión de variar o horario dos tres curros:

⏰Os novos horario serán:

📆Curro do sábado, 4 de xullo: 20.00 hora (apertura portas ás 19:00 h)

📆Curro do domingo, 5 de xullo: 11.00 horas (apertura portas ás 10:00 h)

📆Curro do luns, 6 de xullo: 11.00 horas (apertura portas ás 10:00 h)

Aínda así, prégase ás persoas asistentes que adopten medidas de protección contra a calor:

💧 Hidrátate ben
🧢 Leva gorra ou sombreiro
🧴 Usa protección solar
🪭 Leva abanico ou elementos para refrescarte
🌳 Procura sombra sempre que poidas

🥾 Se sobes ao monte o venres:
Leva auga abondosa, calzado cómodo, roupa lixeira e evita esforzos nas horas de máis calor.

30/06/2026

⚠️ AVISO | Ante a previsión de altas temperaturas para esta fin de semana durante a Rapa das Bestas de Sabucedo, o Concello da Estrada, en coordinación coa Asociación Rapa das Bestas e Emerxencias A Estrada, pide máxima atención ás comunicacións oficiais.

👉 Estase valorando modificar os horarios dos curros:
🕗 Sábado: posible retraso ás 20.00 h
🕚 Domingo e luns: posible adianto ás 11.00 h

A decisión definitiva coñecerase previsiblemente o xoves, cando haxa maior fiabilidade meteorolóxica.

LEMBRA!!! Se vas asistir:
💧 Hidrátate ben
🧢 Leva gorra ou sombreiro
🧴 Usa protección solar
🪭 Leva abanico ou elementos para refrescarte
🌳 Procura sombra sempre que poidas

🥾 Se sobes ao monte o venres:
Leva auga abondosa, calzado cómodo, roupa lixeira e evita esforzos nas horas de máis calor.

📲 Sigue a información oficial:
Concello da Estrada
Emerxencias A Estrada
Asociación Rapa das Bestas

E consulta a previsión en MeteoGalicia e AEMET.

Dirección

Sabucedo
La Estrada
36559

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Rapa Das Bestas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir