Agrupación Socialista A Cañiza

Agrupación Socialista A Cañiza Información do Grupo Municipal Socialista

🟥 Esta mañá participamos en Pontevedra no Comité Provincial do PSdeG-PSOE da provincia.👉 Un encontro de traballo e análi...
09/05/2026

🟥 Esta mañá participamos en Pontevedra no Comité Provincial do PSdeG-PSOE da provincia.

👉 Un encontro de traballo e análise política no que seguimos compartindo ideas, proxectos e compromiso coa veciñanza e co futuro dos nosos municipios.

🌹 Seguimos traballando desde o municipalismo, a proximidade e o compromiso coa cidadanía.

Este Primeiro de Maio non é só unha celebración: é memoria, loita e compromiso.Porque os dereitos laborais non son casua...
01/05/2026

Este Primeiro de Maio non é só unha celebración: é memoria, loita e compromiso.

Porque os dereitos laborais non son casualidade, nin están garantidos para sempre. Avanzan cando hai vontade política.

Seguiremos estando, como sempre, xunto á clase traballadora.

21/03/2026

📌O Pleno do Concello aprobou hoxe en sesión extraordinaria o protocolo para o desenvolvemento do Parque Empresarial do Vieiro 📄

📍 Un parque estratéxico de 846.000 m² 📐🏭

📣Este protocolo establécese entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Concello da Cañiza, co obxectivo de sentar as bases de cooperación institucional para o desenvolvemento de solo empresarial no municipio, nunha superficie de 846.534,08 metros cadrados 🤝

📣Segundo explicou o Alcalde ao remate do Pleno, este traballo é o resultado dun intenso labor de xestión institucional orientado a atopar a vía máis axeitada para impulsar unha actuación que, polo seu gran tamaño, supera o ámbito estritamente municipal e require unha adaptación urbanística específica que lle dea cobertura 🛠️

🗣️Neste sentido, Luis Piña destacou que ao longo de 2025 mantivo numerosas reunións con distintos departamentos da Xunta de Galicia, incluíndo encontros coa directora xeral de Urbanismo, coa directora xeral de Solo, coa conselleira de Economía e Industria e mesmo co presidente da Xunta, Alfonso Rueda 📌 Así mesmo, mantivo diversas reunións de traballo co Consorcio da Zona Franca de Vigo e co Delegado David Regades 🤝

✅MODIFICACIÓN NORMATIVA NA LEI DE ÁREAS EMPRESARIAIS PARA IMPULSAR O PROXECTO ⚖️📑

👉Como resultado destas xestións, a Xunta de Galicia introduciu unha modificación normativa na Lei de Áreas Empresariais de Galicia a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2026 🏛️📘 Esta modificación habilita que unha entidade de ámbito estatal, como o Consorcio da Zona Franca de Vigo, poida promover directamente ante a Administración autonómica un Plan de Interese Autonómico (PIA), instrumento imprescindible para o desenvolvemento do Parque Empresarial do Vieiro 📈

👉 Ata o momento, a normativa vixente non permitía que este tipo de entidades actuasen como promotoras directas deste instrumento, o que supuña unha limitación clave para a tramitación do proxecto 📉

🗣️Neste sentido, o Alcalde destacou que este compromiso foi asumido pola Consellería de Economía e Industria e contou tamén co respaldo expreso do presidente da Xunta, co obxectivo de facilitar a tramitación administrativa e garantir o avance dunha actuación considerada estratéxica para o sur da provincia de Pontevedra e para Galicia.

🤝Un compromiso que foi cumprido pola administración autonómica, abrindo así unha nova vía real e viable para a execución do parque empresarial.

👉Esta iniciativa será financiada ao 💯 % polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, cuxo papel resulta fundamental para facer viable unha actuación desta envergadura, que excede as capacidades económicas e de xestión do propio Concello.

👉O proxecto responde a un claro interese público, non só municipal, senón tamén autonómico, ao tratarse dunha infraestrutura estratéxica chamada a dinamizar o tecido empresarial do sur de Galicia 📊

👉A actuación constitúe un proxecto orientado a dar resposta á crecente demanda de solo industrial no sur da provincia de Pontevedra, que permita frear a despoboación no rural, facilitar o asentamento de empresas e xerar emprego e riqueza no territorio.

🗣️Luis Piña puxo en valor a localización estratéxica da Cañiza, próxima a Portugal e equidistante de Vigo e Ourense, atravesada pola autovía A-52, o que converte o municipio nun enclave privilexiado para a implantación dun parque empresarial 📍

✅CRONOLOXÍA DAS ACTUACIÓNS 🕒📜

👉O Alcalde tamén recordou tras a celebración do Pleno que “o Parque Empresarial do Vieiro é unha iniciativa en desenvolvemento dende o ano 2022, que foi evolucionando para adaptarse á solución urbanística e administrativa máis axeitada en cada fase” 🔄📈

🔹En 2022, asinouse un primeiro protocolo de colaboración 🤝📄

🔹En abril de 2023, formalizouse un convenio urbanístico entre o Concello e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, baseado na modificación do planeamento municipal (PXOM) para transformar o solo e permitir o desenvolvemento industrial.

🔹Durante 2024, o proxecto foi analizado conxuntamente coa Xunta de Galicia, incorporando un enfoque supramunicipal e valorando novos instrumentos de planificación.

🔹En febreiro de 2025, ambas entidades asinaron un novo protocolo que reafirma o impulso do parque e formula o seu desenvolvemento a través de instrumentos autonómicos 📑.

🔹Neste proceso de revisión técnica e administrativa, concluíuse que a modificación do PXOM non era a vía máis axeitada para unha actuación desta magnitude ❌📉 Por iso, en febreiro de 2026 acordouse a resolución-finalización do convenio de 2023, co fin de adoptar un novo modelo de desenvolvemento baseado nun Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (PEOSE) 📊

✅ADOPCIÓN DUN NOVO MODELO DE DESENVOLVEMENTO: PEOSE

👉Este instrumento permite unha ordenación máis áxil e eficaz, especialmente tras a actualización do marco normativo autonómico, que introduce medidas para facilitar a creación de solo empresarial e acelerar a súa tramitación ⚡📈

👉Así mesmo, este novo enfoque incorpora de maneira activa á Xunta de Galicia, reforzando a coordinación institucional necesaria para un proxecto de carácter supramunicipal 🤝🏛️

👉O documento que se someteu hoxe a aprobación ten carácter de protocolo, servindo como paso previo á futura formalización dun 🤝convenio interadministrativo que permitirá a colaboración entre o Concello, a Xunta de Galicia e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, a promoción do PEOSE como instrumento de desenvolvemento do parque empresarial, a tramitación urxente do plan por parte da administración autonómica e o apoio municipal na xestión e achega de documentación necesaria 📄✍️

13/03/2026
11/03/2026

💜A FEGAMP organiza na Cañiza un acto de homenaxe á primeira alcaldesa democrática de Galicia, Maruja Gómez

🗣️O Alcalde Luis Piña, informou da celebración este venres, 🗓️13 de marzo, dun acto institucional de homenaje a Maruja Gómez González, a 👉primeira muller elixida democraticamente alcaldesa en Galicia no ano 1936 no municipio da Cañiza.

📍O acto, organizado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) coa 🤝colaboración do Concello da Cañiza, celebrarase ás 🕛12:00 horas no 👉Salón de Plenos da Casa Consistorial e forma parte das actividades impulsadas polo municipalismo galego arredor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. 💜📅

ℹ️Este ano cúmprense 90 anos da investidura de Maruja Gómez, unha figura pioneira que marcou un fito na historia política de Galicia ao converterse na primeira alcaldesa elixida democraticamente na comunidade. “Para a Cañiza é unha honra acoller este acto de recoñecemento a unha muller que abriu camiño e que forma parte da historia democrática do noso municipio e de Galicia”, destacou o Alcalde Luis Piña. 🌟

💜A homenaxe, promovida pola FEGAMP, quere poñer en valor o papel das mulleres como xestoras do cambio e protagonistas da vida pública, especialmente no ámbito local, lembrando a figura de Maruja Gómez como símbolo da participación e do liderado feminino na política municipal.

📌Durante o acto tamén se evocará, a través da súa figura, o papel de todas as mulleres que ao longo das últimas décadas asumiron responsabilidades nas alcaldías e corporacións municipais galegas, contribuíndo á transformación social e institucional dos concellos.

📣Desde o Concello da Cañiza invítase á veciñanza e ás persoas interesadas a asistir a esta xornada de lembranza e recoñecemento, que servirá para 🎯reivindicar a memoria dunha pioneira e continuar avanzando cara a unha maior igualdade na representación política local. 🤝💜

Condena contra el exalcalde de A CañizaFue denunciado por el actual regidor, Luis Piña, por proferir injurias contra él ...
18/02/2026

Condena contra el exalcalde de A Cañiza

Fue denunciado por el actual regidor, Luis Piña, por proferir injurias contra él y por desacato a la autoridad durante un pleno

Atlántico Diario, hoy miércoles, 18 de febrero de 2026.

Fue denunciado por el actual regidor, Luis Piña, por proferir injurias contra él y por desacato a la autoridad durante un pleno

Regades llama a «cerrar filas» para que el municipalismo del PSOE impulse a Sánchez en 2027 y recuperar la DiputaciónEl ...
01/02/2026

Regades llama a «cerrar filas» para que el municipalismo del PSOE impulse a Sánchez en 2027 y recuperar la Diputación

El secretario provincial reúne en Vigo a alcaldes y tenientes de alcalde; pone en valor las políticas sociales del Gobierno y arremete contra un PP «errático» y «cada vez más indistinguible» de Vox

El secretario provincial reúne en Vigo a alcaldes y tenientes de alcalde; pone en valor las políticas sociales del Gobierno y arremete contra un PP «errático» y «cada vez más indistinguible» de Vox

Dirección

La Cañiza
36880

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Agrupación Socialista A Cañiza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Agrupación Socialista A Cañiza:

Compartir