Cultura Oroso

Cultura Oroso Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Cultura Oroso, Organización gubernamental, La Cañiza.

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa
Departamento de Cultura
Biblioteca Pública Municipal
Arquivo Histórico de Imaxes
Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés (CEICI)
Sala de Exposicións

04/01/2022
UNHAS FOTIÑAS DE DESPEDIDA Todo remata, o mes, o ano, o alento… Tamén o meu paso polo Centro Cultural de Oroso e pola Bi...
28/12/2021

UNHAS FOTIÑAS DE DESPEDIDA
Todo remata, o mes, o ano, o alento…
Tamén o meu paso polo Centro Cultural de Oroso e pola Biblioteca Municipal.
Grazas pola boa acollida das fotografías e historias que se publicaron neste medio (mesmo unha delas foi visionada por 4.551 persoas!!!…). Estas visitas indícannos as inquedanzas culturais da veciñanza de Oroso.
Nestes días de reflexión acordeime do fin dos proxectos, do fin máis variado e sorprendente que teñen as cousas… e a xente… E lembreime da tía Carmela… Unha persoa que pode habitar o ceo enteiro, só para ela… Cando asistía ao parto dos meus irmáns, cando viña desde o Outeiro de Galegos até Frián de Marzoa cunhas onzas de chocolate no peto do mandil, cando sacaba da artesa aquela rebanda de pan, cando pechou os ollos na cama do sobrado aquel día de despedida, para non volver abrilos máis…
Son historias que che veñen á cabeza aínda que non queiras… Será para non pensar na negra realidade… no paro ("desemprego" para os políticos), na sobreabundancia do Nadal, nos envoltorios brillantes que aparecen nos contedores de lixo estes días…
E tamén historias do Nadal… Cando era un rapaz, faltaba meu pai… Estaba na Alemaña, emigrado… Nadal… A nai na casa con cinco piollos arredor, dando voltas… con pan, pero sen turrón nin outras lamboiradas… Miña nai díxome… Mira, vas ao carteiro e, se hai carta do teu pai, imos comprar unha tableta de turrón para celebralo… Corrín de ida e máis rápido de volta pois había carta… O meu irmán maior foi á taberna de Julia de Vistalegre e voltou axiña coa tableta de turrón que repartimos entre seis… Todo o Nadal collía nunha tableta de turrón!!
Son recordos gravados que perdurarán até a noite máis longa.
Así de precisa é a miña lembranza de todas e todos as usuarias/os que pasaron nestes dez anos polo Centro Cultural e pola Biblioteca de Sigüeiro.
Deséxolles/deséxovos que a felicidade que compartimos durante o Nadal dure todo o ano e toda a vida.
Con toda a estima e cariño,
Manuel Pazos Gómez

(Todas as fotos do Arquivo da A.C. Obradoiro da História).
[email protected]

Nota: Deixámolo así, pero nuns días pasaremos ás barricadas...

10/12/2021

🌠 O CONCELLO DE OROSO PRESENTA O SEU PROGRAMA DE NADAL, CHEO DE MAXIA, LECER E ACTIVIDADES PARA TODAS AS IDADES

O Concello de Oroso xa fixo público o seu Programa de Nadal 2021/2022, que chega cargado de actividades para todas as idades. Será un mes cheo de maxia, con moitos actos centrados sobre todo nos máis pequenos e no público familiar.

O pasado venres, día 3 de decembro, celebrouse o acendido do alumeado de Nadal, que da paso a un programa de actividades que inclúe obradoiros, espectáculos musicais, o tradicional Mercado de Nadal, concursos, teatro, maxia e, como non, a Cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro.

Nas próximas datas, Oroso acollerá obradoiros de bonecos de neve, centros de Nadal con froitas e repostería, o Mercado de Nadal os días 22 e 23, o concerto da Escola de Musica Municipal ou a visita de Papá Noel. Como novidade, este ano chega a Oroso o Tren Safari, unha atracción da que se dará máis información nos próximos días.

Tamén haberá unha excursión xuvenil o 28 de decembro, o tradicional concurso de postais con mensaxe, teatro familiar con ‘As bombas e o xeneral’ ou o espectáculo de maxia ‘El mágico viaje de Patri Zenner’.

Vanesa Boo, concelleira de Cultura de Oroso, destaca “a diversidade da programación, planificada para que os nosos veciños e veciñas, independentemente da súa idade, poidan disfrutar das actividades”.

“Conscientes de que aínda estamos en pandemia, o Concello de Oroso organizou unha programación de Nadal desde o entusiasmo pero coa cautela e precaución precisas; serán unhas festas moi especiais”, engade o alcalde, Luis Rey Villaverde

GRAZAS POLO VOSO INTERESE!

09/12/2021

Esta é a nosa árbore, gustaríanos que compartises a túa connosco. 🎄

Próxima exposición
11/10/2021

Próxima exposición

15/09/2021

Regresan as actividades de animación á lectura á biblioteca. Recorda que debes anotarte para poder asistir.

MUSEO DO COLEXIO DO CAMIÑO INGLÉS: TODO LISTO PARA A XORNADA DE PORTAS ABERTAS DE MAÑÁ VENRES.As visitas iranse organiza...
26/08/2021

MUSEO DO COLEXIO DO CAMIÑO INGLÉS:
TODO LISTO PARA A XORNADA DE PORTAS ABERTAS DE MAÑÁ VENRES.

As visitas iranse organizando a medida que cheguen os interesados/as. Mentres dure a visita dun grupo, as/os que formen o seguinte agardarán na entrada do colexio.
Ademais das seccións de Etnografía, Arqueoloxía e Fotografía, os visitantes poderán ver unha mostra das publicacións editadas ou nas que participou a A. C. Obradoiro da História desde o ano 1996.
Ven a coñecer e a compartir con nós o legado dos nosos antepasados!!
ESPAZO PENDELOQUE DO COLEXIO DO CAMIÑO INGLÉS
(Sigüeiro) Oroso.

17/08/2021
22/06/2021

🎭 TEATRO ESTE VENRES EN OROSO!

Dentro da programación de 'Mergúllate na Cultura', este venres chega a Oroso 'Habeas Corpus', de Malasombra Producións.

Ás 21:00 horas (en principio na carpa da Alameda)!!

A partir de 7 anos. Inscricións no 981 690 903! Aforo limitado!

👉 HABEAS CORPUS é unha comedia. O argumento trata un tema tan antigo e tan de actualidade como é a relación do ser humano coas demais especies animais. E para reflexionar sobre este feito, recúrrese á recreación dun xuízo popular público a un lobo acusado do asasinato dun cordeiro.

😄 AGARDAMOS POR VOS!

VISITAS AO MUSEO ESCOLAR DE OROSO.Xa se pode visitar o "Espazo Pendeloque" instalado no Centro de Ensino do Camiño Inglé...
24/05/2021

VISITAS AO MUSEO ESCOLAR DE OROSO.
Xa se pode visitar o "Espazo Pendeloque" instalado no Centro de Ensino do Camiño Inglés en Sigüeiro.
Para que a visita sexa posíbel, debido á situación sanitaria derivada da COVID, hai que inscribirse na páxina do Colexio.
Outra posibilidade é chamar para concertar a visita dentro dos horarios establecidos polo Colexio: Teléfono: 881 99 61 80.

O Espazo Pendeloque comeza a crearse no ano 2019 grazas a unha colaboración entre o CEIP do Camiño Inglés e o Concello de Oroso. No curso 19_20, o centro educativo realizou diversas iniciativas relacionadas co estudo do pasado entre as que se atopaba a creación deste espazo. Formado case na súa...

Dirección

La Cañiza
15888

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
18:00 - 19:00
Martes 09:00 - 17:00
18:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 17:00
18:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 17:00
18:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 17:00
18:00 - 19:00
Sábado 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cultura Oroso publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Cultura Oroso:

Compartir