Complexo Terapéutico Xerontolóxico A VEIGA

Complexo Terapéutico Xerontolóxico A VEIGA Somos una empresa dedicada a la atención de personas mayores situada a tan solo 10 minutos de Lugo.

🍎💜 HOXE TOCOU COLLEITA EN SERGE A Veiga! 💜🍎Na nosa finca xa estamos en plena tempada de froita! 😋 Os residentes puxérons...
02/09/2026

🍎💜 HOXE TOCOU COLLEITA EN SERGE A Veiga! 💜🍎

Na nosa finca xa estamos en plena tempada de froita! 😋 Os residentes puxéronse mans á obra para recoller ciruelas e mazás! 👩‍🌾👨‍🌾

Entre risas, lembranzas e algún que outro “esa é miña!” 😂, pasamos unha estupenda xornada aproveitando os froitos da nosa terra. 🌳🍎💜

E das peras 🍐… mellor non falamos moito este ano 🤭😂. Hai moitas, si… pero son tan pequenas que case necesitamos unha lupa para presumir delas! 🔍🍑 Así que, por agora, quedan fóra da sesión de fotos. 📸

❤️😊

✨🎉 Unha mañá chea de música e alegría en SERGE A Veiga! 🎶❤️Hai uns días, con motivo da festa de   en Pobra de San Xiao, ...
25/08/2026

✨🎉 Unha mañá chea de música e alegría en SERGE A Veiga! 🎶❤️

Hai uns días, con motivo da festa de en Pobra de San Xiao, tivemos a sorte de recibir a un grupo de gaiteiros, que viñeron amenizar a mañá coa súa música e encher os xardíns de alegría, tradición e bos momentos. 🎶🥁🪗

Foi unha visita moi especial, que nos permitiu desfrutar xunt@s da nosa cultura e das nosas festas, compartindo sorrisos, música e moita ilusión. 🥰💃🕺

Moitas grazas á por achegarvos e facernos pasar unha mañá tan bonita! ❤️

📸 Deixámosvos algunhas fotos para compartir con todos vós un anaquiño desta mañá tan especial.

❤️🎶

🌞 Unha tarde de verán en SERGE A Veiga pode ter moitas formas…Hai quen xoga ás cartas 🃏, quen se anima ao bingo 🎱, quen ...
19/08/2026

🌞 Unha tarde de verán en SERGE A Veiga pode ter moitas formas…

Hai quen xoga ás cartas 🃏, quen se anima ao bingo 🎱, quen pasea polo xardín 🌿, quen participa nas actividades de psicestimulación 🧠✨… E tamén quen prefire descansar, conversar ou simplemente g***r da tarde sen facer nada en concreto. 😌

O importante é poder escoller, respectar os ritmos de cada persoa e desfrutar do verán ao noso xeito. 💚☀️

Por aquí vos deixamos algunhas fotos máis da eclipse 🌑✨, ou, como lle chamamos nós, o acontecemento histórico do mes 😂📸P...
16/08/2026

Por aquí vos deixamos algunhas fotos máis da eclipse 🌑✨, ou, como lle chamamos nós, o acontecemento histórico do mes 😂📸

Porque un momento así merecía quedar ben documentado! 🚀🌌

🌑👓 Onte en SERGE A VEIGA puxémonos... en modo eclipse! 😎🌞Para que ninguén tivese que mirar ao ceo coa cara de “a ver que...
13/08/2026

🌑👓 Onte en SERGE A VEIGA puxémonos... en modo eclipse! 😎🌞

Para que ninguén tivese que mirar ao ceo coa cara de “a ver que pasa agora” 😂, fixemos unha sesión para explicar en que consiste este fenómeno, como observalo con seguridade e, sobre todo, como desfrutalo sen poñer os ollos en perigo.🌑🌕🌒🌘🌓🌗🌖🌔

👓 Repartimos gafas especiais entre as persoas interesadas e tivemos de todo: quen se apuntou encantado á misión espacial 🚀, quen mirou con curiosidade... e quen decidiu que iso de mirar para arriba daba demasiado respecto 😅.

Porque aquí respectamos todas as opcións: mirar o eclipse, non miralo ou simplemente preguntar “e isto a que hora remata?” 😂❤️

Unha tarde diferente, chea de curiosidade, aprendizaxe e boas risas. 🌌✨

👓🌞

📱❤️ En SERGE A Veiga as distancias mídense en quilómetros… pero tamén en apertas. E, por sorte, as videochamadas axúdann...
11/08/2026

📱❤️ En SERGE A Veiga as distancias mídense en quilómetros… pero tamén en apertas. E, por sorte, as videochamadas axúdannos a acurtalas. 🥰

Cada vez temos máis usuarios e usuarias con familiares lonxe, pero aquí facemos que un «Ola, como estás?» chegue igual de forte. 💪😊

Porque ás veces a tecnoloxía fai marabillas… e porque as avoas e os avós xa son auténticos expertos en dicir: «Vésme? Eu a ti non!» 😂📞💙

💉 Por aquí vos deixamos algunhas imaxes da xornada de vacinación en SERGE A Veiga 📸Nesta ocasión, desprazouse ata as nos...
03/08/2026

💉 Por aquí vos deixamos algunhas imaxes da xornada de vacinación en SERGE A Veiga 📸

Nesta ocasión, desprazouse ata as nosas instalacións un equipo de vacinación do SERGAS para administrar as vacinas fronte ao pneumococo e ao herpes zóster aos residentes que cumprían os criterios establecidos 📋

A prevención segue a ser un piar fundamental para promover un envellecemento saudable e protexer a saúde das persoas maiores. 💙🩺

Grazas sempre ao equipo de vacinación pola súa profesionalidade e colaboración. 👏

No corazón de Galicia hai un tesouro que nunca debería perderse: a nosa xente maior.Este sábado celebramos o  . Onte, o ...
27/07/2026

No corazón de Galicia hai un tesouro que nunca debería perderse: a nosa xente maior.

Este sábado celebramos o . Onte, o . Dúas datas que, para SERGE A Veiga, están unidas por algo moito máis forte ca o calendario 👴🤍💙🤍👵

Porque Galicia non se entende sen quen nos transmitiu a lingua, as tradicións, os contos ao carón da lareira, as receitas de sempre, o respecto pola terra e o valor do traballo ben feito.

Os avós e avoas son memoria viva. Son as raíces que nos sosteñen e a sabedoría que nos guía. Grazas a eles sabemos de onde vimos e atopamos o mellor camiño para construír o futuro.

Neste tempo no que todo parece ir tan rápido, eles lembran que o máis importante segue sendo compartir unha mesa, unha conversa, unha aperta e o tempo coa familia.

Hoxe queremos render unha homenaxe a todos os nosos maiores. Grazas por coidar, ensinar, acompañar e querer. Sodes parte da alma de Galicia.

💙 Feliz Día de Galicia e feliz Día dos Avós. Que nunca deixemos de honrar as nosas raíces.

💙 Compartimos con moita ilusión esta nova sobre a campaña de vacinación realizada en SERGE A Veiga 💉Foi unha xornada moi...
23/07/2026

💙 Compartimos con moita ilusión esta nova sobre a campaña de vacinación realizada en SERGE A Veiga 💉

Foi unha xornada moi especial, na que contamos coa visita das autoridades e co excelente traballo de tod@s os profesionais implicados. 👏

Seguimos traballando cada día para coidar da saúde e do benestar das nosas persoas maiores. ❤️

👇 Deixámosvos a ligazón á noticia publicada en El Progreso de Lugo :

El conselleiro de Sanidade visitó A Veiga de A Pobra para conocer el avance de la campaña, que se lleva a 228 centros de Galicia

⚽🏆 A paixón polo fútbol tamén chegou ás nosas actividades de psicoestimulación! 🧠💪Traballamos co escudo da selección, as...
20/07/2026

⚽🏆 A paixón polo fútbol tamén chegou ás nosas actividades de psicoestimulación! 🧠💪

Traballamos co escudo da selección, as posicións dos xogadores no campo e puxemos a proba a memoria e a atención... sempre cun sorriso! 😊👏

E, por suposto, queremos aproveitar para dar os nosos parabéns á polo campionato conseguido! ❤️💛❤️🏆 Unha vitoria para celebrar entre tod@s! 🎉❤️

Dirección

PUEBLA DE SAN JULIÁN
Láncara
27360

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Complexo Terapéutico Xerontolóxico A VEIGA publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir