Policía Local A Illa de Arousa

Policía Local A Illa de Arousa A Policía Local de A Illa de Arousa ten coma misión a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá..

11/08/2026

✨ ECLIPSE TOTAL DE SOL - 12 DE AGOSTO 2026 ✨

☀️🌙 Unha cita co ceo dende📍A Illa de Arousa… e unha oportunidade para desfrutar de espazos de gran valor paisaxístico libres de vehículos 🌊🌿

🚫 🚗 Durante a eclipse, dende as 17:30h pecharase o acceso de tráfico rodado a Punta Cabalo e á Area da Secada

🚌 Haberá transporte público habilitado para facilitar os desprazamentos

✨ Ven vivir esta cita co ceo na Illa de Arousa e conecta coa natureza de xeito máis pausado e auténtico

🛴 O teu patinete, as túas normas: por unha mobilidade segura na Illa de Arousa!Conduces un VMP ou coñeces a alguén que o...
29/07/2026

🛴 O teu patinete, as túas normas: por unha mobilidade segura na Illa de Arousa!
Conduces un VMP ou coñeces a alguén que o faga? Lembra que a túa seguridade é a nosa prioridade. Para circular de forma correcta e evitar sancións, debes cumprir cos seguintes requisitos e normas básicas:
⚠️ Novos requisitos obrigatorios dende o 1 de Xaneiro de 2026:
Certificado de circulación: O VMP debe dispoñer do certificado expedido por fábrica ou entidade acreditada pola DXT.
Inscrición no Rexistro de VMP: Obrigatoria no Rexistro de Vehículos Persoais Lixeiros da DXT. Sen inscrición non podras circular.
Etiqueta identificativa: Debe ir visíbel na parte traseira do vehículo (tipo matrícula).
Seguro obrigatorio: Necesario de responsabilidade civil para cubrir posibles danos a terceiros.
🚫 Prohibicións que debes evitar:
Circular por beirarrúas ou zonas peonís.
Empregar o teléfono móbil ou auriculares mentres conduces.
Transportar pasaxeiros.
Circular baixo os efectos do alcol ou das dr**as.
💡 Lembra: O incumprimento da normativa pode conler multas económicas, a inmobilización do vehículo e responsabilidade civil polos danos ocasionados.
Consulta toda a información oficial e a normativa actualizada en www.dxt.gal/vehiculos-de-mobilidade-persoal-vmp .
Comprometidos cunha mobilidade urbana segura e responsable. 🛡️

23/07/2026
07/07/2026

🎉 SAN RAMÓN CHEGA Á BOUZA! 🎉

O vindeiro 16 de xullo celebramos unha nova edición desta festa tan nosa na Bouza 🥳

📌 Reserva a túa parcela:
A partir das 9:00h do luns 13 de xullo xa podes coller sitio. Este ano só tes que comunicalo previamente ao Concello por Rexistro (o mesmo trámite sinxelo que xa coñecedes das carrozas) ✍️

🔥 Risco de incendio máximo
Recoméndase non fagades lume nin barbacoas na zona 🙏

🧹 Deixemos a Bouza como a atopamos
Recollede o voso lixo cando remate a xornada, entre todos e todas coidamos o noso 💚

Animámosvos a g***r dun dos días máis especiais do noso verán! ☀️🎊

🅿️ Nova zona azul en Area da SecadaO Concello da Illa de Arousa pon en marcha a primeira Ordenanza Reguladora de Aparcam...
15/06/2026

🅿️ Nova zona azul en Area da Secada

O Concello da Illa de Arousa pon en marcha a primeira Ordenanza Reguladora de Aparcamento (ORA) no entorno da praia de Area da Secada. Arredor de 300 prazas reguladas para ordenar o aparcamento este verán.

🕙 Horario: de 10:00 a 20:00 h · Do 15 de xuño ata o 15 de setembro

💶 Tarifas:
· 1 hora → 0,50 €
· 2 horas → 1,00 €
· 3 horas → 2,00 €
· 4 horas → 3,00 €
· Día completo → 4,50 €

📱 Podes pagar nos parquímetros ou coa app Telpark, que che avisa antes de que expire o tempo.

✅ Están exentos: vehículos empadroados no municipio, motocicletas e persoas con mobilidade reducida.

⚠️ A sanción por non pagar é de 30 €, que se reduce á metade —15 €— se se aboa no propio parquímetro, máximo 24 horas..

Ordenamos o aparcamento para que todos poidamos g***r mellor da nosa praia. 🌊

🚦 AVISO POLICÍA LOCAL 🚦⚠️ Por motivo da manifestación deste domingo 14 de xuño ás 12:00h, queda prohibido o estacionamen...
12/06/2026

🚦 AVISO POLICÍA LOCAL 🚦

⚠️ Por motivo da manifestación deste domingo 14 de xuño ás 12:00h, queda prohibido o estacionamento na rúa de acceso ao gimnasio (Rúa do Sambro) 🚫🚗.

📍 Zonas de aparcamento:
🅿️ Aparcamento do Bao (~1.000 prazas) (https://maps.app.goo.gl/exQereKpVzHoNdDw8?g_st=iw)
🅿️ Estrada do Carreirón ( https://maps.app.goo.gl/BpSax4Y49e16D4xs7?g_st=iw )
🅿️ Estrada da Franqueira. ( https://maps.app.goo.gl/9d3JEmMrvSZzQPPj8?g_st=ic )
🅿️ Aparcamento do instituto (~300 prazas) ( https://maps.app.goo.gl/VJtBt1tfjLnWBWJH9?g_st=ic)

🙏 Pedímosvos que, durante a manifestación, se use o vehículo só o imprescindible.

Grazas pola vosa colaboración e comprensión 💙

🐶 Canciño atopado!Atopouse este canciño, se alguén o coñece ou é o seu dono, está nas dependencias de CAAN (Centro de Ac...
13/11/2025

🐶 Canciño atopado!
Atopouse este canciño, se alguén o coñece ou é o seu dono, está nas dependencias de CAAN (Centro de Acollida de Animais).
Para máis información, poden contactar coa Policía Local ou directamente co CAAN.

🚨 ATENCIÓN 🚨A Policía Local da Illa de Arousa informa sobre a reordenación viaria na zona do Lagartiño para mellorar a s...
13/11/2025

🚨 ATENCIÓN 🚨
A Policía Local da Illa de Arousa informa sobre a reordenación viaria na zona do Lagartiño para mellorar a seguridade e a fluidez. ⚠️ Máxima atención á sinalización nova!
🛣️ O NOVO SENTIDO É ÚNICO:
• ⬆️ Rúa Lagartiño: Só se pode subir (Sentido Único Ascendente desde Rotonda Colexio).
• ⬇️ Rúa Chasán: Só se pode baixar (Sentido Único Descendente cara á Rotonda Aguiuncho).
🛑 LEMBRA OS PUNTOS CRÍTICOS:
• Respecta o STOP e as zonas de Prohibido Circular.
• O tramo final de conexión coa Rotonda Aguiuncho mantén o dobre sentido.
Traballamos pola túa seguridade. Por favor, comparte este aviso! 🙏

🚦 IMPORTANTE: Cambio de sentido na rúa Outeiro da Vila 🚦A partir de mañá, 29 de outubro de 2025, a rúa Outeiro da Vila p...
28/10/2025

🚦 IMPORTANTE: Cambio de sentido na rúa Outeiro da Vila 🚦

A partir de mañá, 29 de outubro de 2025, a rúa Outeiro da Vila pasará de dobre sentido a sentido único, desde o IES da Illa de Arousa cara á rúa Paradela.

📊 Datos do contador de tráfico do último mes:
• 182 vehículos circulan de media na dirección proposta
• 87 vehículos na dirección contraria

✅ Esta medida permitirá crear un circuíto viario máis seguro e eficiente, reducindo conxestión e mellorando a circulación especialmente preto do cemiterio.

⚠️ A Policía Local solicita respectar a nova sinalización, que xa se está a colocar, para garantir a seguridade de todos.

🚨 INFORMACIÓN IMPORTANTE 🚨Este domingo, 7 de setembro de 2025, celebrarase a VII CARREIRÓN 10 K 🏃‍♀️🏃‍♂️, e para garanti...
02/09/2025

🚨 INFORMACIÓN IMPORTANTE 🚨

Este domingo, 7 de setembro de 2025, celebrarase a VII CARREIRÓN 10 K 🏃‍♀️🏃‍♂️, e para garantir a seguridade de todos, haberá restricións de tráfico e estacionamento.

🗓️ Cando? Domingo, 7 de setembro de 2025
📍 Onde? Diversas rúas da Illa de Arousa

⚠️ Puntos clave a ter en conta:

1. Rúa VALLE-INCLÁN: Peche total ao tráfico dende a Praza do Campo ata a Casa do Concello, de 08:00 a 14:00 horas. ⛔🚗
2. Estacionamento prohibido nas rúas VALLE INCLÁN, RIBEIRA DO CHAZO e IRMÁNS CAMBA. 🚫🅿️
3. Restricións periódicas de tráfico en varias rúas durante as probas:
◦ 09:30h Xuvenil e Cadete: VALLE INCLÁN, TESTOS, RIBEIRA DO CHAZO, IRMÁNS CAMBA, AVDA. CASTELAO (tramo entre Praza de Abastos e O Campo) e VALLE -INCLÁN.
◦ 10:00h Infantil e Alevín: TESTOS e VALLE INCLÁN.
◦ 10:30h Adultos: VALLE INCLÁN, AVDA CASTELAO, AVDA DA PONTE, RÚA RIASÓN, CAMIÑO DE RIASÓN, CARRETERA DE ACCESO AO XUFRE Á ALTURA DE RIASÓN (apertura ao tráfico entre 10:00 e 11:00h).
◦ 12:00h Prebenxamín e Benxamín: VALLE INCLÁN, RIBEIRA DO CHAZO, IRMÁNS CAMBA e CASTELAO.
◦ 12:20h Pitufos: VALLE INCLÁN (dende Casa do Concello ata Praza do Campo).
4. Outras rúas afectadas con prohibición de circulación (estimado entre 10:00 e 12:00h, apertura ao tráfico unha vez pase a carreira): CABODEIRO, XUFRE, PASEO DO CANTIÑO, PASEO DO NAVAL, CAMIÑO DO FARO (CAMPELO), CAMIÑO DE AREA DA SECADA, NIÑO DO CORVO e TESTOS, VALLE INCLÁN.

🙏 Agradecemos de antemán a vosa colaboración e comprensión para que este evento deportivo sexa un éxito e se desenvolva con total seguridade. Por favor, minimizade o uso de vehículos durante estas horas.

Dirección

Rúa Palmeira 25
Isla De Arosa
36626

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Policía Local A Illa de Arousa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir