Concello de A Illa de Arousa

Concello de A Illa de Arousa Páxina oficial do Concello de A Illa de Arousa

💙⚽️ Parabéns ao Céltiga F.C. polo seu Autobús do Centenario!O Concello de A Illa de Arousa felicita o Céltiga F.C. polos...
05/09/2026

💙⚽️ Parabéns ao Céltiga F.C. polo seu Autobús do Centenario!

O Concello de A Illa de Arousa felicita o Céltiga F.C. polos seus 100 anos de historia e pola posta en marcha deste autobús que levará o nome do club e da nosa vila por todo o país.

🚌 Onte presentouse oficialmente e realizou a súa primeira viaxe, protagonizada polos máis novos do club, nun momento especialmente emotivo deste ano de celebración.

Un Centenario que está deixando numerosos actos e momentos para o recordo e que pon en valor a historia, o deporte e o orgullo de toda unha vila.

Boa viaxe, Céltiga! Que sexan moitos máis anos compartindo fútbol, ilusión e A Illa de Arousa. 💙

Alá Céltiga! ⚽️

GRACIAS!!! 🫶🏼❤️❤️🫶🏼💦Un ano máis despedímonos da Ludoteca de Verán querendo agradecer a participación de todas as familia...
03/09/2026

GRACIAS!!! 🫶🏼❤️❤️🫶🏼

💦Un ano máis despedímonos da Ludoteca de Verán querendo agradecer a participación de todas as familias por confiar en nós.

✨Agradecer o traballo, esforzo, cariño e constancia de todo o equipo que o fixo posible... Tamara, Alba, Ana, Sabela, Antía, Laura e Kiara... Moitísimas Gracias!!

Desexarvos un bo fin de verán!!🌈

03/09/2026

🚨🏃‍♀️ A PUNTO DE CELEBRAR A VIII CARREIRON 10K… TOCA PEDIR PACIENCIA E PRECAUCIÓN! 🏃‍♂️🚧

Este domingo 6 de setembro, A Illa volverá encherse de deporte coa VIII Carreiron 10K… e tamén de corredores, voluntarios e cortes de tráfico. 😉

Por iso, pedimos a colaboración de todos/as e, sobre todo, PACiENCIA E PRECAUCIÓN se precisas coller o coche entre as 9:00 e as 13:00 h.

🚗 Se tes que circular por zonas como:
📍 Valle Inclán
📍 Avda. Castelao
📍 Testos
📍 Semuiño
📍 Ribeira de Chazo
📍 Irmáns Camba
📍 Avda. da Ponte
📍 Varadoiro–Xufre
📍 Naval
📍 Faro
📍 Area da Secada–A Bouza
… e outras vías afectadas polo percorrido, infórmate previamente e planifica os teus desprazamentos.

📢 Se tes dúbidas, podes consultar:
☎️ Fundación Deportiva Municipal: 662 300 391
👮 Policía Local: 605 978 520

👉 LE O BANDO E INFÓRMATE para coñecer os horarios e as vías afectadas.

Sabemos que os cortes poden ocasionar molestias, pero durante unhas horas a prioridade é a seguridade dos corredores, voluntarios e veciñanza. ❤️

🙏 Grazas por anticipado pola vosa paciencia, comprensión e colaboración.

Este domingo… A Illa corre! 🏃‍♀️🏃‍♂️💙

📚 Comeza un novo curso na Escola de Adultos/as da Illa de ArousaO Concello da Illa de Arousa, a través da Concellaría de...
01/09/2026

📚 Comeza un novo curso na Escola de Adultos/as da Illa de Arousa

O Concello da Illa de Arousa, a través da Concellaría de Educación e Igualdade, pon en marcha a oferta formativa para o curso 2026-2027, con tres propostas pensadas para seguir aprendendo, ampliar competencias e abrir novas oportunidades formativas e laborais.

🔹 Ensinanzas Activas (Formación Básica Adaptada)
Para ampliar capacidades e competencias e favorecer a aprendizaxe.

🔹 Preparación para a obtención do título de Graduado en ESO
Dirixida a persoas que desexen completar a súa formación e mellorar as súas oportunidades de acceso ao mundo laboral.

🔹 Preparación para o Certificado de Competencias Clave
Para persoas que non dispoñen do título de ESO e necesitan adquirir estas competencias para acceder a diferentes oportunidades formativas e laborais.

🗣️ A concelleira de Educación e Igualdade, Lidia Barreiro, salienta que “a formación é unha ferramenta fundamental para abrir portas e xerar novas oportunidades”. Neste sentido, destaca a importancia de ofrecer á veciñanza diferentes vías para continuar aprendendo, actualizar coñecementos e facilitar o acceso a novas experiencias educativas e profesionais.

👉 Desde a Concellaría anímase especialmente ás persoas que teñan pendente a obtención do título de ESO a informarse sobre as oportunidades formativas deste novo curso.

📍 Inscrición: 1º andar do Concello da Illa de Arousa
📞 Información: 986 52 70 80

31/08/2026
31/08/2026

🌊O Mar Comeza Aquí🌿

💦A Campaña Medioambiental organizada pola Asociación Medioambiental Arousa en Transición tamén chegou á Ludoteca de Verán.

💦Unha iniciativa que apoiamos para sensibilizar ás persoas que todo o que tiramos sen conciencia chega ao noso mar e neste caso coa plantilla de "O Mar comeza Aquí" e un pouco de creatividade... este é o resultado.

🌱Gracias a Arousa en Transición en particular a Gaby, Marta, Pili e Ana.

🪼Gracias á Ludoteca de Verán Diververán.

31/08/2026

Desde o Concello de A Illa de Arousa e a Ludoteca de Verán, deixámosvos pequenas cousas dos vosos rapaces e rapazas..

🧳A MALETA VIAXEIRA tamén chegou á Ludoteca de Verán ofrecéndonos contido medioambiental dos álbumes ilustrados ofrecidos polo CEIDA nunha contorna única como a Area da Secada.🌳🌳

💦O coidado, o respecto e a sensibilización cara a nosa contorna é base para entender que debemos agarimalo...🌱

🏟️ NOVAS GRADAS NO SALVADOR OTERO ⚽O Concello da Illa de Arousa remata a rehabilitación integral das gradas do campo de ...
28/08/2026

🏟️ NOVAS GRADAS NO SALVADOR OTERO ⚽
O Concello da Illa de Arousa remata a rehabilitación integral das gradas do campo de fútbol Salvador Otero, cun investimento de 105.686 €. Renováronse as pérgolas, a cuberta, os canalóns e a estrutura metálica.
Esta actuación culmina o proceso de renovación do Salvador Otero, que nos últimos meses xa contou con novo alumeado LED e banquillos ampliados. 💡
E que mellor forma de estrear as novas gradas que co IX Trofeo Concello de A Illa de Arousa - Memorial Alejandro García 🏆
📅 Sábado 29 de agosto
🕕 18:00 horas
⚔️ Céltiga F.C. vs Arosa S.C.
“O Salvador Otero é moito máis ca un campo de fútbol. É un símbolo deste pobo” — Luís Arosa, alcalde da Illa de Arousa

O espectáculo de Quico Cadaval finalmente vai ser no Auditorio Municipal por mor das previsións meteorolóxicas. Domingo ...
27/08/2026

O espectáculo de Quico Cadaval finalmente vai ser no Auditorio Municipal por mor das previsións meteorolóxicas.

Domingo 30 de agosto ás 20 horas.

Entrada de balde.

Dirección

Palmeira, 25
Isla De Arosa
36626

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de A Illa de Arousa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de A Illa de Arousa:

Atajos

Compartir