03/09/2026
🚜 𝐌𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐚𝐜𝐜𝐞𝐬𝐨 𝐚𝐨 𝐧𝐮́𝐜𝐥𝐞𝐨 𝐝𝐞 𝐆𝐨𝐦𝐞𝐥𝐥𝐞
📍 O Concello de Guntín continúa coa mellora da rede viaria municipal coa actuación realizada no acceso ao núcleo de Gomelle.
🛣️ Os traballos incluíron a aplicación de rego asfáltico, así como a limpeza das cunetas, contribuíndo a mellorar o estado da vía e a facilitar uns desprazamentos máis cómodos e seguros para a veciñanza.
💚 Seguimos traballando para mellorar as infraestruturas e os accesos ás diferentes localidades do municipio.