Concello de Guitiriz

Concello de Guitiriz Facebook oficial do Concello de Guitiriz. Facebook oficial del Ayuntamiento de Guitiriz.

O Concello de Guitiriz ( Lugo), abre esta páxina para ofrecer a cidadanía todo tipo de información local e municipal que poida ser de interese: emprego, formación, avisos, actividades culturais, servizos sociais. Pretende ser unha canle de comunicación activa na que todos/as participemos, establecendo un feedback, creando un espazo aberto e plural //

El Ayuntamiento de Guitiriz , abre esta págin

a para ofrecer a la ciudadanía todo tipo de información local y municipal que pueda ser de interes: empleo, formación, avisos, actividades culturais, servicios sociales. Pretende ser un canal de comunicación activa en la que todos /as participemos, estableciendo un feedaback, creando un espacio abierto y plural.

❗📅 AVISO: actividade adiada.📢 A iniciativa de 'Obradoiros Contra a Desinformación' para persoas adultas, prevista inicia...
07/09/2026

❗📅 AVISO: actividade adiada.

📢 A iniciativa de 'Obradoiros Contra a Desinformación' para persoas adultas, prevista inicialmente para o 18 de setembro, pasará a celebrarse o venres 25 de setembro.

📍 Esta sesión, que busca fomentar o pensamento crítico, terá lugar na Escola Habanera.

🕕 19:30 horas.
⏳ Duración aproximada de 90 minutos.
🎟 Entrada de balde ata completar a capacidade do recinto.

🗣 Este taller será impartido por profesionais especializados do Colexio De Xornalistascoa colaboración e financiamento da Deputación de Lugo.

✅ Xa finalizou a alerta por vaga de calor que afectou estos días ao Concello de Guitiriz.👉 A Dirección xeral de Saúde Pú...
06/09/2026

✅ Xa finalizou a alerta por vaga de calor que afectou estos días ao Concello de Guitiriz.

👉 A Dirección xeral de Saúde Pública informou do nivel verde do aviso tras a actualización dos datos de MeteoGalica e MeteoSalud.

📖📢 A Biblioteca Municipal de Guitiriz, situada na Escola Habanera, amplía o seu catálogo de préstamo con novas adquisici...
05/09/2026

📖📢 A Biblioteca Municipal de Guitiriz, situada na Escola Habanera, amplía o seu catálogo de préstamo con novas adquisicións literarias.

✨ Xa podedes achegarvos a descubrir as últimas novidades dispoñibles!

🟠Alerta laranxa por tormentas.📣 A Agencia Estatal de Meteorología informa dun fenómeno meteorolóxico nivel laranxa por t...
05/09/2026

🟠Alerta laranxa por tormentas.

📣 A Agencia Estatal de Meteorología informa dun fenómeno meteorolóxico nivel laranxa por tormentas que afectará á zona centro e de montaña da provincia de Lugo a partir da primeira hora da tarde

⛈️ As tormentas poderán ir acompañadas de refachos moi fortes de vento e saraiba grande.

🙏 Rogamos extremen as precaucións.

04/09/2026

🍽️ Alimentar tamén é unha responsabilidade.

Dar de comer aos gatos dunha colonia non consiste simplemente en deixar comida na rúa.

Dentro do programa municipal existen puntos de alimentación controlados que permiten manter a contorna limpa e evitar restos de comida espallados.

Coidar dunha colonia tamén significa respectar as normas que favorecen a convivencia entre persoas e animais.

Pequenos xestos poden marcar unha gran diferenza.

👉 Campaña financiada polo Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030.

🛠️ Xa están en marcha os traballos de mellora de máis de catro quilómetros da estrada que une O Buriz con Cazás.🏗️ As ob...
04/09/2026

🛠️ Xa están en marcha os traballos de mellora de máis de catro quilómetros da estrada que une O Buriz con Cazás.

🏗️ As obras, que contan cun orzamento superior aos 200.000 euros da Deputación de Lugo, consistirán na limpeza e reapertura das cunetas, así como na pavimentación de todo o tramo.

🗣️ Este proxecto, que responde ás demandas do Concello de Guitiriz e da propia veciñanza, estará listo antes de que remate o ano. Máis información en:

La Diputación de Lugo destina más de 200.000 euros a este proyecto, que comprende el tramo de vía de Guitiriz

🖥️📢 O Concello de Guitiriz abre as inscricións 📅 do 7 ao 16 de setembro para os Talleres de Informática 2026-27.👥 As cla...
04/09/2026

🖥️📢 O Concello de Guitiriz abre as inscricións 📅 do 7 ao 16 de setembro para os Talleres de Informática 2026-27.

👥 As clases, completamente gratuítas, están dirixidas a adultos e tamén a nenos e nenas que estean en Primaria (dende 2.º a 6.º curso).

✍️ As inscricións realizaranse a través do correo 📧 [email protected] ou o teléfono 📞 982 370 062.

ℹ️ Máis información: https://concellodeguitiriz.com/o-concello-de-guitiriz-abre-as-inscricions-para-os-talleres-de-informatica-2026-27/

🤖 O vindeiro 11 de setembro, de 16:00 a 20:30 horas, a Aula CeMIT de Guitiriz acollerá o XI Scratch Day!Esta sesión, con...
03/09/2026

🤖 O vindeiro 11 de setembro, de 16:00 a 20:30 horas, a Aula CeMIT de Guitiriz acollerá o XI Scratch Day!

Esta sesión, con prazas limitadas e dirixida a nenos e nenas de 7 a 15 anos (acompañados dunha persoa adulta), combinará programación e robótica a través de propostas prácticas adaptadas ao grupo, con actividades como:

📌 Programación de videoxogos arcade con MakeCode
📌 Combinación de engrenaxes para variar a velocidade dun ventilador
📌 Deseño dun vehículo intelixente

Inscricións:

📩 [email protected]
📞 982 370 062

✍️🤸‍♀️ Mañá, venres 4 de setembro, abrirá o prazo de inscrición para para as vacantes nas Escolas Deportivas Municipais ...
03/09/2026

✍️🤸‍♀️ Mañá, venres 4 de setembro, abrirá o prazo de inscrición para para as vacantes nas Escolas Deportivas Municipais 2026/27!

🗓️ Estará dispoñibles ata o día 10 ás 14.30 horas, a través da Sede electrónica ou de xeito presencial no Concello.

👉 Hai prazas libres en diferentes modalidades, cos horarios publicados no folleto informativo.

ℹ️ Consultádeas no cartel adxunto e anotádevos para non quedar fóra!

Dirección

Rúa Do Concello, 4
Guitiriz
27300

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Guitiriz publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir