PSdeG-PSOE Guitiriz Grupo Municipal

PSdeG-PSOE Guitiriz Grupo Municipal Guitiriz avanza, sempre cara adiante, polo Guitiriz que queres

Desde o PSOE de Guitiriz lamentamos que o Partido Popular empregue a FEMP dun xeito partidista. Esta non é unha convocat...
02/09/2026

Desde o PSOE de Guitiriz lamentamos que o Partido Popular empregue a FEMP dun xeito partidista.

Esta non é unha convocatoria oficial xa que non se tivo en conta a todas e todos os representantes das distintas formacións políticas.

A FEMP naceu co fin de unir territorios e coordinar ao municipalismo, esiximos que o PP deixe de usala como unha ferramenta de propaganda ao seu servizo.

Inés Rey criticó que Alfonso Rueda elija la ciudad cuando no acudió a actos para pedir mejoras en sanidad y educación y a María José García-Pelayo por «instrumentalizar» la federación de municipios «al servicio de Génova»

Con este proxecto melloraremos a xestión de diferentes servizos municipais e tamén cuestións fundamentais para a veciñan...
24/08/2026

Con este proxecto melloraremos a xestión de diferentes servizos municipais e tamén cuestións fundamentais para a veciñanza como, por exemplo, a paquetería, a atención sanitaria a domicilio ou a contratación de fibra óptica.

🔜 Nos próximos meses terán lugar os traballos correspondentes ao novo inventario dixital de vivendas do Concello de Guitiriz.

🏘️ A empresa adxudicataria visitará as casas de cada parroquia para a elaboración das numeracións.

👥 Este proxecto, financiado co Plan Deputación, supón un salto cara a modernización da administración que traerá consigo grandes avances a nivel de eficiencia e eficacia na xestión e na comunicación coa veciñanza.

ℹ️ Máis información: https://concellodeguitiriz.com/o-concello-de-guitiriz-impulsa-a-creacion-dun-inventario-de-vivendas-para-mellorar-a-xestion-do-seu-territorio/

👉 Apostar polo Estado de benestar é apostar por un país mellor. 🤝 Porque cando reforzamos a sanidade, os servizos públic...
14/08/2026

👉 Apostar polo Estado de benestar é apostar por un país mellor.

🤝 Porque cando reforzamos a sanidade, os servizos públicos e a protección social, estamos construíndo unha sociedade máis xusta, con máis oportunidades e máis futuro.

🌹 Hai dúas formas de gobernar. Nós temos clara a nosa: máis servizos públicos, máis benestar e máis futuro.

Dos formas de gobernar. Dos resultados muy distintos.

❌ La España de los recortes del PP, que debilita lo público.

✅ La España que avanza con el PSOE, que refuerza el Estado del bienestar y protege a la ciudadanía.

Frente al ruido, hechos.

☀️🌘 O vindeiro 12 de agosto, Guitiriz converterase nun dos mellores lugares de Galicia para desfrutar da eclipse solar c...
05/08/2026

☀️🌘 O vindeiro 12 de agosto, Guitiriz converterase nun dos mellores lugares de Galicia para desfrutar da eclipse solar coa Romaría da Eclipse Solar en Santa Mariña.

🎶 A xornada contará coa actuación de Soul&Roll e cunha observación guiada da eclipse no Monólito Irmáns da Lexía, con explicacións para vivir este fenómeno astronómico dunha maneira única.

🕶️ Ademais, haberá reparto gratuíto de lentes homologadas (ata esgotar existencias), grazas á colaboración da Deputación de Lugo, para garantir unha observación segura.

☀️🌘 O vindeiro 12 de agosto, Guitiriz convértese nun dos mellores lugares de Galicia para vivir a eclipse coa Romaría da Eclipse Solar na parroquia de Santa Mariña.

O evento, organizado polo Concello, incluirá o 🎶 concerto de Soul&Roll no Campo da Festa e unha 🔭 observación da eclipse no Monólito Irmáns da Lexía.

🕶️ Haberá reparto gratuíto de lentes homologadas para a observación solar (ata esgotar existencias).

👉 Recoméndase acudir con roupa cómoda, algunha peza de abrigo para as últimas horas da tarde, gorra ou viseira, protección solar, abundante auga e calzado axeitado.

❌ E, sobre todo, non mirar nunca directamente ao Sol sen lentes homologadas.

🙌 Agardámosvos!

ℹ️ Máis información: https://concellodeguitiriz.com/guitiriz-convida-a-vivir-a-eclipse-solar-do-12-de-agosto-nunha-romaria-que-une-ciencia-musica-e-natureza/

💙🤍 Hoxe, 25 de xullo, celebramos con orgullo o Día de Galicia, unha xornada para reivindicar a nosa identidade, a nosa l...
25/07/2026

💙🤍 Hoxe, 25 de xullo, celebramos con orgullo o Día de Galicia, unha xornada para reivindicar a nosa identidade, a nosa lingua e a nosa cultura.

🤝 Galicia constrúese cada día co esforzo da súa xente e co compromiso de quen traballa por máis oportunidades e máis futuro.

🌹 Desde o PSdeG-PSOE de Guitiriz seguimos defendendo unha Galicia máis forte e máis igualitaria, porque estamos orgullosos do noso.

🙌 Veciñas e veciños, feliz Día de Galicia!

🪨🥣 A ###I Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga celebrarase o domingo 19 de xullo a partir das 8:30 horas. 👥 A ...
10/07/2026

🪨🥣 A ###I Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga celebrarase o domingo 19 de xullo a partir das 8:30 horas.

👥 A alcaldesa e deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, xunto coa concelleira de Turismo, Pilar Vázquez, presentaron esta nova edición dun evento que pon en valor a tradición, a gastronomía e a artesanía de Parga.

30/06/2026
👉 Desde o PSdeG-PSOE de Guitiriz mostramos o noso total rexeitamento ao novo peche do Consultorio de Parga durante os me...
26/06/2026

👉 Desde o PSdeG-PSOE de Guitiriz mostramos o noso total rexeitamento ao novo peche do Consultorio de Parga durante os meses de verán por decisión do Sergas.

⚠️ Non é un feito illado. O pasado verán e tamén no mes de decembro a veciñanza xa sufriu este recorte, que volve castigar ao rural e debilitar os servizos públicos que merecen todos os veciños e veciñas.

❌ É inaceptable que a Xunta e o Sergas non garantan as substitucións necesarias durante as vacacións do persoal sanitario e opten, unha vez máis, por reducir servizos en lugar de reforzalos, prexudicando á veciñanza de Parga e do noso concello.

🌹O PSdeG-PSOE de Guitiriz defenderá sempre á veciñanza, así como á sanidade pública, porque cremos na igualdade de oportunidades, especialmente no rural.

📣 O Concello de Guitiriz manifesta o seu firme rexeitamento á decisión do Sergas de volver pechar o Consultorio de Parga durante os meses de verán.

👉 O Goberno local denuncia que esta medida xa se aplicou o pasado verán e tamén durante o mes de decembro, converténdose nun novo recorte da atención sanitaria no rural que deixa á veciñanza sen un servizo esencial.

❌ O peche do consultorio obrigará ás persoas usuarias a desprazarse ata o Centro de Saúde de Guitiriz para recibir asistencia médica, unha situación que afecta especialmente ás persoas maiores, con mobilidade reducida ou sen medios de transporte.

⚠️ Desde o Concello considérase inaceptable que o Sergas non cubra as vacacións do persoal sanitario e, no seu lugar, opte por reducir servizos en vez de garantir unha atención sanitaria digna e de proximidade.

🗣️ A alcaldesa, Marisol Morandeira, reclama ao Sergas que rectifique esta decisión e que garanta a apertura do Consultorio de Parga durante todo o período estival mediante a cobertura das substitución.

ℹ️ Máis información: https://concellodeguitiriz.com/o-concello-de-guitiriz-rexeita-un-novo-peche-do-consultorio-de-parga-durante-o-veran-e-esixe-ao-sergas-que-garanta-a-atencion-sanitaria/

🔥 Hoxe Guitiriz celebra a noite de San Xoán.✨ Queremos desexarlles a todos os veciños e veciñas, así como ás persoas que...
23/06/2026

🔥 Hoxe Guitiriz celebra a noite de San Xoán.

✨ Queremos desexarlles a todos os veciños e veciñas, así como ás persoas que nos visitan nestes días, unha moi feliz noite meiga.

🤝 E lembrade que é importante seguir as recomendacións para vivir esta celebración con responsabilidade, respecto e seguridade.

📣 Hoxe, xoves 28 de maio, celebrarase un pleno ordinario do Concello de Guitiriz.👇 Podes consultar a orde do día na publ...
28/05/2026

📣 Hoxe, xoves 28 de maio, celebrarase un pleno ordinario do Concello de Guitiriz.

👇 Podes consultar a orde do día na publicación!

📣 Hoxe, xoves 28 de maio, ás 19:30 horas, celebrarase un pleno ordinario.

👉 Transmitirase en directo, vía , a través de https://guitiriz.seneca.tv/activity.

ORDE DO DÍA
🔹 Plan Económico Financeiro 2026-2027.
🔹 Resolución do procedemento de investigación da titularidade das parcelas con referencia catastral 27022A153006110000FX e 27022A153001550000FF no lugar de Brañicas (Lagostelle).
🔹 Modificación do inventario municipal de camiños no lugar de A Paderna- Parroquia de Labrada.
🔹 Resolución imposición de penalidades por incumprimento do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e Técnicas do Contrato Mixto dos Servizos Enerxéticos do Alumeado Exterior e dos Edificios Municipais (FACT-2025- 1774)
🔹 Bonificación ou Exención Tributaria. Bonificación no ICIO por obra de renovación da igrexa de Santa Locaia de Parga.
🔹 Bonificación ou Exención Tributaria. Bonificación no ICIO para actividade gandeira. Silo.

MOCIÓNS
🔶 Moción BNG en relación á defensa dos traballadores/as galegos contra a criminalización das baixas laborais por parte da Xunta de Galicia.
🔶 Moción BNG para o arranxo e ampliación da Ponte sobre o Rio Requeixo na zona da Presa de Merra.
🔶 Moción PSOE sobre os centros educativos públicos (CEIP Lagostelle e CEIP Plurilingüe de Parga).

ROGOS E PREGUNTAS

Dirección

Rúa Da Deputación (Galerías Comerciales)
Guitiriz
27300

Horario de Apertura

10:30 - 12:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PSdeG-PSOE Guitiriz Grupo Municipal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir