PP de Guitiriz

PP de Guitiriz Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de PP de Guitiriz, Partido político, Rúa Boa Veciña 26/Entresuelo, Guitiriz.

07/08/2026

💧 AUGA TURBIA EN GUITIRIZ E O GOBERNO LOCAL SEN DAR RESPOSTAS🚨

Está a producirse o que xa alertábamos dende o Partido Popular de Guitiriz no pasado mes de marzo.
A mala xestión das reservas de auga do pantano, baleirado naquel momento para unha suposta "limpeza" na que non se viu maquinaria pesada sacando lodos nin traballos reais deixou o encoro nas últimas. Agora, coa chegada do verán, as consecuencias sufrenas os veciños: auga enlodada e turbia saíndo directamente dos grifos para o consumo

01/08/2026

🗣️ As "verdades" da alcaldesa de Guitiriz

Fronte ás improvisacións e aos cambios de criterio no noso concello, dende o PP de Guitiriz esiximos unha xestión seria, planificada e que responda de verdade ás necesidades da veciñanza.

29/07/2026

📉 Que vos parece o estado actual do encoro de Guitiriz?

As imaxes falan por si soas: un nivel de auga lamentable e un caudal de entrada mínimo. Dende o PP xa avisamos de que non se debía baleirar, e agora atopámonos con isto. Que explicacións nos vai dar a alcaldesa aos veciños?

25/07/2026
📺 PARGA SEGUE SEN SINAL DE TELEVISIÓNDende o apagón eléctrico sufrido o pasado sábado, unha gran parte da parroquia de P...
13/07/2026

📺 PARGA SEGUE SEN SINAL DE TELEVISIÓN

Dende o apagón eléctrico sufrido o pasado sábado, unha gran parte da parroquia de Parga continúa sen sinal de TV.

A incidencia xa foi comunicada tanto a Retegal como ao Concello, pero, varios días despois, o servizo segue sen ser restablecido.

Cómpre lembrar que o repetidor atópase nunha instalación municipal, concretamente no campo de fútbol de Parga.

➡️ Agardamos que se adopten as medidas necesarias para solucionar esta situación canto antes, xa que está afectando a numerosos veciños da parroquia.

📢 Pregamos unha actuación urxente para recuperar o servizo de televisión en Parga.

💧 O estado do pantano fala por si só. Para a altura do ano na que estamos, a falta de auga é máis que preocupante.Xa o a...
15/06/2026

💧 O estado do pantano fala por si só. Para a altura do ano na que estamos, a falta de auga é máis que preocupante.

Xa o advertimos cando se baleirou no mes de marzo, pero parece que non se tomaron as medidas necesarias. Agora estamos vendo as consecuencias dunha mala xestión e dun uso pouco responsable dun recurso tan esencial como a auga.

⚠️ Se a situación continúa así, en pouco tempo chegarán as restricións, e acabarémolas pagando entre todos.

📢 Onte recibimos a visita dunha excursión que viña g***r do noso fermoso río Parga e do noso concello.É de xustiza desta...
11/06/2026

📢 Onte recibimos a visita dunha excursión que viña g***r do noso fermoso río Parga e do noso concello.

É de xustiza destacar as magníficas e ben coidadas instalacións do CIT, das que todos podemos sentirnos orgullosos. Pero, por desgraza, a imaxe que ofrece o río na súa zona de baño é ben distinta.

❌ O lamentable estado do cauce fixo que os excursionistas non puidesen navegar, estragando unha actividade que debería ser un atractivo para visitantes e veciñanza.

💧 Queremos lembrar que a limpeza e o mantemento do río son competencia do Concello, e consideramos necesario actuar para recuperar este espazo natural tan importante para o noso municipio.

Coidar do río Parga é coidar do noso patrimonio, do turismo e da imaxe do noso concello.

21/05/2026

📍Paseo polo Curro Vello… QUE PENA!

18/05/2026

✅ Vai de fochancas VII

Dirección

Rúa Boa Veciña 26/Entresuelo
Guitiriz
27300

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PP de Guitiriz publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a PP de Guitiriz:

Atajos

Compartir

Categoría