03/09/2026
🧶 CLUB DO CROCHET 🧶
Queres aprender a facer crochet? Xa tes experiencia e queres compartir o que sabes? Ou simplemente apetéceche ter un rato para facer labores en compañía? 💛
Na biblioteca poñemos en marcha o Club do Crochet, un espazo para reunirnos, facer labores e, sobre todo, aprender unhas das outras.
Aínda que lle chamemos «Club do Crochet», a idea é que aquí teñan cabida diferentes labores e manualidades: crochet, calceta, bordado, costura, punto de cruz... Cada persoa poderá traer o que estea facendo e compartir os seus coñecementos co resto do grupo. 🧵🪡
👉 Non haberá unha profesora nin unha persoa encargada de ensinar. Aquí todas temos algo que aprender e algo que ensinar. A idea é axudarnos, resolver dúbidas, intercambiar trucos, conversar e pasar un bo rato.
E, sobre todo, queremos recuperar algo que ás veces se perde: facer estas cousas en compañía e non sempre en soidade na casa. Porque unha labor faise mellor cunha boa conversa polo medio. 😊
📌 Importante: a biblioteca non proporcionará os materiais. Cada participante deberá traer os materiais e a labor que queira realizar.
Se che apetece participar, anímate a vir! Non importa se tes moita experiencia ou se estás empezando: aquí vimos aprender entre todas. 🧶✨