Esquerda Unida Ferrol

Esquerda Unida Ferrol Queremos construír outro Ferrol: cooperativista e solidario. Vémonos nas rúas! ��

Hoxe Esquerda Unida, Ferrol en Común, Anova Ferrol, Sumar Ferrolterra e Podemos Ferrol anunciamos a vontade de construír...
21/05/2026

Hoxe Esquerda Unida, Ferrol en Común, Anova Ferrol, Sumar Ferrolterra e Podemos Ferrol anunciamos a vontade de construír unha candidatura unitaria para as municipais de 2027 en Ferrol.

Dende a nosa organización facémolo coa convicción de que a cidadanía precisa espazos amplos, honestos e comprometidos para transformar a cidade e defender os intereses da maioría social.

Porque por diante temos retos fundamentais:
• o dereito á vivenda
• o futuro industrial de Ferrolterra
• unha transición ecolóxica xusta
• o fortalecemento dos servizos públicos
• os dereitos sociais e feministas
• e unha cidade máis viva, aberta e participativa

Aprendemos, dialogamos e avanzamos con responsabilidade e ilusión.

✊ Seguimos construíndo alternativa para Ferrol.

Onte recibimos a triste nova do falecemento de Antonio Casal Velázquez de Ferrolterra Antiga, unha persoa profundamente ...
09/05/2026

Onte recibimos a triste nova do falecemento de Antonio Casal Velázquez de Ferrolterra Antiga, unha persoa profundamente implicada nos movementos sociais e comprometida coa historia, o patrimonio e a memoria da nosa cidade, entre moitas outras causas.

Desde Esquerda Unida Ferrol trasladamos o noso máis sentido pésame á súa familia e amigos.

Que a terra lle sexa leve.

Fotografía: Diario de Ferrol.

28/04/2026

A sede da Cruz Vermella en Ferrol apareceu esta mañá vandalizada con adhesivos que conteñen mensaxes de odio e discriminación, atribuídos a grupos neonazis.

Condenamos con firmeza a difusión deste tipo de discursos de odio e exclusión contra unha parte da nosa sociedade por parte de grupúsculos fascistas.

Queremos expresar o noso máis profundo apoio ás traballadoras da Cruz Vermella polo seu labor imprescindible, axudando ás persoas máis vulnerables e en situación de exclusión social da nosa cidade.

Fascismo nunca máis.

Hoxe rendemos homenaxe aos valores republicanos que nos unen e nos fan máis fortes.Á fraternidade que constrúe, á loita ...
18/04/2026

Hoxe rendemos homenaxe aos valores republicanos que nos unen e nos fan máis fortes.

Á fraternidade que constrúe, á loita que transforma e, especialmente, á loita feminista que abre camiños.

Todo iso ten un nome propio: Fina Varela ❤️

Grazas a todas as que participastes nun día tan emotivo.

✊🏻 Saúde e República

Este sábado 18 de abril agardámosvos na Asociación Veciñal de Canido para disfrutar do noso vermú republicano! Non vos e...
16/04/2026

Este sábado 18 de abril agardámosvos na Asociación Veciñal de Canido para disfrutar do noso vermú republicano! Non vos esquezades de confirmar!

🔴🟡🟣    ✊ Hoxe, xunto co Partido Comunista de Galicia en Ferrolterra, celebramos unha ofrenda floral na placa situada no ...
14/04/2026

🔴🟡🟣

✊ Hoxe, xunto co Partido Comunista de Galicia en Ferrolterra, celebramos unha ofrenda floral na placa situada no muro de Canido e no memorial do Parque Antón Varela en recordo das máis de 900 vítimas do franquismo nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

👉 Ademais, estivemos no acto de recolocación da placa en memoria das persoas traballadoras do naval asasinadas por defender a legalidade republicana na porta de Navantia.

13/04/2026

‼️ Esquerda Unida esixe a retirada inmediata do plan “para combater o fraude nas baixas laborais” anunciado polo Goberno da Xunta por ser “lesivo para os dereitos laborais e sanitarios”.

🗣 Alba Torreiro: “Estamos ante un ataque directo a dous piares básicos do Estado social: o dereito á protección da saúde e o dereito á baixa laboral por enfermidade sen presións nin inxerencias empresariais. A Xunta pretende criminalizar ás persoas traballadoras e abrir a porta á privatización encuberta das baixas médicas”.

👉🏽 Esquerda Unida esixe un compromiso firme de que as mutuas non terán ningún papel na fiscalización das baixas médicas así como un plan urxente de reforzo da sanidade pública e da atención primaria.

📌 http://esquerdaunida.org/?p=18989

✊ Ofrenda floral en lembranza de todas as que loitaron pola liberdade e a legalidade republicana.📍 Placa do antigo cemit...
11/04/2026

✊ Ofrenda floral en lembranza de todas as que loitaron pola liberdade e a legalidade republicana.

📍 Placa do antigo cemiterio de Canido
🗓️ Martes, 14 de abril - 12:30 h

Organiza: Esquerda Unida Ferrol y Partido Comunista de Galicia en Ferrolterra

Esta mañá asistimos ao acto organizado polo Comité de Navantia para lembrar aos traballadores e traballadoras que foron ...
14/04/2025

Esta mañá asistimos ao acto organizado polo Comité de Navantia para lembrar aos traballadores e traballadoras que foron represaliados pola dictadura cando loitaban por manter a legalidade republiana.

Dirección

R/Sol 124 Entrechán Esquerda
Ferrol
15402

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Esquerda Unida Ferrol publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir