ANPA O Barullo - EIM A Solaina

ANPA O Barullo - EIM A Solaina Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as da Escola Infantil Municipal "A Solaina"

29/11/2021

Bo día familias!
Desde a Asociación de nais e pais: ANPA "O Barulllo" queriamos comunicarvos a continuidade da Asociación. Polo de agora, só somos 7 nais, dónde xa están nomeados os cargos principais.
Dende a ANPA, pedimos a colaboración das familias interesadas para formar parte desta, e poder conseguir dous vocais máis que son os necesarios. Quen estea interesado/a pode contactar coa escola (Belén) ou email da Asociación: [email protected] e agradecemos a máxima colaboración posible.
Realmente non implicaría moito tempo e escaso traballo, xa que debido a situación que estamos a vivir non se van a realizar moitas actividades, polo de agora só queremos darlle continuade a ANPA e non perder todo o que se conseguiu ata o día de hoxe.
Agradecemos a maior brevidade posible xa que temos un plazo duns quince días para a presentación no Concello de todos os cambios!!
Animamos a todas as familias que queiran, a colaborar coa ANPA " O Barullo" para poder conseguir todo o beneficio posible para os noso fill@s!

Un saúdo e grazas pola vosa colaboración!

21/10/2021

Copio un correo que nos chega a ANPA:

Boa tarde, somos A Escola da Vaca, centro adicado ao ensino musical en Ferrol dende o ano 1998.
Poñémonos en contacto con vós, porque estamos preparando unha nova disciplina para impartir no noso centro, que pensamos que pode ser de interese para o voso alumnado, trátase de EDUCACIÓN MUSICAL TEMPRANA, que está dirixida a nen@s de 0 a 3 anos, no que utilizaremos a música como vehículo para alcanzar o leno desenrolo cognitivo, psicomotor e socioafectivo. A idea é poder facer grupos por idades, e que menores de 2 anos estén acompañados por un adulto.

Adxuntamos a información polo miúdo ao respecto da actividade.

Agradeceriamos lles puidesedes facer chegar esta información ás familias que acuden aos vosos centros, para as que poidan estar interesadas. Pensamos que podedes ser un nexo común moi importante entre nós e elas. Agradecemos de antemán a vosa axuda.

Calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nós, nos nosos teléfonos de contacto: 981 36 40 38/ 630 43 39 44, ou nesta dirección de correo electrónico [email protected].

Grazas

Un saúdo
Marta

Ola familias!Os vosos nenos e nenas de 2-3 anos rematarán  etapa na  escola e  chega o momento de acceder ao segundo cic...
10/02/2021

Ola familias!

Os vosos nenos e nenas de 2-3 anos rematarán etapa na escola e chega o momento de acceder ao segundo ciclo de Educación Infantil.

Querémosvos achegar un folleto con información dos centros educativos públicos de Narón. Tamén vos enviamos o enlace á web BUSCOCOLE, onde podedes recabar máis información.

Este ano, o prazo de solicitude de admisión se abrirá do 1 ao 22 de marzo e as solicitudes tramitaranse nos centros educativos de segundo ciclo.

O enlace á web BUSCOCOLE é o seguinte, tamén podedes acceder a través dun banner que hai na web www.naron.es

http://buscocole.naron.es/


Esta información foi facilitada ás Escolas polo Servizo Sociocomunitario Municipal do Concello de Narón

Saúdos!

Inicio Buscocole é un proxecto web no que introducindo o teu enderezo de residencia en Narón poderás consultar os centros educativos de referencia que che corresponden. Preme no logotipo do Concello para acceder á páxina web oficial do concello de Narón: Aquí poderás consultar a oferta educa...

Boas tardes,Publicamos o que nos envían dendo o colexio de Neda!
10/02/2021

Boas tardes,

Publicamos o que nos envían dendo o colexio de Neda!

02/11/2020

Este ano a Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil (MOTIX), terá lugar os domingos de novembro, no Pazo da Cultura de Narón.
Tres pases por espectáculo e día; ás 12.30h, e ás 18h
Aforo máximo de 30 persoas por función, e as entradas están dispoñibles para todos os membros da familia.
Comezamos este DOMINGO 8 coa obra de teatro "Rosalía".

ROSALÍA é moito máis que un achegamento teatral á vida e obra de Rosalía de Castro, é un espectáculo necesario. Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía a unha rapaza alegre, forte e curiosa como eles/as, que vive, xoga e goza no país da infancia.Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por unha equipa de mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras.

María Rosalía Rita tamén foi nena. As biografías non o contan, pero unha das grandes voces literarias da historia tamén foi nena e foi nena que cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.

*Entradas XÁ Á VENDA nas billeteiras do Pazo ou a través da nosa web:
www.padroadodecultura.es
+info 981 102 897


23/10/2020
04/09/2020

10/08/2020

Bos días, compartimos comunicado das Escolas para informar a todas as familias que volvan este mes de setembro.

15/06/2020
03/05/2020

Felicidades mamás! 😍

Para motivar a l@s peques 😉
26/04/2020

Para motivar a l@s peques 😉

Dirección

Ferrol

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ANPA O Barullo - EIM A Solaina publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a ANPA O Barullo - EIM A Solaina:

Compartir