Podemos Ferrol

Podemos Ferrol Páxina oficial do Circulo de Podemos Ferrol

28/05/2023

Os resultados son malos. Presentámonos para combater a abstención e non o fixemos.

Dixemos que as forzas con representación non mobilizaban e que nós en solitario non chegábamos. Foi peor do esperado.

Grazas ás 500 persoas que votaron por nós.

Seguimos traballando.

O noso candidato Aitor Cordero xa votou no seu colexio de Recimil!🗳️Enchamos ás urnas 💜
28/05/2023

O noso candidato Aitor Cordero xa votou no seu colexio de Recimil!🗳️

Enchamos ás urnas 💜

26/05/2023

📻 👉 Moita xente sabe que a garantía de que os vindeiros 4 anos haxa un goberno estable que recolla as demandas da veciñanza e poña enriba da mesa unha axenda transformadora é Podemos.

26/05/2023

📻 Fai uns días Aitor Cordeiro estivo en RadioVoz Ferrol explicando o noso proxecto para Ferrol.

"Desde que Podemos está na política hai gobernos de coalición a todos os niveis. Cando se fracasa é cando cada un tira para o seu, cando se fai un combate dialéctico cada mes, pero iso non se traduce en acordos que realmente sirvan para poñer enriba da mesa unha axenda e avanzar."

Podedes escoitar a entrevista aquí 👇

https://go.ivoox.com/rf/108808814

25/05/2023

💜 Onte Juan Carlos Monedero estivo apoiando ao noso candidato á alcaldía, Aitor Cordeiro. Ferrol precisa deixar atrás esa inercia de todos estes anos nos que os avances foron mínimos. A vella política ten que marchar.

O voto de Podemos será o que determine que na nosa cidade teñamos un goberno de esquerdas realmente transformador.

Contra a indiferenza. Pola alegría. Grazas Juan Carlos.


❗ Lembrade que hoxe ás 18:00 h. Juan Carlos Monedero estará no Ateneo Ferrolán apoiando a candidatura de Podemos-Alianza...
24/05/2023

❗ Lembrade que hoxe ás 18:00 h. Juan Carlos Monedero estará no Ateneo Ferrolán apoiando a candidatura de Podemos-Alianza Verde en Ferrol.

Acto principal de campaña Podemos-Alianza Verde Ferrol

👏🏼Temos a honra de contar con Juan Carlos Monedero, presidente do Instituto República y Democracia.

Intervirá Aitor Cordero, candidato a alcaldía, e Susana López, secretaria de Economía de Podemos Galicia e número 4 da lista. Presentará o acto a nosa compañeira Carmen Cuesta.

🗓️Mércores 24 de Maio
⏰ 18:00H
📍Ateneo Ferrolan (C/ Magdalena, 202)


O luns, Susana López falou, no debate organizado por Alvixe , da necesidade de levar a cabo políticas feministas no ámbi...
24/05/2023

O luns, Susana López falou, no debate organizado por Alvixe , da necesidade de levar a cabo políticas feministas no ámbito municipal:

👉 Creación dunha concellería de Igualdade especifica. O feminismo debe ser transversal en todas as políticas municipais. Non soamente nas referentes a benestar social, tamén na economía, no emprego (as políticas de emprego tamén teñen que estar atravesadas pola perspectiva de xénero), o urbanismo, a mobilidade, a cultura, a educación e o deporte.

👉 Fomento de contenidos, proxectos e programación cultural impulsados por mulleres e persoas do colectivo LGTBI, fomentando a diversidade e a perspectiva de xénero.

👉 Impulso do Plan Corresponsables e as bolsas de coidados, para favorecer no soamente a conciliación, tamén o uso de equipamentos culturais, deportivos e de ocio.

👉 O Consello da Muller ten que fomentar a participación e temos que transformar a Casa da Muller nun punto de referencia para o desenvolvemento de iniciativas que fomenten a igualdade.

✅ Establecer de forma permanente a gratuidade do servizo de autobús urbano.✅ Incremento do IBI (150%) nas vivendas balei...
23/05/2023

✅ Establecer de forma permanente a gratuidade do servizo de autobús urbano.

✅ Incremento do IBI (150%) nas vivendas baleiras de grandes propietarios.

✅ Eliminar a contratación de Empresas de Traballo Temporal (ETT´s) para a realización de calquera actividade que dependa directa ou indirectamente do Concello.

✅ Ampliación do persoal e dos recursos do Parque de Bombeiros e da Policía Local tendo como referencia a ratio que marca a lei (1,5 por cada 1.000 habitantes).

✅ Plan Director de Participación Cidadá Municipal que determine a dimensión estratéxica de cidade en materia de participación.

✅ Recuperación do Padroado de Deportes.

✅ Creación dunha Renda Garantida Municipal.

✅ Creación dunha Concellería específica para as políticas de igualdade, diversidade e contra a violencia machista.

✅ Creación dun Rexistro Municipal de Persoas con Animais de Compañía.

✅ Creación dunha dotación orzamentaria para o mantemento dos locais sociais.

❗Podedes descargar o Programa completo neste enlace 👇

https://drive.google.com/file/d/1jc4sGO5ONaVANrR3cxMmCshWrRhGEbBi/view?usp=drivesdk

Acto principal de campaña Podemos-Alianza Verde Ferrol👏🏼Temos a honra de contar con Juan Carlos Monedero, presidente do ...
22/05/2023

Acto principal de campaña Podemos-Alianza Verde Ferrol

👏🏼Temos a honra de contar con Juan Carlos Monedero, presidente do Instituto República y Democracia.

Intervirá Aitor Cordero, candidato a alcaldía, e Susana López, secretaria de Economía de Podemos Galicia e número 4 da lista. Presentará o acto a nosa compañeira Carmen Cuesta.

🗓️Mércores 24 de Maio
⏰ 18:00H
📍Ateneo Ferrolan (C/ Magdalena, 202)


📆 Mañá, ás 19:00 horas, Susana López , n°4 da nosa candidatura e Secretaria de Economía de Podemos Galicia , explicará a...
21/05/2023

📆 Mañá, ás 19:00 horas, Susana López , n°4 da nosa candidatura e Secretaria de Economía de Podemos Galicia , explicará as propostas feministas que temos para Ferrol no Ateneo Ferrolán.

No debate, organizado por Alvixe , participarán candidatas das formacións políticas que concorren ás eleccións municipais.

‼️Este 28M necesitamos un ollo en cada mesa electoral! Quedan 7 días para o 28 de maio e aínda estades a tempo de facerv...
21/05/2023

‼️Este 28M necesitamos un ollo en cada mesa electoral!

Quedan 7 días para o 28 de maio e aínda estades a tempo de facervos apoderadas e defender cada voto de Podemos.

✍️ Apúntate en https://apoderados.podemos.info/ seleccionando o teu colexio de preferencia.

Bo día a todas e todos! 📝 Presentamos as nosas 10 medidas para mellorar Ferrol. A nosa cidade precisa un acordo de mínim...
20/05/2023

Bo día a todas e todos!

📝 Presentamos as nosas 10 medidas para mellorar Ferrol. A nosa cidade precisa un acordo de mínimos entre as forzas progresistas. Unha axenda transformadora que poña á veciñanza no centro dunha vez para comezar unha nova etapa que deixe atrás as dificultades dos últimos mandatos.

👉 Auditoría sobre as contas, rendementos e grao de execución dos principais contratos de servizos privatizados polo Concello.

👉 Incremento do IBI (150%) daquelas vivendas e locais comerciais baleiros de grandes propietarios que non saian realmente ao mercado.

👉 Creación dunha dotación orzamentaria para o mantemento dos locais sociais. Esta medida afectaría especialmente á veciñanza da Zona Rural, xa que moitas das asociacións denuncian desde fai tempo o estado no que se encontran ditas instalacións.

👉 Creación dunha comercializadora enerxética pública de enerxía renovable que poida suministrar, nunha primeira fase, ás institucións municipais, para abrila despois a outras entidades e á cidadanía.

Dirección

Rúa Igrexa 38
Ferrol
15402

Horario de Apertura

Martes 18:00 - 20:00
Viernes 18:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Podemos Ferrol publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría