07/09/2026
🚧 FERROL, EN PARÁLISE
O goberno de Rey Varela presume de xestión, pero a realidade que esconden os expedientes municipais é ben distinta: obras atrasadas, proxectos que teñen que ser corrixidos e licitacións que quedan desertas.
🔴 Doniños: licitación de 141.738,50 € que queda deserta tras rexeitarse a única oferta presentada.
🔴 Plan POS 2026: ata catro proxectos tiveron que ser modificados por requirimentos da Deputación debido a erros nos proxectos técnicos.
🔴 Recimil: obras financiadas con fondos europeos Next Generation acumulan novas prórrogas e atrasos de máis de catro meses.
📢 Desde o PSOE de Ferrol esiximos transparencia, planificación e responsabilidade.
Non abonda con predicar transparencia fóra de Ferrol. Hai que aplicala tamén aquí.
👉 Ferrol merece un goberno que cumpra os prazos e dea explicacións.
Doniños ReyVarela