CFR Ferrol

CFR Ferrol O CFR de Ferrol é un órgano que ten como obxectivo a formación permanente do profesorado que impa

14/07/2023

Rematamos o fluxo de mobilidade á República de Irlanda 🇮🇪. Voltamos coa maleta cargada de novas ideas para desenvolver as competencias de speaking, listening, reading, writing and mediation que se poñerán en práctica no curso 2023/2024.

Afondamos na lingüística de corpus, na cultura irlandesa e na variedade de Hiberno English. Aprendimos a levar á aula de linguas estranxeiras elementos STEAM como dinámicas de creación de prototipos ou obradoiros de stop motion. Visitamos as instalacións do MIC na Universidade de Limerick, entre as que destacamos a estación de radio Wired FM.

Unha experiencia enriquecedora na que participaron, xunto co CFR de Ferrol, docentes dos: CEIP Cruceiro de Canido, CPI do Feal, IES Breamo, IES Concepción Arenal, IES Cabo Ortegal, IES de Ortigueira e IES Sofía Casanova.

🌍🇮🇪

No marco do proxecto acreditado KA121-SCH que coordina o CFR de Ferrol, docentes do CEIP Cruceiro de Canido, CPI do Feal...
11/07/2023

No marco do proxecto acreditado KA121-SCH que coordina o CFR de Ferrol, docentes do CEIP Cruceiro de Canido, CPI do Feal, IES Breamo, IES Cabo Ortegal, IES Concepción Arenal, IES de Ortigueira e IES Sofía Casanova están a desenvolver durante esta semana un curso estruturado sobre o ensino do inglés como lingua estranxeira no Mary Immaculate College en Limerick, Irlanda.

O obxectivo fundamental é a mellora metodolóxica no ensino da lingua inglesa. Para isto, estanse a abordar aspectos teóricos e lingüísticos, así como recursos, estratexias e ideas que fomenten a produción e o desenvolvemento de competencias por parte do alumnado.

🇮🇪🍀

Nos últimos días, o CFR de Ferrol participou nas "Xornadas iniciais de proxectos de mobilidade Erasmus+ KA121 en educaci...
28/06/2023

Nos últimos días, o CFR de Ferrol participou nas "Xornadas iniciais de proxectos de mobilidade Erasmus+ KA121 en educación escolar e educación de persoas adultas", en calidade de centro acreditado en educación escolar no programa Erasmus+ 21-27.

As xornadas tiveron lugar na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) e nelas abordáronse aspectos fundamentais relacionados coas prioridades, a organización e a xestión dos fluxos de mobilidade, sen esquecer a difusión e outros aspectos esenciais nos proxectos Erasmus+.

Servicio Español para la Internacionalización de la Educación

Tarde de formación no CFR de Ferrol con Coral Elizondo. A organización do centro educativo e o desenvolvemento do curríc...
15/06/2023

Tarde de formación no CFR de Ferrol con Coral Elizondo. A organización do centro educativo e o desenvolvemento do currículo baixo a perspectiva do Deseño Universal para a Aprendizaxe.

Esta sesión é a primeira fase dun proceso práctico que continuaremos no mes de novembro.

Esta semana o IES Sofía Casanova recibiu en Ferrol aos docentes do IES a Cachada de Boiro que están a participar na segu...
09/06/2023

Esta semana o IES Sofía Casanova recibiu en Ferrol aos docentes do IES a Cachada de Boiro que están a participar na segunda fase do programa Observa_Acción.

Foi unha intensa xornada de aprendizaxe na que se compartiron experiencias, ideas e boas prácticas, e sobre a que se realizou unha reflexión conxunta entre os dous centros educativos.

Rematamos a semana coa mobilidade a Tallín (Estonia) no marco da acreditación Erasmus+ KA121-SCH que coordina o CFR de F...
09/06/2023

Rematamos a semana coa mobilidade a Tallín (Estonia) no marco da acreditación Erasmus+ KA121-SCH que coordina o CFR de Ferrol.

Neste caso, o profesorado participante recibiu formación na Universidade de Estonia, onde puido coñecer o seu sistema educativo (historia, situación actual, resultados dos informes PISA...) e aprender sobre a integración do STEAM e a robótica educativa nas aulas.

Participaron docentes dos CEE Terra de Ferrol, CEEPR Aspanaes, CEIP Plurilingüe Ángela Ruiz Robles, CEIP Isaac Peral, CEIP José María Lage, CPR Plurilingüe Cristo Rey, CPR Valle Inclán I, IES As Telleiras, IES Concepción Arenal, IES de Canido, IES Moncho Valcarce e IES Plurilingüe Castro da Uz.

🌍🇪🇺🇪🇪

No marco da acreditación Erasmus+ KA121-SCH, o CFR de Ferrol visitou o Vilniaus Pilaitės Gimnazija, que é o centro máis ...
06/06/2023

No marco da acreditación Erasmus+ KA121-SCH, o CFR de Ferrol visitou o Vilniaus Pilaitės Gimnazija, que é o centro máis innovador de Lituania 🇱🇹 no que respecta ao deseño de espazos.

Recibiunos Mindaugas Briedis, o director, nun fluxo de mobilidade no que nos acompañaron os: CEE Terra de Ferrol, CEEPR Aspanaes, CEIP Plurilingüe Ángela Ruiz Robles, CEIP Isaac Peral, CEIP José María Lage, CPR Plurilingüe Cristo Rey, CPR Valle Inclán I, IES As Telleiras, IES Concepción Arenal, IES de Canido, IES Moncho Valcarce e IES Plurilingüe Castro da Uz.

O CFR de Ferrol foi recibido hoxe pola Directora Xeral de Educación da República de Lituania. Na reunión, que tivo lugar...
05/06/2023

O CFR de Ferrol foi recibido hoxe pola Directora Xeral de Educación da República de Lituania. Na reunión, que tivo lugar no Ministerio de Educación, Ciencia e Deportes, falouse do sistema educativo, dos cambios introducidos no seu novo currículo, a avaliación do profesorado, a dirección nos centros educativos, a aprendizaxe de linguas estranxeiras, a competencia dixital e as oportunidades de internacionalización.

Asistiu á mesma profesorado representante dos CEE Terra de Ferrol, CEEPR Aspanaes, CEIP Plurilingüe Ángela Ruiz Robles, CEIP Isaac Peral, CEIP José María Lage, CPR Plurilingüe Cristo Rey, CPR Valle Inclán I, IES As Telleiras, IES Concepción Arenal, IES de Canido, IES Moncho Valcarce e IES Plurilingüe Castro da Uz.

🇱🇹

O pasado venres tivo lugar no Edificio Fontán da Cidade da Cultura o acto de entrega de premios dos Retos de Polos Creat...
04/06/2023

O pasado venres tivo lugar no Edificio Fontán da Cidade da Cultura o acto de entrega de premios dos Retos de Polos Creativos.

O profesorado e alumnado implicado recolleron o seu premio e expuxeron o seu traballo. Parabéns!

Ademais, durante a xornada desenvolveuse un coloquio a cargo de Lluís Miralles i Verge, do CERN, así como obradoiros de papiroflexia, intelixencia artificial e mesas sísmicas.



Onte o CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero actuou como centro de acollida na 2️⃣ fase do programa Observa_Acción.O ...
30/05/2023

Onte o CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero actuou como centro de acollida na 2️⃣ fase do programa Observa_Acción.

O seu centro de emparellamento, o CEIP de Ardán (Marín), realizou a observación nas súas liñas comúns (didáctica e dixital). Mañá día 31 será no CEIP de Ardán onde continúe a observación e o proceso de intercambio.

O CFR de Ferrol acompañou á Università delle LiberEtà na celebración dos seus 30 anos de traxectoria. Parabéns! Aproveit...
29/05/2023

O CFR de Ferrol acompañou á Università delle LiberEtà na celebración dos seus 30 anos de traxectoria. Parabéns!
Aproveitamos a viaxe para levar a cabo unha xornada de traballo co fin de planear futuros proxectos con Italia, Finlandia e Israel no marco das nosas acreditacións Erasmus+.

🇪🇺

Dirección

R/O Galego Soto, S/n
Ferrol
15403

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Martes 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CFR Ferrol publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir