09/07/2026
🤝🌿Consciente de que sen remuda xeracional no agro galego a súa supervivencia será só unha quimera, Nó Rural dá un paso adiante, e apostamos por identificar as explotacións que finalizarán a súa actividade nos próximos anos e ofrecerlles un acompañamento que facilite a chegada de persoas emprendedoras que vexan o seu futuro no rural tomando o relevo.
🤳Para a creación desta base de datos, lanzamos unha enquisa dirixida a persoas próximas á xubilación, que poden empezar a pensar no futuro de cara a asegurar a continuidade da explotación e a xestión territorial que esta vén desempeñando.
🙂Se é o voso caso, cubrir o formulario apenas vos levará 5 minutos: https://norural.gal/enquisas/, e se coñecedes a alguén que se atope nesta situación, vos agradecemos que nos axudedes compartíndolle o enlace
🖱️Na nosa web, tamén podedes ampliar info sobre a iniciativa!
-
-