Concello do Barco de Valdeorras / Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras

Concello do Barco de Valdeorras / Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras Página oficial del Concello de O Barco en facebook.

Visítanos también en: www.concellodobarco.org
Protección de Datos
https://www.concellodobarco.gal/gl/proteccion-de-datos Visítanos también en: www.concellodobarco.org Se comunica a todos los usuarios que el Administrador de esta página web procederá al borrado de los mensajes inapropiados

𝐈𝐍𝐀𝐔𝐆𝐔𝐑𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐀 𝐅𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐎𝐃𝐔𝐓𝐎𝐒 𝐓𝐑𝐀𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎𝐍𝐀𝐈𝐒 𝐃𝐎 𝐄𝐈𝐗𝐎 𝐀𝐓𝐋𝐀́𝐍𝐓𝐈𝐂𝐎, 𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐄 𝐍𝐎𝐑𝐓𝐄 𝐃𝐄 𝐏𝐎𝐑𝐓𝐔𝐆𝐀𝐋🎤 A concelleira de Turism...
05/09/2026

𝐈𝐍𝐀𝐔𝐆𝐔𝐑𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐀 𝐅𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐎𝐃𝐔𝐓𝐎𝐒 𝐓𝐑𝐀𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎𝐍𝐀𝐈𝐒 𝐃𝐎 𝐄𝐈𝐗𝐎 𝐀𝐓𝐋𝐀́𝐍𝐓𝐈𝐂𝐎, 𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐄 𝐍𝐎𝐑𝐓𝐄 𝐃𝐄 𝐏𝐎𝐑𝐓𝐔𝐆𝐀𝐋

🎤 A concelleira de Turismo, Alba Rodríguez, inaugurou a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, acompañada do concelleiro de Servicios Sociais, Orlando Saavedra, na mañá deste sábado día 5 de setembro. Aludiu Alba nas súas palabras, á "𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐢𝐝𝐞𝐧𝐭𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 e á 𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐭𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧", posto que "os produtos tradicionais representan a historia de moitas xeracións", xa que "detrás de cada produto que hoxe podemos descubrir nesta feira, hai coñecemento, esforzo dedicación e un profundo vínculo ca terra".

🤝 Salientou a concelleira a "vontade do Eixo Atlántico de 𝐮𝐧𝐢𝐫 𝐭𝐞𝐫𝐫𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨𝐬, de crear lazos, de demostrar que cando colaboramos, somos moito máis fortes".

🧀 Un total de 20 expositores, con produtos gastronómicos de calidade e garantía de orixe, pódense visitar entre hoxe sábado e mañá domingo, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas, na 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐚 𝐀𝐧𝐝𝐫𝐞́𝐬 𝐝𝐞 𝐏𝐫𝐚𝐝𝐚 da vila.

𝐆𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐑 𝐓𝐎𝐃𝐎, 𝐃𝐈𝐀𝐍𝐀Este xoves, no pleno ordinario do mes de setembro, despedimos no Concello á nosa compañeira 𝐃𝐢𝐚𝐧𝐚 ...
04/09/2026

𝐆𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐑 𝐓𝐎𝐃𝐎, 𝐃𝐈𝐀𝐍𝐀

Este xoves, no pleno ordinario do mes de setembro, despedimos no Concello á nosa compañeira 𝐃𝐢𝐚𝐧𝐚 𝐔𝐫𝐝𝐚𝐧𝐠𝐚𝐫𝐚𝐲, 𝐪𝐮𝐞 𝐝𝐞𝐢𝐱𝐚 𝐨 𝐚𝐜𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐥𝐨𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝟏𝟏 𝐚𝐧𝐨𝐬 de duro traballo. Concelleira de Medio Ambiente e segunda teniente de alcalde, Diana deixa un listón moi alto e un oco enorme nos nosos corazóns, por tantas cousas compartidas neste tempo.

A súa renuncia chega 𝐩𝐨𝐫 𝐦𝐨𝐭𝐢𝐯𝐨𝐬 𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐢𝐬, que non lle permiten compaxinar a súa faceta profesional coa política municipal e de servicio público, porque como ela mesma afirma, "eu son das que pensa que para estar de concelleira hai que dar o 100%, e eu nestes momentos non podo dalo".

Tralas bágoas e aplausos compartidos, despois dunhas palabras que a todos emocionaron, a renuncia puxo fin a unha etapa que comezou en 2015, e que trouxo 𝐦𝐨𝐢𝐭𝐨𝐬 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨𝐬, con moitas persoas implicadas, que onte quixo lembrar e abrazar, porque moitas delas estaban alí para apoiala na súa despedida.

O alcalde, Aurentino Alonso agredeceu a súa "dedicación e compromiso", ademais da súa dispoñibilidade sempre, e lealdade, durante todos estes anos.

Javier Rodríguez Tato será a persoa que tome o relevo e pase a formar parte da corporación municipal no seu lugar.

📣 Chega a agardada 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐏𝐚𝐧𝐝𝐢𝐥𝐥𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐂𝐫𝐢𝐬𝐭𝐨 𝟐𝟎𝟐𝟔. Animádevos a participar!
03/09/2026

📣 Chega a agardada 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐏𝐚𝐧𝐝𝐢𝐥𝐥𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐂𝐫𝐢𝐬𝐭𝐨 𝟐𝟎𝟐𝟔.
Animádevos a participar!

𝐎 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐨 𝐁𝐚𝐫𝐜𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚 𝐚 𝐕𝐈 𝐞𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚 𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐏𝐫𝐨𝐝𝐮𝐭𝐨𝐬 𝐓𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐨 𝐄𝐢𝐱𝐨 𝐀𝐭𝐥𝐚́𝐧𝐭𝐢𝐜𝐨, 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐞 𝐍𝐨𝐫𝐭𝐞 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐫𝐭...
03/09/2026

𝐎 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐨 𝐁𝐚𝐫𝐜𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚 𝐚 𝐕𝐈 𝐞𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚 𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐏𝐫𝐨𝐝𝐮𝐭𝐨𝐬 𝐓𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐨 𝐄𝐢𝐱𝐨 𝐀𝐭𝐥𝐚́𝐧𝐭𝐢𝐜𝐨, 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐞 𝐍𝐨𝐫𝐭𝐞 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐫𝐭𝐮𝐠𝐚𝐥

Este ano contará cun total de 𝟐𝟎 𝐩𝐫𝐨𝐝𝐮𝐭𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐨𝐮 𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬𝐚́𝐧𝐬 participantes, que ofertarán produtos gastronómicos de calidade, garantía de orixe, e elaborados no rural.

O evento desenvolverase na Praia Fluvial do Malecón, 𝐨𝐬 𝐝𝐢́𝐚𝐬 𝟓 𝐞 𝟔 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e contará con actividades complementarias.

O sábado será o día no que teña lugar a 𝐈𝐈 𝐞𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨 "𝐂𝐨𝐧𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐃𝐞𝐛𝐮𝐱𝐚 𝐎 𝐒𝐢𝐥" ✍️, no que os participantes deberán debuxar unha paisaxe na que apareza o Sil ao seu paso polo Barco. Haberá dúas quendas de participación: de 11:30 a 13:30 horas, será a quenda da categoría de menores de 14 anos, e de 17:00 a 20:00 horas, será a quenda da categoría de maiores de 14 anos. Resultará premiado o mellor debuxo de cada categoría.

A enóloga Cristina Murga dirixirá a actividade 🥂 “𝐂𝐚𝐭𝐚𝐬 𝐧𝐨 𝐒𝐢𝐥”, que se desenvolverá tanto o sábado como o domingo, ás 12:00 horas. A iniciativa consistirá nunha cata/degustación de produtos da Feira, ao prezo de 5 euros, con prazas limitadas.

👐 Dous obradoiros gratuítos e con prazas limitadas, desenvolveranse durante a Feira. O obradoiro de modelado “𝐁𝐚𝐫𝐫𝐨 𝐋𝐢𝐛𝐫𝐞”, terá lugar o sábado ás 17:00 horas, da man de Ceniza de Papel. Outro obradoiro, nesta ocasión de cosmética botánica “𝐂𝐫𝐞𝐦𝐚 𝐟𝐚𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐞 𝐜𝐨𝐫𝐩𝐨𝐫𝐚𝐥”, terá lugar o domingo ás 17:00 horas, da man de Piel Natura.

O sábado tamén haberá tempo para a degustación gastronómica co 🍽️ “𝐒𝐡𝐨𝐰𝐜𝐨𝐨𝐤𝐢𝐧𝐠 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐬𝐚 𝐏𝐚𝐦𝐩𝐢́𝐧”, que se desenvolverá a partir das 19:00 horas.

A 𝐦𝐮́𝐬𝐢𝐜𝐚 🎵 será protagonista durante todo o evento coas actuacións musicais dos grupos “Os Parrandas” e “Dos en punto”, o concerto de “Ariadna Santana” e o DJ “Rapariga”, que se encargarán de amenizar as dúas xornadas.

A Feira contará cunha zona de 🚚 𝐅𝐨𝐨𝐝𝐭𝐫𝐮𝐜𝐤𝐬, onde os visitantes poderán g***r de múltiples opcións de comida e bebida.

Máis info: https://www.concellodobarco.gal/

𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐄𝐒𝐂𝐔𝐋𝐓𝐔𝐑𝐀 𝐃𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐀𝐔𝐑𝐄𝐀𝐍𝐀 𝐃𝐎 𝐑𝐈́𝐎 𝐒𝐈𝐋 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝐁𝐀𝐑𝐂𝐎 ✨O Concello do Barco converterase no epicentro do voluntariado xuv...
02/09/2026

𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐄𝐒𝐂𝐔𝐋𝐓𝐔𝐑𝐀 𝐃𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐀𝐔𝐑𝐄𝐀𝐍𝐀 𝐃𝐎 𝐑𝐈́𝐎 𝐒𝐈𝐋 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐎 𝐁𝐀𝐑𝐂𝐎 ✨

O Concello do Barco converterase no epicentro do voluntariado xuvenil, coa celebración do campo de voluntariado "𝐂𝐚𝐦𝐢𝐧̃𝐨 𝐝𝐞 𝐈𝐧𝐯𝐞𝐫𝐧𝐨: 𝐍𝐚𝐭𝐮𝐫𝐞𝐳𝐚 𝐞 𝐀𝐫𝐭𝐞 𝐞𝐧 𝐜𝐚𝐝𝐚 𝐩𝐚𝐬𝐨", organizado polos responsables da entidade Eco dos Teixos especializada en educación ambiental e dinamización rural, no marco da programación Acción de Verán da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

O programa, que se levará a cabo 𝐝𝐨 𝟑 𝐚𝐨 𝟏𝟒 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨, reunirá a 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐝𝐞𝐜𝐞𝐧𝐚 𝐝𝐞 𝐦𝐨𝐳𝐨𝐬 𝐞 𝐦𝐨𝐳𝐚𝐬 𝐯𝐨𝐥𝐮𝐧𝐭𝐚𝐫𝐢𝐚𝐬 procedentes de diversos puntos de toda a península, concretamente das provincias de Castellón, Valencia, Madrid, Sevilla, Albacete, Ourense e Pontevedra.

Un dos fitos máis salientables e orixinais deste proxecto será a creación dunha 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐯𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐚𝐫𝐭𝐢́𝐬𝐭𝐢𝐜𝐚 𝐝𝐞 𝐋𝐚𝐧𝐝 𝐀𝐫𝐭 que quedará instalada de xeito permanente no Paseo do Malecón do Barco.

A obra estará dirixida polas creadoras do obradoiro local Artesanía Enxebre de Valdeorras, que serán as que guiarán aos voluntarios en todo o proceso creativo e de execución, con elementos da natureza 🌱

A obra inspirará o seu deseño no símbolo da 𝐚𝐮𝐫𝐞𝐚𝐧𝐚, concibida como unha emotiva homenaxe ás históricas bateadoras de ouro 💫 que, dende a época romana, traballaron nas marxes e nas augas do río Sil ao seu paso por Valdeorras. Así mesmo, representará un fito no Camiño de inverno, para que os peregrinos poidan coñecer mellor e vincularse coa historia da comarca pola cal camiñan.

𝐔𝐧 𝐩𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐛𝐚𝐬𝐞𝐚𝐝𝐨 𝐧𝐚 𝐞𝐝𝐮𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐚𝐦𝐛𝐢𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 🌿

Máis alá da creación artística, o voluntariado desenvolverá importantes actividades ambientais e de conservación ao longo da ruta do Camiño de Inverno e do río Sil. Entre as actuacións previstas destacan a limpeza e acondicionamento de puntos críticos e zonas de baño fluviais, a creación de refuxios para a fauna autóctona con materiais do terreo e a sinalización en sendeiros como o da Fervenza da Pincheira.

Para enriquecer a estancia dos mozos e mozas, Eco dos Teixos organizou un completo programa de actividades complementarias e de ocio educativo 🎉

𝐎 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐨 𝐁𝐚𝐫𝐜𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚 𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐂𝐫𝐢𝐬𝐭𝐨 𝟐𝟎𝟐𝟔 🎉O Concello do Barco presentou na mañá deste martes dí...
01/09/2026

𝐎 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐨 𝐁𝐚𝐫𝐜𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚 𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐂𝐫𝐢𝐬𝐭𝐨 𝟐𝟎𝟐𝟔 🎉

O Concello do Barco presentou na mañá deste martes día 1 de setembro, a programación completa das Festas do Cristo 2026 que comeza, oficialmente, o día 6 de setembro, coa celebración da 𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐏𝐫𝐨𝐝𝐮𝐭𝐨𝐬 𝐓𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐨 𝐄𝐢𝐱𝐨 𝐀𝐭𝐥𝐚́𝐧𝐭𝐢𝐜𝐨 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐞 𝐍𝐨𝐫𝐭𝐞 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐫𝐭𝐮𝐠𝐚𝐥 na praia fluvial, e se prolongará ata o día 15.

🎨 Tamén se desvelou hoxe 𝐨 𝐜𝐚𝐫𝐭𝐞𝐥 que ilustra as festas patronais máis importantes do ano, e a súa autora, 𝐚 𝐚𝐫𝐭𝐢𝐬𝐭𝐚 𝐯𝐚𝐥𝐝𝐞𝐨𝐫𝐫𝐞𝐬𝐚 𝐌𝐚𝐫𝐢𝐬𝐮́ 𝐌𝐢𝐫𝐚𝐧𝐝𝐚. Será o xoves día 10 de setembro, ás 20:30 horas, cando teña lugar a inauguración da súa mostra "𝗫𝗲𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗩𝗮𝗹𝗱𝗲𝗼𝗿𝗿𝗮𝘀", na sala de exposicións da Praza do Príncipe. Poderá visitarse de 11 ao 14, do 18 ao 20 e do 25 ao 27 de setembro.

🩺 O encargado de pronunciar o pregón das festas, que terá lugar o venres día 11 de setembro na Praza Maior, será 𝐨 𝐝𝐨𝐮𝐭𝐨𝐫 𝐑𝐢𝐜𝐚𝐫𝐝𝐨 𝐌𝐚𝐫𝐢𝐧𝐢, profesional da pediatría que exerce no Barco desde hai case catro décadas, nas que atendeu a varias xeracións de familias da comarca.

🛶 O sábado día 12 de setembro, será o día no que se celebre a 58ª edición do 𝐃𝐞𝐬𝐜𝐞𝐧𝐬𝐨 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐒𝐢𝐥 𝐞 𝐨 𝟔º 𝐃𝐞𝐬𝐜𝐞𝐧𝐬𝐨 𝐏𝐨𝐩𝐮𝐥𝐚𝐫. Pola mañá, levarase a cabo a 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐏𝐚𝐧𝐝𝐢𝐥𝐥𝐚𝐬 e pola noite, chegará o prato forte da programación musical , co concerto de 𝐗𝐨𝐞𝐥 𝐋𝐨́𝐩𝐞𝐳, precedido polo espectáculo da orquestra El Combo Dominicano.

🏃 O domingo día 13 de setembro, ademais do celebracións da 𝟑𝟖ª 𝐌𝐢𝐥𝐥𝐚 𝐔𝐫𝐛𝐚𝐧𝐚, será a quenda das orquestras Capitol e América de Vigo. A orquestra Panorama City desenvolverá o seu espectáculo o luns 14 de setembro, día grande das festas, que comezará co 𝟑𝟐º 𝐌𝐚𝐝𝐫𝐮𝐠𝐨́𝐧 e, máis tarde, a misa e procesión do Cristo, precedida polas 𝐂𝐚𝐥𝐚𝐧𝐭𝐨𝐫𝐧𝐢𝐚𝐬 𝐞 𝐨𝐬 𝐂𝐚𝐛𝐞𝐳𝐮𝐝𝐨𝐬.

🎆 A sesión de 𝐟𝐨𝐠𝐨𝐬 𝐚𝐫𝐭𝐢𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬 porá o punto e final ao día festivo. O luns 15 de setembro, Día do neno e a nena, as atraccións ofreceranse a prezos especiais.

📖 Este ano, o 𝐩𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐢𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐨 das festas comezará a repartirse o xoves día 3 de setembro.

👹 Tamén se habilitará nesta edición, a inscrición daquelas persoas interesadas en portar aos 𝐂𝐚𝐛𝐞𝐳𝐮𝐝𝐨𝐬 que sairán ás rúas o día festivo do Cristo, o 14 de setembro. A 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 porase a disposición dos interesados a partir das 9:00 horas do día 2 de setembro a través de rexistro electrónico (sede electrónica do Concello) e presencial, no Concello do Barco.

👉 Toda a información, na web do concello: concellodobarco.gal
https://shre.ink/GqVf

𝐍𝐚 𝐍𝐨𝐢𝐭𝐞 𝐝𝐨𝐬 𝐓𝐞𝐦𝐩𝐨𝐬 🏰A asociación cultural Platea Lúa, coa que colabora o Concello do Barco, desenvolve este venres día ...
01/09/2026

𝐍𝐚 𝐍𝐨𝐢𝐭𝐞 𝐝𝐨𝐬 𝐓𝐞𝐦𝐩𝐨𝐬 🏰

A asociación cultural Platea Lúa, coa que colabora o Concello do Barco, desenvolve este venres día 5 de setembro no Castro, unha visita teatralizada baixo o título "O Misterio e os Segredos Percorren a Vella Fortaleza". A entrada é de balde e o aforo limitado a 40 persoas.

𝐀𝐂𝐓𝐎 𝐈𝐍𝐒𝐓𝐈𝐓𝐔𝐂𝐈𝐎𝐍𝐀𝐋 𝐃𝐀 𝐈𝐍𝐀𝐔𝐆𝐔𝐑𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐀 𝐕𝐄𝐍𝐃𝐈𝐌𝐀 𝟐𝟎𝟐𝟔🍇 O alcalde do Barco, Aurentino Alonso, en representación do Concello...
01/09/2026

𝐀𝐂𝐓𝐎 𝐈𝐍𝐒𝐓𝐈𝐓𝐔𝐂𝐈𝐎𝐍𝐀𝐋 𝐃𝐀 𝐈𝐍𝐀𝐔𝐆𝐔𝐑𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐀 𝐕𝐄𝐍𝐃𝐈𝐌𝐀 𝟐𝟎𝟐𝟔

🍇 O alcalde do Barco, Aurentino Alonso, en representación do Concello do Barco, participou onte no acto institucional de inicio de vendima, organizado pola Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, Vinos Barco, ao que asistiu o presidente da Xunta de Galicia acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; o subdelegado do Goberno, Eladio Santos e outros alcaldes e alcaldesas da comarca de Valdeorras.

✨ O obxectivo, poñer en valor o sector vitivinícola da comarca e do resto de Galicia como un 𝐬𝐞𝐜𝐭𝐨𝐫 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐭𝐞́𝐱𝐢𝐜𝐨 clave da comunidade.

🤝 O rexedor barquense expresou o seu agradecemento ao presidente por ter elixido Valdeorras para a inauguración oficial da recollida de uva en toda Galicia e defendeu “𝐨 𝐯𝐚𝐥𝐨𝐫 𝐝𝐨 𝐩𝐞𝐪𝐮𝐞𝐧𝐨”, facendo seu o lema da D.O. Valdeorras, que salienta a importancia da riqueza do territorio sen importar o seu tamaño.

🥂 “A nosa historia e contorna, permitíronnos converternos nunha auténtica referencia mundial en viños brancos. E lográmolo grazas a unha xoia incuestionable: a nosa uva Godello”.

❗️O Concello do Barco lembra que o vindeiro mércores día 2 de setembro, iníciase o prazo de inscrición nas 𝐩𝐫𝐨𝐛𝐚𝐬 𝐥𝐢𝐛𝐫𝐞𝐬...
30/08/2026

❗️O Concello do Barco lembra que o vindeiro mércores día 2 de setembro, iníciase o prazo de inscrición nas 𝐩𝐫𝐨𝐛𝐚𝐬 𝐥𝐢𝐛𝐫𝐞𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚 𝐨𝐛𝐭𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐦𝐃𝐢𝐱-𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐦𝐞𝐝𝐢𝐨, que terán lugar a mediados do mes de outubro.

https://cemit.xunta.gal/gl

✨ A noite do venres 28 de agosto, O Concello do Barco deu por 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐥𝐮𝐢́𝐝𝐨 𝐨 𝐕𝐈𝐈 𝐂𝐢𝐜𝐥𝐨 𝐓𝐞𝐫𝐫𝐚𝐬𝐨́𝐧 coa actuación de Abraham ...
30/08/2026

✨ A noite do venres 28 de agosto, O Concello do Barco deu por 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐥𝐮𝐢́𝐝𝐨 𝐨 𝐕𝐈𝐈 𝐂𝐢𝐜𝐥𝐨 𝐓𝐞𝐫𝐫𝐚𝐬𝐨́𝐧 coa actuación de Abraham Cupeiro e o seu espectáculo "Os sons esquecidos", no Mosteiro de Xagoaza. A edición de concertos deste ano non puido ter un mellor punto e final. Desexamos que o g***rades. Grazas a todo e ata o vindeiro ano.

💫 Agradedemento especial ao fotógrafo Alejandro Lorenzo Rodríguez polas marabillosas imaxes cedidas a este Concello.


Concertos do Xacobeo

Dirección

Praza Do Concello, 2
El Barco De Valdeorras
32300

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello do Barco de Valdeorras / Ayuntamiento de O Barco de Valdeorras publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir