Concello De Dodro

Concello De Dodro Rede social de facebook para informar de todas as actividades do Concello de Dodro.

Para comunicarse oficialmente utilicen os teléfonos de atención, correo electrónico, sede electrónica ou a aplicación LINEA VERDE.

O sábado, 5 de setembro, ás 22.00 h, na Lavandeira, Imo -DODRO  Espectáculo CDC: CDC MINIDISC Actuación pertencente ao P...
02/09/2026

O sábado, 5 de setembro, ás 22.00 h, na Lavandeira, Imo -DODRO
Espectáculo CDC: CDC MINIDISC
Actuación pertencente ao Programa Rede Cultural 2026 da Deputación da Coruña.


Cultura da Deputación da Coruña

Hoxe luns, 31 de agosto, ás 20.00 h, no Palacio de Lestrobe (DODRO)ℹ️Espectáculo TRES PESOS: CANTARES E CONTARES🎟 Actuac...
31/08/2026

Hoxe luns, 31 de agosto, ás 20.00 h, no Palacio de Lestrobe (DODRO)
ℹ️Espectáculo TRES PESOS: CANTARES E CONTARES
🎟 Actuación pertencente ao Programa Rede Cultural 2026 da Deputación da Coruña.
https://www.facebook.com/daccultura/
Cultura da Deputación da Coruña

26/08/2026

🧁 Seguimos desfrutando da repostería!

O pasado venres, 21 de agosto, celebramos a segunda sesión do módulo de Repostería + perspectiva de xénero do Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero para Mulleres 2026.

Unha nova xornada para aprender, compartir e desfrutar xuntas, combinando a elaboración de diferentes propostas de repostería cun espazo de encontro e participación. 💜

Pouco a pouco, seguimos sumando experiencias e momentos compartidos neste programa, no que o benestar, a participación e a igualdade camiñan da man.

🤝 Programa financiado ao abeiro da subvención SI435A para as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, convocada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

🏛️  O concello de Dodro informa 📄 Hoxe publícanse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a aprobación da convocatoria...
24/08/2026

🏛️ O concello de Dodro informa

📄 Hoxe publícanse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a aprobación da convocatoria e das Bases do ###IX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

🖊️ O prazo de presentación de traballos comezará ao día seguinte da publicación do extracto das bases. Este prazo, que se abrirá proximamente, rematará o 14 de outubro de 2026. 🖊️

✍️ Para ir revisando as bases e a convocatoria pódese acceder a través do seguinte enlace.

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/08/24/2026_0000005520.pdf?fbclid=IwcGRvZgFleHRuA2FlbQIxMABicmlkETF3dkNEdGQwWGtZR0ZGRmJGc3J0YwZhcHBfaWQQMjIyMDM5MTc4ODIwMDg5MgABHpHSYlF4o0Ta2yNelvhswprr8FCkM2hqx9ZkSVVBYt2mfuYp_LNZc7HN888A_aem_TsMdiMqPQ_5u5kcKvbJ4UA

Cultura da Deputación da Coruña

🎭 O Concello de Dodro anima á veciñanza a participar nunha nova edición da iniciativa "Sobes ao autobús do teatro?", Pro...
23/08/2026

🎭 O Concello de Dodro anima á veciñanza a participar nunha nova edición da iniciativa "Sobes ao autobús do teatro?", Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego (Xunta de Galicia).

Nesta ocasión para acudir á exitosa reposición da produción de "A Serie Coplen".
Acrobacias imposibles, aéreos impactantes comedia hilarante, danza, clown e unha historia cautivadora. Serie Clopen é un espectáculo multidisciplinar que reflexiona, en tono de humor, sobre os retos que ten que afrontar a xuventude nestes tempos de incerteza.

📆 Data: Mércores 16/09/2026
🕛 Saída de Dodro: 15.55 h da Praza da Casa do Concello
image.png Función: Salón Teatro de Santiago de Compostela, ás 18.00 h
🕛 Saída de Compostela: 20.00 h
🎟️ Prezo da entrada: 5 €
💺 Prazas: limitadas. Cubriranse por orde de inscrición

As persoas interesadas poderán inscribirse na Casa da Cultura de Dodro ou no teléfono 981 80 24 72 ata o 15 de setembro.

🎼   Agosto tamén trae actividades en Dodro e chegamos ao primeiro dos dous concertos de fin de mes🎶   Mañá domingo. 23 d...
22/08/2026

🎼 Agosto tamén trae actividades en Dodro e chegamos ao primeiro dos dous concertos de fin de mes

🎶 Mañá domingo. 23 de agosto, ás 13:00 horas, na Igrexa de Santa María de Dodro e Campo do Bosque actuación da Banda da Escola de Música de Rianxo.

🔊 E dentro dunha semana, o luns día 31 ás oito da tarde, no palacio de Lestrobe en Dodro, concerto de Tres Pesos.

✔️ Dúas citas para non perderse e desfrutar, xa sexa na hora do vermú ou ao solpor o que se trata é de desfrutar da última semana de agosto.

🏛️ Concertos promovidos polo concello de Dodro e a Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Cultura da Deputación da Coruña

🚶 O Concello de Dodro, a través, da área de Cultura organiza para o venres 18 de setembro o Roteiro "Tras a sabedoría da...
20/08/2026

🚶 O Concello de Dodro, a través, da área de Cultura organiza para o venres 18 de setembro o Roteiro "Tras a sabedoría das curandeiras’, impartido pola bióloga Tamara Roig. 🏞️

🌿 Trátase dun itinerario guíado para a identificación de plantas silvestres medicinais, inspirado na novela de Marisa Castro “A Saga das curandeiras”. Este obradoiro desenvolverase en horario de tarde, de 17.30 a 19.30 horas, con saída desde a Biblioteca Pública Municipal de Dodro. 🍃

🍁 A actividade está dirixida a un público maior de 14 anos e as súas prazas son limitadas polo que as persoas interesadas en asistir deben realizar unha inscrición previa. Esta inscrición pode formalizarse, presencialmente na Casa da Cultura de Dodro ou no teléfono 981 80 24 72. 📞

📚 "Tras a sabedoría das curandeiras’ é unha actuación que se enmarca no Programa LER CONTA MOITO, programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co concello de Dodro. 🏛️

Cultura da Deputación da Coruña

🏛️  O concello de Dodro informa:A Xunta de Galicia ven de publicar este mércores no Diario Oficial de Galicia a convocat...
20/08/2026

🏛️ O concello de Dodro informa:
A Xunta de Galicia ven de publicar este mércores no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das axudas para menores de 36 anos para a adquisición de vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes, entre os que se atopa o de Dodro.
As axudas teñen un importe máximo do 20% do importe da vivenda, o do custo da autopromoción, , sen incluír os gastos e tributos inherentes, ata unha cantidade tope de 15.000 euros por vivenda. O prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, así como o custo da autopromoción da vivenda será igual ou inferior a 250.000 euros.

As vivendas deberán ser destinadas a residencia habitual e permanente durante cinco anos a contar desde a adquisición ou finalización da obra no caso da autopromoción. Nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia serán propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español.

O prazo de solicitudes abrirase o 27 de agosto e permanecerá activo ata o 16 de novembro. Estas achegas para a adquisición son compatibles cos avais que ofrece a Xunta e cuxa convocatoria xa está aberta ata o 30 de outubro
No seguinte enlace pódese consultar a resolución íntegra

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260819/AnuncioC3Q2-110826-0002_gl.html .

🏛️  O concello de Dodro informa PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR✴️ Ata o vindeiro 15 de outubro está aberto o prazo para sol...
19/08/2026

🏛️ O concello de Dodro informa

PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR

✴️ Ata o vindeiro 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar o Programa de Respiro familiar nas seguintes modalidades

➡️ Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente, ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria. Esta situación ten que estar acreditada mediante un informe médico e social.
➡️ Modalidade de respiro en centro de día, para financiar os gastos da atención puntual, integral e directa en centros de día da Comunidade Autónoma de Galicia.
➡️ Respiro en residencia, para financiar estadías temperáis en centros residenciáis da Comunidade Autónoma de Galicia.

💰 - Contía da axuda para as modalidades de respiro no fogar e de centro de día:
➡️ Ata o 100 % do custo das actuacións previstas na relación da epígrafe anterior cun máximo de 1.000 euros por beneficiario e ano.
💰 - Contía da axuda para modalidade de respiro en residencia.
➡️ Ata o 100 % do custo das actuacións previstas na relación da epígrafe anterior cun máximo de 1.500 euros por beneficiario e ano.

💰 GASTOS SUBVENCIONABLES: os gastos xerados no ano 2026 dos servizos constituídos polas actuacións que se desenvolvan no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 21 de novembro de 2026.

📅 PRAZO DE XUSTIFICACIÓN: Ata o 1 de decembro de 2026.

📞 Para máis información a través de cita previa no departamento de Servizos Sociais ou a través do teléfono 981802466.

🏛️   O concello de Dodro informaAnte a situación actual de diminución das reservas de auga e coa finalidade de garantir ...
14/08/2026

🏛️ O concello de Dodro informa

Ante a situación actual de diminución das reservas de auga e coa finalidade de garantir o abastecemento de auga potable para o consumo humano e os usos esenciais, o Concello considera necesario adoptar as seguintes medidas extraordinarias de aforro de auga no municipio de Dodro: 💧

1. Prohíbese o enchido total ou parcial de piscinas privadas.
2. Prohíbese o lavado de vehículos mediante mangueira ou outros sistemas que empreguen auga da rede municipal
3. Prohíbese o rego de xardíns, zonas verdes, hortas de lecer e espazos orna-mentais utilizando auga procedente da rede municipal.
4. Recoméndase á cidadanía realizar un uso responsable da auga, evitando con-sumos innecesarios e adoptando medidas de aforro no ámbito doméstico e comercial.

🚱 Estas restricións permanecerán en vigor ata que a situación de abastecemento permita a súa retirada.
A colaboración de toda a veciñanza é fundamental para preservar un recurso esencial como é a auga e garantir a súa subministración a toda a poboación.

Dirección

Lugar. Tallós
Dodro
15982

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello De Dodro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría