Concello de Culleredo

Concello de Culleredo Información de servizo e institucional relativa ao Concello de Culleredo. Información de servizo e institucional do Concello de Culleredo

🗣️🎶 Gústache cantar? O Conservatorio Municipal de Música acollerá unha actividade de Coral de Adultos. Será os luns e xo...
08/09/2026

🗣️🎶 Gústache cantar? O Conservatorio Municipal de Música acollerá unha actividade de Coral de Adultos. Será os luns e xoves de 10:30 a 12:00 horas.

🤔 Se tes máis de 18 anos e queres anotarte, podes facelo do 10 ao 16 de setembro no Rexistro Municipal, presentando un impreso que podes recoller no Edificio de Servizos Múltiples e na Casa do Concello. As listas definitivas de matriculados publicaranse o 22 de setembro.

🎵 Anímate e participa!

🎧 Culleredo espera milleiros de persoas este sábado 12 de setembro no O Burgo Fest!🔊 O paseo marítimo do Burgo converter...
08/09/2026

🎧 Culleredo espera milleiros de persoas este sábado 12 de setembro no O Burgo Fest!

🔊 O paseo marítimo do Burgo converterase de novo no epicentro galego da música urbana, cunha xornada totalmente gratuíta.

🎤 O cartel está encabezado por LG1DO, unha das voces máis coñecidas do urbano galego, e complétano Noex, Borja Solla, Nyan Boe, Mark Adams, Cotelo e Ariax.

📣 O alcalde, José Ramón Rioboo Castro, a tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Educación e Participación Cidadá, Cristina Pardo e o DJ Nyan Boe presentaron onte o festival.

06/09/2026

🚨O Concello de Culleredo informa de que sobre as 14:15 horas de hoxe domingo, 6 de setembro, declarouse un incendio forestal no monte Costa. Todo apunta a que foi orixinado durante as operacións de pirotecnia das festas patronais da parroquia

👨‍🚒 Os efectivos de Medio Rural da Xunta de Galicia e os Bombeiros do Consorcio Provincial encargáronse de apagar as chamas. No dispositivo participaron a Policía Local de Culleredo e a Garda Civil.

🏠 O lume non afectou a ningunha vivenda de Cillobre, o núcleo máis próximo, aínda que en algún caso recomendouse aos residentes o desaloxo temporal por precaución ante o fume

📍 O alcalde, José Ramón Rioboo, persoouse no operativo aos poucos minutos de declararse o incendio, acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Iglesias, e do edil de Turismo, Mario Iglesias.

✅ Situación (16:25 h): O lume atópase practicamente baixo control e os efectivos continúan coas tarefas de mollado e refrescado da zona

👟 O Concello de Culleredo colaborou na andaina solidaria 'Cambre en marcha contra o cancro', organizada pola Asociación ...
06/09/2026

👟 O Concello de Culleredo colaborou na andaina solidaria 'Cambre en marcha contra o cancro', organizada pola Asociación Española Contra o Cancro A Coruña.

💚 A concelleira de Cohesión Social, Marta Figueroa, acudiu a esta cita benéfica que visibiliza e conciencia sobre a enfermidade.

⌛ Mañá remata o prazo para inscribirse a prezo reducido na 👟 V Carreira e Andaina Solidaria da Asociación Parkinson Gali...
05/09/2026

⌛ Mañá remata o prazo para inscribirse a prezo reducido na 👟 V Carreira e Andaina Solidaria da Asociación Parkinson Galicia-Coruña, que se celebrará o vindeiro 18 de outubro.

📝 Aproveita para anotarte e non faltes a esta cita benéfica 👇
https://f.mtr.cool/wn4vbkrfwt

📢 O Concello de Culleredo proporá ao pleno da corporación dedicar o POS Adicional, que financia a Deputación da Coruña, ...
05/09/2026

📢 O Concello de Culleredo proporá ao pleno da corporación dedicar o POS Adicional, que financia a Deputación da Coruña, aos proxectos de transformación dos núcleos de , e .

👉 Sería un investimento total de 1,6 millóns de euros para incrementar a seguridade viaria, mellorar servizos e funcionalidade

🚶‍♀️🌳 Os proxectos inclúen a creación de itinerarios peonís e de espazos comúns con zonas verdes e mobiliario urbano

ℹ️ https://acorunaxa.com/es/news/culleredo-prepara-una-gran-transformacion-de-orro-bregua-y-boedo-con-16-millones-de-euros/133790/

🎭 A obra 'Ninguén tira fotos nos enterros', de Carlota e compañía, chega ao Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples ...
04/09/2026

🎭 A obra 'Ninguén tira fotos nos enterros', de Carlota e compañía, chega ao Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, dentro do Ciclo Metropolitano da Música e das Artes pola Igualdade Elas Son Artistas. 🟣

🎟️ Será o venres 11 de setembro ás 20:30, dirixido a público adulto, e a entrada é libre e gratuíta ata completar aforo, sen reserva previa.

📸 A peza mestura interpretación, improvisación, danza e procesos fotográficos en vivo para contar, con humor e emoción, a historia dunha nena de 11 anos que asiste o mesmo día a unha voda e a un enterro.

👉 Forma parte da Rede Cultural de Cultura da Deputación da Coruña.

03/09/2026

🤝 José Ramón Rioboo Castro destaca no acto de finalización das obras de renovación do paseo e rexeneración da ría a “unión dos concellos que limitan con el estuario”.

📍 Culleredo, A Coruña, Oleiros e Cambre estiveron presentes na visita á zona do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

🗣️ Ademais, o alcalde instou á Xunta a seguir os pasos do Estado na aposta pola mellora de infraestruturas na área metropolitana da Coruña.

🏆 O Olímpico de Rutis venceu na final do XXVII Torneo de Fútbol Veterano do Concello de Culleredo!⚽ Despois dunha emocio...
03/09/2026

🏆 O Olímpico de Rutis venceu na final do XXVII Torneo de Fútbol Veterano do Concello de Culleredo!

⚽ Despois dunha emocionante competición, o Olímpico e o SPM Veteranos enfrontáronse para decidir o título no Municipal de Rutis, pechando unha nova edición do Trofeo Municipal de Fútbol.

👏 Parabéns aos campións! Na entrega de premios participaron o alcalde, José Ramón Rioboo Castro; a tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Cristina Pardo, e o concelleiro de Comercio, Mario Iglesias.

ℹ️ A Asociación Parkinson Galicia-Coruña  organiza unha sesión grupal gratuíta de fisioterapia en Culleredo.👉 A activida...
03/09/2026

ℹ️ A Asociación Parkinson Galicia-Coruña organiza unha sesión grupal gratuíta de fisioterapia en Culleredo.

👉 A actividade diríxese a persoas con párkinson residentes no municipio, así como aos seus familiares e persoas coidadoras.

📍 Será o martes 22 de setembro ás 17:00 horas, na Sala Municipal Celia e Esperanza Brañas Fernández (O Burgo).

📝 Podedes inscribirvos neste formulario: https://f.mtr.cool/df7stpi1uj

Dirección

Rúa Do Concello, 12
Culleredo
15189

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 15:00

Teléfono

+34981677777

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Culleredo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir