Alternativa Dos Veciños Culleredo

Alternativa Dos Veciños Culleredo Queremos atender ó chamado social e as prioridades da xente por enriba de calquera outra política

07/08/2026
05/08/2026
Alternativa achegou as queixas veciñais e das persoas usuarias do “Centro Loxístico de Transportes” (CLT) polo estado de...
04/08/2026

Alternativa achegou as queixas veciñais e das persoas usuarias do “Centro Loxístico de Transportes” (CLT) polo estado de deterioro actual do parque industrial.

A reclamación principal foi o gran deterioro tanto dos accesos como das vías interiores, evindenciando a falta de traballos de mantemento e conservación.

O goberno local concretou que están pendentes da posible colaboración co Ministerio de Transportes para abordar o proxecto da terminal de tren de Mercancias, o cal establecería as bases para realizar un informe técnico respecto ao procedemento máis adecuado para as intervencións necesarias no CLT.

Alternativa defende que debe garantirse a seguridade viaria das persoas que traballan e empregan a diario estas infraestruturas públicas. Independentemente dos posibles avances da terminarl de tren xa que non hai nin datas nin proxecto previsto.

Alternativa dos Veciños reclama a creación dun Consorcio Metropolitano de Transporte e esixe á Xunta que desbloquee as i...
03/08/2026

Alternativa dos Veciños reclama a creación dun Consorcio Metropolitano de Transporte e esixe á Xunta que desbloquee as infraestruturas viarias pendentes para acabar co caos e os colapsos diarios

Desde Alternativa dos Veciños levamos anos denunciando que o maior problema que temos na comarca da Coruña é o da mobilidade e o tráfico. Pero para acabar con eses colapsos diarios que sufrimos nos accesos á cidade é imprescindible que Xunta e Estado completen dunha vez as infraestruturas viarias pendentes e que creemos un auténtico sistema de transporte público metropolitano, coordinado e eficaz.

28/07/2026

Alternativa dos Veciños de Culleredo reprende os dous anos de retraso na xestión do goberno local co Plan Único de Conce...
18/07/2026

Alternativa dos Veciños de Culleredo reprende os dous anos de retraso na xestión do goberno local co Plan Único de Concellos (POS) da Deputación de A Coruña.

Máis de 3,5 millóns de euros entre as obras do 2024 e 2025 sen executar, principalmente inclúe a renovación de diferentes viais e servizos básicos.

Na anualidade do 2024 so se executou unha das seis obras anunciadas e outra atopase actualmente en proceso de licitación. Pero situación nos proxectos do pasado ano dos que só un se atopa actualmente en proceso de licitación. No caso do ano vixente ningun avance nas actuacións previstas.

Melloras de rehabilitación no pavimento de vías como a Avenida da Corveira, a rúa Pablo Neruda, Vigovidín, Santa Bárbara, Río Chao ou Avenida Fonteculler son algunhas das obras que non se están a executar. Pero tamén outras como o acondicionamento da pista polideportiva da praza Europa ou o saneamento en Boedo.

Alternativa lamenta os retrasos na xestión e execución dos proxectos contidos no POS. Inacción que priva á veciñanza de servizos cuantificados en máis de 3,5 millóns de euros.

"Comeza outra volta a festa"Parabens Castelo Conta.Toda a nosa admiración a organización que fai posible esta maravilla ...
16/07/2026

"Comeza outra volta a festa"

Parabens Castelo Conta.

Toda a nosa admiración a organización que fai posible esta maravilla de Festa.

Alternativa dos Veciños trasladou ao pleno municipal a preocupación veciñal polo abandono do Pazo de Culleredo, así como...
15/07/2026

Alternativa dos Veciños trasladou ao pleno municipal a preocupación veciñal polo abandono do Pazo de Culleredo, así como as casas grandes dos Caruncho e os Ferrer, situadas na contorna do aeroporto.

Non houbo avances nin novidades, a pesar de que a corporación instara ao Goberno Municipal a que solicitará a AENA a cesión do conxunto patrimonial para a xestión do Concello de Culleredo.

Alternativa xa apoiara a proposta no seu día na que os edificios serían a oportunidade para ofrecer novos recursos para a veciñanza coa finalidade de empregarse en fins sociais.

O goberno local confirmou que foron iniciadas as xestións pertinentes ante a AENA.

Dirección

Casa Do Concello De Concello
Culleredo
15189

Horario de Apertura

Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00
18:00 - 19:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Alternativa Dos Veciños Culleredo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir