Concello de Crecente

Concello de Crecente Administración Local.

⏰ Último día para anotarse!Hoxe, 1 de setembro, remata o prazo de inscrición para a visita ao Santuario dos Milagres.🚌 A...
01/09/2026

⏰ Último día para anotarse!

Hoxe, 1 de setembro, remata o prazo de inscrición para a visita ao Santuario dos Milagres.

🚌 A excursión será o sábado 5 de setembro.
⚠️ Prazas limitadas!

30/08/2026

GRAZAS, CRECENTE!

Remata o Mes Cultural 2026, pero quedan os recordos dun agosto cheo de vida, cultura, encontros e sorrisos.

Grazas ás asociacións, aos artistas, aos colaboradores, aos traballadores municipais e, sobre todo, á veciñanza, por facer posible un verán inesquecible.

Seguiremos traballando para que cada ano sexa aínda mellor.

💙 Ata o vindeiro verán!

Temos unha cita! 🎶✨ O CAMIÑO DE VIEIRAS AMARELAS chega a Crecente!📅 HOXE! 27 de agosto!!!🕙 22:00 horas📍 Auditorio Munici...
27/08/2026

Temos unha cita!

🎶✨ O CAMIÑO DE VIEIRAS AMARELAS chega a Crecente!

📅 HOXE! 27 de agosto!!!
🕙 22:00 horas
📍 Auditorio Municipal de Crecente

Agardámosvos para vivir unha noite verdadeiramente máxica! 🌟

🎶✨ O CAMIÑO DE VIEIRAS AMARELAS chega a Crecente!Este xoves, 27 de agosto, gozaremos do novo espectáculo de Antonio Barr...
25/08/2026

🎶✨ O CAMIÑO DE VIEIRAS AMARELAS chega a Crecente!

Este xoves, 27 de agosto, gozaremos do novo espectáculo de Antonio Barros e Ialma, sucesor de Juan Pardo.

Unha aventura musical na que a tradición do Camiño de Santiago se mestura coa maxia do Mago de Oz: música, luz, emoción e moito corazón. 🐚💛

📅 27 de agosto
🕙 22:00 horas
📍 Auditorio Municipal de Crecente

Entrada de balde ata completar aforo!

Agardámosvos para vivir unha noite verdadeiramente máxica! 🌟

🎬 Esta noite temos cita co cinema de rúa.🍿 La familia Benetón🕙 22.00 h📍 AUDITORIO!!!
23/08/2026

🎬 Esta noite temos cita co cinema de rúa.

🍿 La familia Benetón

🕙 22.00 h

📍 AUDITORIO!!!

22/08/2026

📢 Lembrade! Mañá, domingo 23 de agosto, temos unha xornada completa dentro do Mes Cultural de Crecente:

🥾 Ás 9.30 h — Andaina de 14 km
📍 Saída desde a Capela de Fátima
🏊 Inclúe acceso á piscina e pinchos e refrescos á chegada
📞 Inscricións: 722 134 353

Agardámosvos! 💙

🌧️ CAMBIO DE LOCALIZACIÓN! 🎬Como parece que a chuvia quere apuntarse tamén ao Mes Cultural, o cinema previsto para mañá ...
22/08/2026

🌧️ CAMBIO DE LOCALIZACIÓN! 🎬

Como parece que a chuvia quere apuntarse tamén ao Mes Cultural, o cinema previsto para mañá trasládase da Praza do Concello ao Auditorio Municipal.

📅 Domingo, 23 de agosto
🕙 22.00 h
🎥 La familia Benetón
📍 Auditorio Municipal de Crecente

A andaina da mañá mantense segundo o previsto. 🥾

Compartide para que ninguén quede agardando na praza baixo o paraugas! ☔😉

21/08/2026

📢 ESCOLA INFANTIL DE CRECENTE | PROCESO EXTRAORDINARIO DE SETEMBRO

A Escola Infantil de Crecente permanecerá pechada durante o mes de agosto.

As familias que desexen solicitar unha praza de novo ingreso para o curso 2026/2027, dentro do proceso extraordinario de setembro, poderán presentar a solicitude —procedemento BS404A— a través de:

💻 A Sede Electrónica da Xunta de Galicia

🏛️ O Rexistro do Concello de Crecente, situado na rúa Solís Ruíz, 5.

📅 Prazo de presentación: ata o 31 de agosto de 2026.

Os impresos de preinscrición e a información sobre a documentación necesaria están dispoñibles na Sede Electrónica da Xunta e nas páxinas web de Política Social e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

ℹ️ Para máis información, as familias poden dirixirse ao Concello de Crecente.

🥾🎬 Este domingo, 23 de agosto, temos unha nova cita co Mes Cultural de Crecente!🌿 Ás 9.30 h, andaina de 14 km con saída ...
19/08/2026

🥾🎬 Este domingo, 23 de agosto, temos unha nova cita co Mes Cultural de Crecente!

🌿 Ás 9.30 h, andaina de 14 km con saída desde a Capela de Fátima. Inclúe acceso á piscina e pinchos e refrescos á chegada.
📞 Inscricións: 722 134 353

🎥 Ás 22.00 h, cinema de rúa na Praza do Concello coa película «La familia Benetón».

⚠️ Publicamos o cartel correxido

Actividades gratuítas. Agardámosvos! 💙

🚌 VISITA AO SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DOS MILAGRESO Concello de Crecente convida a toda a veciñanza a participar nunha ex...
17/08/2026

🚌 VISITA AO SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DOS MILAGRES

O Concello de Crecente convida a toda a veciñanza a participar nunha excursión ao Santuario da Nosa Señora dos Milagres, en Ourense.

📅 Sábado, 5 de setembro
🕘 Saída de Albeos ás 9.00 horas, con recollida nas distintas parroquias.

📝 Inscricións ata o 1 de setembro.
⚠️ Prazas limitadas!

☎️ Para anotarse ou solicitar información:

• Oficinas municipais: 986 666 300 (de luns a venres de 9.30 a 13.30)
• Víctor: 636 970 552
• Derival: 662 072 458

Agardámosvos para compartir unha bonita xornada de convivencia! 😊

Dirección

Rúa Solis Ruis 5
Crecente
36420

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Crecente publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir