Concello de Covelo coa Igualdade

Concello de Covelo coa Igualdade Administración local

O Concello de Covelo con Ceuta.
02/09/2026

O Concello de Covelo con Ceuta.

🌿 UN TEMPO PARA TICantas veces as mulleres estamos pendentes de todo e de todas… e deixámonos para o final?O traballo, a...
02/09/2026

🌿 UN TEMPO PARA TI

Cantas veces as mulleres estamos pendentes de todo e de todas… e deixámonos para o final?

O traballo, a casa, a familia, os coidados, as preocupacións… E ás veces esquecemos algo esencial: nós tamén necesitamos ser coidadas.

Desde o Programa CLARA, convidámoste a regalarche algo que tantas veces nos falta: tempo para ti. Un espazo tranquilo no que parar, escoitarte, aliviar tensións e poñer o teu benestar no centro, sen présas e sen culpa.

💜 Técnicas de xestión emocional e relaxación
(Acupuntura sen agullas)

📅 7 de setembro - 20:00 h
👥 Sesión grupal
📍 Auditorio de Covelo

📅 8 de setembro - desde as 10:00 h
👤 Sesións individuais
📍 Auditorio de Covelo

Promover a igualdade tamén significa recoñecer o dereito das mulleres ao descanso, ao benestar e ao tempo propio, e cuestionar que os coidados recaian sempre sobre nós.

💜 Porque o benestar e o autocoidado son un dereito, non un luxo.

🤝 Covelo, con CeutaO Concello de Covelo súmase este mércores, 2 de setembro, á convocatoria da Federación Española de Mu...
01/09/2026

🤝 Covelo, con Ceuta

O Concello de Covelo súmase este mércores, 2 de setembro, á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para mostrar a solidariedade dos municipios españois coa cidade autónoma de Ceuta.

Desde Covelo queremos facer chegar ás veciñas e veciños de Ceuta todo o noso apoio, solidariedade e afecto nestes momentos difíciles.

📅 Mércores, 2 de setembro
🕗 Ás 20:00 h
📍 Diante do Concello de Covelo

Vémonos mañá diante do Concello. 💙

Agradecemos a difusión desta convocatoria e, sobre todo, animámosvos a participar e acompañarnos neste xesto colectivo de solidariedade.

🌌✨ ROTEIROS E OBSERVACIÓN ESTELAR NO ALTO DO CASTELO DO FAROXornadas de roteiro guiado e observación e interpretación as...
26/08/2026

🌌✨ ROTEIROS E OBSERVACIÓN ESTELAR NO ALTO DO CASTELO DO FARO

Xornadas de roteiro guiado e observación e interpretación astronómica no miradoiro Paixasístico do Castelo do Faro, en Prado, Covelo. 🌠

📅 Datas:
🔹 Sábado 29 de agosto
🔹 Sábado 17 de outubro

🥾 Roteiro guiado desde a Igrexa de Prado e, xa no alto do Faro, observación do ceo nocturno con telescopios e interpretación astronómica.

⭐ PRAZAS LIMITADAS

📞 INSCRICIÓNS E RESERVAS:
Jesús – FeGAR: 622 676 355

🧥 Lembrade levar roupa de abrigo, luvas, gorro e roupa térmica, xa que a actividade se prolongará ata a madrugada.

Unha oportunidade para descubrir o ceo de Covelo desde un dos lugares máis especiais para a observación das estrelas. ✨🌌

Actividade organizada polo Concello de Covelo e financiada pola Deputación de Pontevedra.

💧 AVISO IMPORTANTE - CORTE DE AUGA EN VILANOVA – PEREIRASInformamos ás veciñas e veciños de Vilanova – Pereiras de que o...
26/08/2026

💧 AVISO IMPORTANTE - CORTE DE AUGA EN VILANOVA – PEREIRAS

Informamos ás veciñas e veciños de Vilanova – Pereiras de que os días 26, 27 e 28 de agosto será necesario realizar cortes na subministración de auga da rede xeral debido ao baleirado do depósito por unha avaría na rede.

🕗 Horario aproximado dos cortes:
➡️ Desde as 20:00 h ata as 9:00 h do día seguinte.

Pedimos desculpas polas molestias que esta situación poida ocasionar e agradecemos a vosa comprensión e colaboración mentres se realizan estas actuacións.

🎶✨ XVIII CICLO DE MÚSICA RELIXIOSA – SAN MARTIÑO DE BARCIA DE MERAEste sábado 29 de agosto, a igrexa de San Martiño de B...
24/08/2026

🎶✨ XVIII CICLO DE MÚSICA RELIXIOSA – SAN MARTIÑO DE BARCIA DE MERA

Este sábado 29 de agosto, a igrexa de San Martiño de Barcia de Mera acolle unha nova cita do XVIII Ciclo de Música Relixiosa 2026.

🎺🎹 Nesta ocasión poderemos desfrutar dun concerto de órgano e trompeta a cargo de CUM ALTUM, baixo o título Sound the Trumpet.

📅 Sábado 29 de agosto
🕗 20:00 h
📍 Igrexa de San Martiño de Barcia de Mera

Unha oportunidade única para g***r da música nun espazo de enorme beleza e valor patrimonial. 💜

Esperámosvos! 🎶

🥾🌿 DOMINGO 30 DE AGOSTO - ROTEIRO DO SENDEIRO DO VAL DO LOURO en Maceira - CoveloEste domingo propoñémosvos poñer as bot...
24/08/2026

🥾🌿 DOMINGO 30 DE AGOSTO - ROTEIRO DO SENDEIRO DO VAL DO LOURO en Maceira - Covelo

Este domingo propoñémosvos poñer as botas e descubrir Covelo camiñando cun roteiro interpretado polo Sendeiro do Val do Louro PR-G 258. 🥾🌳

Unha actividade para desfrutar da natureza e coñecer o territorio da man de Julio Eiroa, guía de montaña, biólogo e fotógrafo, que nos acompañará durante o percorrido.

📅 Domingo 30 de agosto
🥾 Roteiro interpretado do Sendeiro do Val do Louro PR-G 258 Maceira - Covelo.

✨ Actividade de balde
⚠️ Prazas limitadas e inscrición previa

📞 Inscrición e información: Julio Eiroa telf. 654.500.652

🌿 Unha mañá para camiñar, descubrir e g***r da natureza de Covelo.

👉 Se che gusta a natureza e os roteiros interpretados, esta é a túa oportunidade!

Actividade organizada polo Concello de Covelo e financiada pola Deputación de Pontevedra.

🪵 SÁBADO 29 DE AGOSTO - PORTAS ABERTAS NO SERRADOIRO DOS CARRANOS.Este sábado temos unha cita para descubrir e coñecer m...
24/08/2026

🪵 SÁBADO 29 DE AGOSTO - PORTAS ABERTAS NO SERRADOIRO DOS CARRANOS.

Este sábado temos unha cita para descubrir e coñecer máis de preto o Serradoiro dos Carranos e a súa Aula de Interpretación. 🌿

Unha oportunidade para achegarnos a este espazo tan especial de Covelo, coñecer a súa historia, o seu funcionamento e o patrimonio vinculado ao aproveitamento tradicional da madeira.

📅 Sábado 29 de agosto
📍 Serradoiro dos Carranos e Aula de Interpretación

✨ Actividade de balde
⚠️ Prazas limitadas e inscrición previa

📞 Para inscribirse e coñecer todos os detalles: Julio Eiroa, guía de montaña, biólogo e fotógrafo Telf. 654.500.652

👉 Unha actividade para aprender, descubrir e poñer en valor o noso patrimonio natural e etnográfico.

Non perdas esta oportunidade de coñecer un dos tesouros de Covelo! 💚

Actividade organizada polo Concello de Covelo e financiada pola Deputación de Pontevedra.

🏡💚 AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN OU AUTOPROMOCIÓN DE VIVENDA PARA MENORES DE 36 ANOSSe tes menos de 36 anos e estás pensando...
24/08/2026

🏡💚 AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN OU AUTOPROMOCIÓN DE VIVENDA PARA MENORES DE 36 ANOS

Se tes menos de 36 anos e estás pensando en mercar ou construír a túa vivenda habitual en Covelo, esta información pode interesarche. 👇

A Xunta de Galicia, a través do IGVS, convoca axudas destinadas a facilitar o acceso á vivenda das persoas mozas en concellos de 10.000 habitantes ou menos, mediante a adquisición ou autopromoción de vivenda.

🔹 Importe da axuda: ata o 20 % do prezo de adquisición ou do custo da autopromoción, cun máximo de 15.000 € por vivenda.

🔹 Requisitos principais: ter menos de 36 anos, cumprir os límites de ingresos establecidos, non ser propietario/a ou usufrutuario/a doutra vivenda (salvo as excepcións previstas) e destinar a vivenda a residencia habitual e permanente durante, polo menos, 5 anos.

🔹 No caso da adquisición, a vivenda pode ser nova ou usada e o prezo de adquisición, incluídos os anexos, non poderá superar os 250.000 €.

📅 Prazo de solicitude: comezará ás 09:00 h do xoves 27 de agosto de 2026 e permanecerá aberto ata as 14:00 h do 16 de novembro de 2026, ou ata o esgotamento do crédito dispoñible.

💻 A solicitude deberá realizarse obrigatoriamente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

📌 Procedemento: VI501B

👉 Podes consultar as bases reguladoras e toda a información oficial no Diario Oficial de Galicia (DOG): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260819/AnuncioC3Q2-110826-0002_gl.html

Consultar o anuncio completo no DOG do 19 de agosto de 2026

📞 Para máis información, o anuncio do Concello recolle os teléfonos do IGVS: 981 541 981 · 981 541 982 · 981 957 529.

📢 Se coñeces a alguén que poida estar interesado/a, comparte esta información!

💧⚠️ AVISO IMPORTANTE – CORTE DE AUGA EN A ERMIDAAnte a situación de escaseza de auga e o baixo nivel do depósito de A Er...
18/08/2026

💧⚠️ AVISO IMPORTANTE – CORTE DE AUGA EN A ERMIDA

Ante a situación de escaseza de auga e o baixo nivel do depósito de A Ermida, debido a un consumo superior á capacidade de abastecemento, o Concello de Covelo informa de que se amplían as horas de corte no subministro de auga domiciliaria.

🚰 Os cortes realizaranse todas as noites, desde as 21:00 h ata as 10:00 h, ata que se consiga recuperar o nivel do depósito.

🙏 Desde o Concello pedimos a colaboración e responsabilidade de todas as persoas usuarias, facendo un uso estritamente necesario da auga e evitando:
🚫 Rego de hortas
🚫 Enchido de piscinas
🚫 Baldeos
🚫 Calquera outro uso que non sexa o aseo e consumo doméstico

⚠️ Procederase ao control dos consumos dos contadores e ao inicio dos correspondentes expedientes sancionadores, segundo o establecido na ordenanza reguladora.

💙 Precisamos da colaboración de todos e todas para garantir o abastecemento de auga.

Dirección

Praza Do Mestre Cerviño
Covelo
36872

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Covelo coa Igualdade publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría