07/09/2026
📚🎶 Hai historias persoais que tamén forman parte da historia dun pobo.
Coles acolleu a presentación de Toccata e fuga, unha obra que percorre a vida e a traxectoria musical de Luis Humberto, cunha longa carreira marcada pola música, as viaxes e os escenarios, pero tamén cunha importante vinculación coa historia cultural do noso concello.
Luis Humberto foi ademais un dos impulsores da creación da Banda Santádega de Coles, deixando unha pegada que forma parte da memoria musical e colectiva do municipio.
Na presentación estivo acompañado por Bieito Iglesias,escritor e veciño de Coles, nun encontro próximo no que se compartiron lembranzas, vivencias e historias que nos permiten coñecer non só a vida do protagonista do libro, senón tamén un anaco da historia de Coles.
👏 Grazas a todas as persoas que nos acompañastes nesta tarde de música, memoria e cultura.