Partido Popular de Redondela

Partido Popular de Redondela Página Oficial del Partido Popular de Redondela Perfil oficial do Partido Popular de Redondela

🪦 Do máis bonito de España… ao máis abandonado ? 👉🏻 O cemiterio de Eidos chegou a ser recoñecido como o máis bonito de E...
21/08/2026

🪦 Do máis bonito de España… ao máis abandonado ?

👉🏻 O cemiterio de Eidos chegou a ser recoñecido como o máis bonito de España. Hoxe, vendo as imaxes, custa crer que esteamos falando do mesmo lugar.

🌿 Herba por todas partes.
❌ Falta absoluta de limpeza e mantemento.
🪦 Un estado de abandono impropio dun espazo con tanto valor histórico e patrimonial.

👉🏻Mentres o Goberno municipal presume de patrimonio e de Redondela como destino turístico, querendo incluso cobrar unha taxa, é incapaz de manter en condicións nin sequera os seus espazos máis singulares.

❌ De “cemiterio máis bonito de España” a poder ser o máis descoidado e abandonado. Esa é a triste realidade que deixa a falta de xestión de Digna Rivas.

Menos propaganda e máis limpeza. Menos fotos e máis traballo.

🛝 “Están todos perfectos”… de verdade?👉🏻 No pasado pleno presentamos un rogo alertando do lamentable estado dalgúns parq...
20/08/2026

🛝 “Están todos perfectos”… de verdade?

👉🏻 No pasado pleno presentamos un rogo alertando do lamentable estado dalgúns parques infantís de Redondela.

😡 Ao concelleiro responsable non lle gustou demasiado a nosa intervención e chegou a reprocharnos que todos os parques estaban perfectos.

Pois ben, aquí están as imaxes.

📍🏖️ Parque infantil da praia de Cesantes, un dos máis visitados do municipio, especialmente nestas datas.

Elementos deteriorados, falta de mantemento e situacións que poden supoñer un perigo para os máis pequenos.

Non se trata de discutir se os parques están “perfectos” sobre o papel. Trátase de baixar á rúa, mirar e actuar antes de que aconteza algo.

👉 Menos negar os problemas e máis solucionalos.

A seguridade dos nosos nenos debería estar por riba de calquera excusa.

🛝 Seguiremos achegando máis fotografías dos diferentes parques.

🌿 ¿E cando cheguen as chuvias?As cunetas das estradas de todo o Concello de Redondela están repletas de herba e maleza, ...
19/08/2026

🌿 ¿E cando cheguen as chuvias?

As cunetas das estradas de todo o Concello de Redondela están repletas de herba e maleza, nun estado que evidencia a falta de mantemento e, sobre todo, de previsión do goberno municipal.

⛈️ Agora, en pleno verán, xa están así. ¿Que pasará cando cheguen as chuvias? Cunetas obstruídas, auga que non evacúa correctamente e máis problemas nas nosas estradas.

Non queremos esperar a que chegue o momento para que aparezan as présas, as inundacións e as excusas.

👉 A prevención tamén é gobernar.

E neste Concello, unha vez máis, parece que se acordarán dos problemas cando xa sexa demasiado tarde.

Menos improvisación. Máis mantemento. Máis prevención.

Turismo de postal… ou de vergonza?👉🏻 Esta é a imaxe que se están atopando moitos dos visitantes que chegan a Redondela: ...
18/08/2026

Turismo de postal… ou de vergonza?

👉🏻 Esta é a imaxe que se están atopando moitos dos visitantes que chegan a Redondela:

Unha Alameda Castelao nun estado lamentable, impropia do cuarto municipio da provincia.

Por aquí pasan nestas datas centos de visitantes, moitos deles peregrinos, que se levan esta imaxe de Redondela.

🫰🏻 E logo pretenden aprobar unha taxa turística.

Parece que a Digna Rivas o único que lle importa é poñer taxas ou subilas, non ofrecer unha boa imaxe nin servizos á altura.

👉 Redondela merece moito máis. Menos taxas e máis limpeza, mantemento e coidado dos nosos espazos públicos.

👉🏻 Esta mañá estivemos presentes en Chapela, acompañando aos veciños en dúas moi boas iniciativas. ♻️En primeiro lugar v...
08/08/2026

👉🏻 Esta mañá estivemos presentes en Chapela, acompañando aos veciños en dúas moi boas iniciativas.

♻️En primeiro lugar visitamos o mercadiño de segunda man, organizado pola Asociación de Veciños de Chapela, unha proposta que fomenta a economía circular e dá unha segunda vida aos obxectos.

🦪 Tamén disfrutamos da Festa do Mexillón, organizada polo Círculo Cultural e Recreativo de Chapela, onde puidemos degustar este magnífico produto da nosa gastronomía.

👏 Parabéns a ambas entidades pola organización e por seguir dinamizando Chapela e creando espazos de encontro para os veciños.

❌  Este é o lamentable estado no que se atopan os contenedores ao longo de todo o concello. Neste caso referímonos aos q...
07/08/2026

❌ Este é o lamentable estado no que se atopan os contenedores ao longo de todo o concello.

Neste caso referímonos aos que están situados ao carón do centro de día en Cesantes.

👉🏻 Segundo nos trasladan os propios veciños, levan así varias semanas.

📲 A incidencia foi comunicada en varias ocasións ao Concello e tamén a través de Liña Verde, pero a resposta segue sendo a mesma: NINGUNHA

👎🏻 Mentres o goberno municipal segue subindo os impostos aos veciños, os servizos non deixan de empeorar. Máis impostos, menos mantemento e menos atención ás incidencias do día a día.

Os veciños pagan cada vez máis, pero reciben cada vez menos.

🤘 O pasado sábado, o Partido Popular de Redondela estivo presente nunha nova edición do Berete Rock, compartindo unha no...
03/08/2026

🤘 O pasado sábado, o Partido Popular de Redondela estivo presente nunha nova edición do Berete Rock, compartindo unha noite de música e bo ambiente en Chapela.

👉🏻 Parabéns á organización por facer posible, un ano máis, un festival que xa é todo un referente.

Gracias polo voso traballo e compromiso.

🌺 Aloha Shopping Night Redondela 2026 🌴Onte o Partido Popular de Redondela estivo presente na Aloha Shopping Night, acom...
01/08/2026

🌺 Aloha Shopping Night Redondela 2026 🌴

Onte o Partido Popular de Redondela estivo presente na Aloha Shopping Night, acompañando ao comercio local nesta gran cita.

👉🏻 Queremos felicitar á Asociación de Empresarios de Redondela pola excelente organización dun evento que volveu encher as rúas de ambiente e dinamizou o noso comercio.

Tamén agradecemos a presenza do director xeral de Comercio da Xunta de Galicia , Gabriel Alén, amosando unha vez máis o compromiso da Xunta co comercio de proximidade.

👏 Parabéns a todos os comercios participantes por facer posible unha noite para lembrar.

28/07/2026

🚨 Desprezo. Descalificacións. Falta de respecto.

👉🏻 Iso foi o que tiveron que soportar os representantes dos Consellos Parroquiais e dos colectivos veciñais durante o último Pleno municipal.

👉🏻 O concelleiro Roberto Villar chegou a cualificar as súas propostas de "fumadas" e "inútiles", e incluso os acusou de ser "machistas", nunha intervención intolerable contra persoas que dedican o seu tempo, de maneira totalmente altruísta, a defender os intereses das súas parroquias.

❌ O máis preocupante é que Digna Rivas, como alcaldesa e presidenta do Pleno, permitiu estas descalificacións sen realizar a máis mínima chamada á orde nin defender o respecto institucional que merecen os representantes veciñais. O seu silencio converteuse nunha clara mostra de permisividade ante este comportamento.

💪🏻 Desde o Partido Popular de Redondela queremos expresar o noso total apoio aos Consellos Parroquiais e a todos os colectivos que traballan cada día por mellorar o noso municipio.

Quen dedica o seu tempo a servir aos demais merece respecto, non insultos. Quen presenta propostas merece ser escoitado, non ridiculizado. E quen goberna ten a obriga de fomentar o diálogo, non de amparar a descalificación.

👉🏻🐀 O  pasado xoves, o Partido Popular de Redondela presentou un rogo no Pleno municipal para alertar da preocupante pra...
28/07/2026

👉🏻🐀 O pasado xoves, o Partido Popular de Redondela presentou un rogo no Pleno municipal para alertar da preocupante praga de ratas que afecta tanto ao casco urbano como ás distintas parroquias do noso concello.

❌ A falta de limpeza e mantemento en numerosos espazos públicos está favorecendo a proliferación destes animais, unha situación que supón un risco para a saúde pública, ademais de causar un evidente malestar entre a veciñanza.

🔊 Por iso, solicitamos ao Goberno local que actúe de maneira inmediata, poñendo en marcha un plan urxente de limpeza, desratización e prevención que permita controlar esta situación antes de que siga agravándose.

Os veciños merecen un concello limpo, seguro e ben coidado.

👉 Desde o Partido Popular de Redondela seguiremos levando ao Pleno os problemas reais dos nosos veciños e esixindo solucións, non excusas.

Dirección

Chapela

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
Martes 10:00 - 13:00
Miércoles 10:00 - 13:00
Jueves 10:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Partido Popular de Redondela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir