Por Chantada - Interior Galego Vivo

Por Chantada - Interior Galego Vivo CHANTADA ten FUTURO
o INTERIOR GALEGO ten PARTIDO

🟢 A ponte das piscinas tamén é un exemplo do desleixo municipal.A falta de mantemento é absoluta desde hai mais dunha dé...
05/09/2026

🟢 A ponte das piscinas tamén é un exemplo do desleixo municipal.

A falta de mantemento é absoluta desde hai mais dunha década e a pesar de que, desde Por Chantada, solicitamos en diferentes ocasiós que se actuase sobre esta ponte. Durante anos, o Concello limitouse a deixar pasar o tempo, até que o óxido avanzou até o punto de facer necesaria a substitución de elementos, cando unha actuación de mantemento e pintura tería evitado chegar a esta situación.

Hoxe a ponte apresenta unha má imaxe e, máis importante aínda, evidencia a incapacidade deste goberno municipal para coidar e conservar os elementos públicos.

👉 Manter o patrimonio e os equipamentos municipais tamén é gobernar. Pouco importa facer algo se logo se deica apodrecer como as varandas do paseo ou o teito da cada da música. E non facelo durante anos acaba saíndo máis caro.

Non pedimos obras faraónicas. Pedimos mantemento, previsión e vontade de facer as cousas ben. 🟢

🟢 POR CHANTADA – INTERIOR GALEGO VIVO ALEGA AO PROXECTO MONTE CABEZA II🌬️ Seis novos aeroxeradores. 40,8 MW e centos de ...
03/09/2026

🟢 POR CHANTADA – INTERIOR GALEGO VIVO ALEGA AO PROXECTO MONTE CABEZA II

🌬️ Seis novos aeroxeradores. 40,8 MW e centos de metros. Unha nova peza nun territorio xa saturado.

Apresentamos alegaciós ao proxecto Monte Cabeza II, que afecta Chantada, Rodeiro, Agolada e Antas de Ulla e contempla tamén a conexión coa SET Soilán II en Pesqueiras nunha área asemade saturada.

Asinalamos o efeito acumulativo de parques eólicos, liñas de alta tensión, subestacións, baterías de litio e novas infraestruturas que se están concentrando no noso territorio.

👉 Faro, Farelo e Martiñá: até onde pode seguir soportando o territorio?

Reclamamos que a Xunta deixe de tramitar cada proxecto como se estivese nun territorio baleiro e avalíe o impacto conxunto e acumulativo sobre:

🌱 actividade agraria e solo
💧 ríos, traídas e recursos hídricos
🦅 aves e quirópteros
🏞️ paisaxe e patrimonio
🔥 risco de incendios
🏘️ poboación e calidade de vida

Amais, o proxecto estaría vinculado a unha subvención pública de 9,3 millóns de euros, cuestión que tamén pomos en solfa ao entender que non se trata dunha repotenciación, mais dun parque novo.

📑 Isto é tamén traballo pola viciñanza e o territorio: estudar expedientes, planos, coordenadas, informes e normativa e apresentar alegaciós dentro dos prazos. Non é tan vistoso como unha foto, mais é imprescindíbel para dar voz á viciñanza.

Loitamos por safarnos de ver a nosa comarca convertida nun territorio de sacrificio para o beneficio dos mesmos de sempre.

O territorio ten límites. Ten valores. E, sobretodo, ten viciñanza. 🟢


🟢 5,66 MILLÓNS DE EUROS. 17 ANOS PARA PAGALOS.Isto é o que aprobou hoxe o PP no Pleno extraordinario de Chantada.Unha op...
20/08/2026

🟢 5,66 MILLÓNS DE EUROS. 17 ANOS PARA PAGALOS.

Isto é o que aprobou hoxe o PP no Pleno extraordinario de Chantada.

Unha operación que compromete o Concello até 17 anos, cun período de carencia de dous anos a oito meses dunhas eleiciós municipais e co 2026 rematando.

👉 Que sentido ten hipotecar o futuro de Chantada desta maneira?

Nós témolo claro: non se pode comprometer a economía municipal durante moitos anos por chegar ás eleccións de 2027 con barra libre de cartos. Unha bomba de tempo que sairá nos nosos petos‼️

Mentres tanto, a débeda queda. E pagámola todas e todos.

Despois das festas patronais, que vos desexamos pasedes da millor forma e en boa compaña, subiremos o vídeo do pleno extraordinario de hoxe.

Non se trata apenas dunha hipoteca, mais de que modelo de Concelloqueremos deixar ás xeracións que veñen.

📢 Chantada merece futuro, non unha hipoteca de 17 anos.

O cambio non é só necesario. É urxente. E estamos preparadas e preparados para facelo realidade. 🟢


18/08/2026

🟢 "NON SE PODEN ESTIRAR MÁIS OS PÉS DO QUE DÁ A MANTA"

Con estas palabras, no último pleno ordinario, referiu Antom Fente á licitación do crédito que impulsan o alcalde e o PP e que nos vai custar entre capital e xuros a frioleira de 5.668.834.65€. Palabras coma sempre interrumpidad porque ao PP a Verdade moléstalle.

Iste xoves, ás 13:00 horas, convocouse máis un pleno extraordinario para aprobar definitivamente o crédito, sen contestar as alegaciós de Por Chantada (ninguén máis formulou alegaciós), e para adxudicarllo a Caixa Rural Galega (apenas Abanca fixo outra oferta). Pode asistir quen o desexe.

⚠️ O PP por un vergoñento eleitoralismo bótanos ao lombo unha lousa a 17 anos para inundar de cemento a campaña eleitoral. Iso si, con dous anos de carencia para dilatar no tempo as súas consecuencias.

💶 Porén, o sol non se tapa cun dedo. Só os xuros do préstamo ascenden a 1.479.288.52 euros e cada 3 meses deberemos abonar máis de 90.000 euros de todas e todos en canto dure o crédito. Isto sen contar ao Plan económico-financeiro, ao que nos obriga o incumprimento da regra de gasto e da estabilidade orzamentar, e que pode ir acompañado de subas de impostos e taxas. Unha HIPOTECA que compromete o noso FUTURO.

⚠️ Podemos colectivamente tolerar iste atropelo? 🙏 Axúdanos compartindo nas túas redes o vídeo para chegar a toda a viciñanza.

✌️ ESPERTA CHANTADA‼️ 🟢



🟢 Tamén  no rural o servizo do lixo precisa ser millorado.👉🏽 Lévase anos cobrando a taxa, mais non se avanzou nada na re...
17/08/2026

🟢 Tamén no rural o servizo do lixo precisa ser millorado.

👉🏽 Lévase anos cobrando a taxa, mais non se avanzou nada na recollida selectiva.

👉🏽 Moitos lugares teñen colectores escachados ou sen tapa e non hai reposición. Tampouco ven a auga nen se limpan polo que feden nestas datas con especial intensidade.

👉🏽 Onte mesmo esta era a situación nas parroquias de e , xa que non hai organización para reforzar o servizo por mor das festas ou do aumento estacional da poboación.

Que imaxe damos como concello? Cantos anos levamos así? Non se prometera que co inicio do cobro no rural todo ía mudar? De momento, máis do mesmo: abandono e esquecemento, sem calquera rigor na xestión. 🟢


🟢 CHANTADA ESTÁ SUCIA. E LEVA ANOS ASÍ.Non é unha impresión nin unha foto puntual. As imaxes que estamos publicando iste...
16/08/2026

🟢 CHANTADA ESTÁ SUCIA. E LEVA ANOS ASÍ.

Non é unha impresión nin unha foto puntual. As imaxes que estamos publicando istes días amosan unha realidade que a viciñanza coñece ben ano após ano: rúas con excrementos de aves e cans, lixo sen varrer e colectores soterrados —mesmo ao carón do propio Concello— acumulando sucidade e cheiros.

Que o alcalde nos teña contestado nos plenos que o "felicitan pola rúa polo ben que está todo" dá a medida do cinismo, mais tamén do fin de ciclo. Un goberno sen ideas nen vontade se avanzar. E si, existe incivismo. As deposicións e miccións dos cans son unha mostra evidente. Pero recoñecer o incivismo non pode servir de escusa para a falta de limpeza, de vixilancia e de resposta municipal. É máis, o abandono municipal contribúe a potencialo.

👉 Hai máis de dez anos que Por Chantada reclama unha ordenanza que regule estas condutas. Unha ordenanza sen a cal é moito máis difícil actuar con eficacia. Falta tamén vixilancia e sanción cando corresponda.

Porque un concello limpo non se consegue só apelando á responsabilidade da viciñanza: precisa servizos públicos adecuados, limpeza regular, normas claras, vixilancia e vontade política para facelas cumprir.

📸 As fotografías falan, infelizmente, por si mesmas e o sol non se tapa cun dedo.

Chantada merece estar limpa. E despois de tantos anos gobernando, o alcalde e o PP son responsábeis de que non haxa unha solución á vista. 🟢


🟢 CHANTADA MERECE UN SERVIZO DE LIXO Á ALTURAAntes de máis, desexamos que teñades un bo fin de semana de descanso e que ...
15/08/2026

🟢 CHANTADA MERECE UN SERVIZO DE LIXO Á ALTURA

Antes de máis, desexamos que teñades un bo fin de semana de descanso e que todas as persoas que acudades de romaría ao Faro teñades unha boa xornada. 🍃

Porén, nistes días foron varias as persoas que nos trasladastes o mal estado dos colectores en Chantada: cheiros, colectores ateigados e unha recollida claramente insuficiente para o volume de lixo que se xera, especialmente nestas datas de maior poboación estacional.

No caso dos colectores de cartón, a situación é aínda máis evidente: algúns levan moitos días cheos, sen que se produza a recollida.

Non é unha cuestión puntual. A limpeza, o mantemento e a reposición dos colectores levan anos formando parte das nosas propostas no Pleno. E o servizo de recollida continúa prestándose cun contrato vencido e nunha situación irregular, sen que o Goberno municipal sexa quen de licitar novamente o servizo.

O problema é que esta situación se prolonga porque licitar o servizo suporía previsibelmente actualizar o seu custo e, polo tanto, os recibos, algo que o alcalde e o PP parecen non querer afrontar antes das eleiciós para facelo despois sen levalo no programa, como aconteceu co cobro retroactivo no rural.

O resultado é evidente: un servizo insuficiente e deficiente, tanto na vila canto nas parroquias, que leva demasiados anos soportando.

👉 Chantada non precisa máis escusas. Precisa un servizo de recollida e limpeza digno, eficaz e dimensionado ás necesidades reais do concello.

Despois de 30 anos gobernando, xa non hai marxe para escusas e continuar sen solucionar o problema.

📸 As fotografías corresponden a colectores situados na avenida de Lugo, avenida de Monforte, avenida de Portugal, rúa do Parque, rúa da Santa Mariña, rúa Carlos Otero Díaz, rúa Serra do Faro, rúa Ramón y Cajal, rúa Luis García Arias, rúa Uxío Novoneyra, praza dos Catro Camiños, entre outros puntos da nosa vila. 🟢


🟢 Recomendaciós e advertencias xerais en relación coa eclipse solar ☀️⚠️Por motivos económicos levan bombardeando meses ...
12/08/2026

🟢 Recomendaciós e advertencias xerais en relación coa eclipse solar ☀️

⚠️Por motivos económicos levan bombardeando meses con iste tema custando diferenciar por veces a información veraz.

1.- Duración: en Chantada só vai durar 30 segundos a totalidade e non é necesario desprazarse para velo e menos quen resida na aldea. Comezará ás 19:32 e rematará ás 21:22 (a totalidade será ás 20:29).

2.- SAÚDE: aínda con lentes que reúnan os requisitos (ISO 12312-2, marcado CE e marcas de confianza) non se pode estar mirando continuamente para o Sol durante períodos maiores de 30 segundos. De por parte, non hai evidencia científica de que se poda estar mirando sen consecuencias o sol a intervalos de 20 segundos. A Sociedade Española de Oftalmoloxía e diversos colexios médicos alertan de que o perigo de sufrir unha lesión grave é moi alto debido á falsa sensación de seguridade que produce o solpor e a escuridade parcial.

3.- Vulnerabilidade infantil: os oftalmólogos piden evitar por completo que os nenos pequenos miren o sol, xa que o seu cristalino é máis transparente e deixa pasar máis radiación. Para eles, a recomendación médica oficial é o uso exclusivo de métodos indirectos e tamén persoas con calquera patoloxía macular previa.

4.- Varios lentes non cumpren os requisitos, segundo advertiu Facua, e representan un perigo para a retina. Se tes dúbidas non te expoñas, xa que pode haber fraude. Cando menos seis modelos apresentan defeitos relacionados coa transmitancia dos filtros solares, o que podería provocar danos graves e irreversíbeis na vista. Facua advirte que estas irregularidades "pueden producirse en otros muchos productos que se vengan comercializando o regalando en los últimos meses".

Os produtos afectados pertencen ás marcas Lionstar (modelo LSP1), ECP Eye Care Proffesional, Pelispan, Homanaje (modelo QW-50Z1), Orro (modelo O37-R, lote 2603-01, con data de fabricación de marzo de 2026) e Opticalia, sendo os fallos detectados por organismos de consumo en varias comunidades autónomas.

5.- Os filtros solares certificados para a observación de eclipses deben cumprir coa norma ISO 12312-2, que estabelece os requisitos de transmitancia e seguranza. Un filtro axeitado debe bloquear entre 99,999% e 99,9999% da luz solar, permitindo apenas o paso dunha cantidade "segura" de radiación que permita distinguir o disco solar sen comprometer en exceso a saúde ocular. Incluso cos lentes con certificación ISO 12312-2, sociedades médicas e expertos que non se debe mirar alén de 20 segundos e descansar a vista varios minutos antes de volver tentalo.

6.- Existen páxinas en Internet ou TVs que van retransmitir a eclipse sen risco algún para os nosos ollos. O Instituto Geográfico Nacional (IGN) realiza unha emisión especial con comentarios de astrónomos desde diferentes observatorios da Península Ibérica.

7.- Risco absoluto en dispositivos ópticos: os médicos advirten de que mirar a eclipse através dun teléfono móbil, unha cámara de fotos, prismáticos ou telescopios sen un filtro solar profesional acoplado na parte frontal destrúe o ollo nunha fracción de segundo.

En definitiva, responsabilidade, tino e sentido común. Non todo na vida debe ser espectáculo.

Fontes

📌 https://www.oftalmoseo.com/recomendaciones-de-la-sociedad-espanola-de-ofalmologia-para-proteger-la-salud-ocular-durante-un-eclipse-de-sol/

📌https://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/a-eclipse-das-nosas-vidas-guia-e-consellos-para-gozar-dun-fenomeno-irrepetible

📌https://facua.org/noticias/ordenan-la-retirada-de-cinco-modelos-de-gafas-para-el-eclipse-solar-por-riesgo-de-lesiones-oculares/ 🟢


🟢 SOLIDARIEDADE CON COLOMBIA E COA SÚA XENTE 🇨🇴🤝Desde Interior Galego Vivo 🍃 queremos expresar a nosa máis fonda solidar...
10/08/2026

🟢 SOLIDARIEDADE CON COLOMBIA E COA SÚA XENTE 🇨🇴🤝

Desde Interior Galego Vivo 🍃 queremos expresar a nosa máis fonda solidariedade co pobo colombiano tras o devastador terremoto que hoxe sacudiu boa parte do país, causando vítimas, persoas afectadas e importantes danos materiais.

Queremos trasladar unha aperta moi especial ás galegas e galegos residentes en Colombia, ás súas familias e amizades, así como ás colombianas e colombianos que viven na Galiza e, nomeadamente a importante comunidade que mora en Chantada e que nestas horas sofren incertidume, preocupación e angustia.

A Galiza e Colombia están unidas por fortes lazos humanos e migratorios. Moitas persoas colombianas fixeron da nosa terra o seu fogar, en canto tamén existe unha importante comunidade galega vinculada a Colombia.

Nestes momentos difíciles, cómpre mobilizar todos os recursos necesarios para atender as persoas damnificadas, procurar as persoas afectadas e apoiar os labores de emerxencia e reconstrución.

Desde o interior galego compartimos a dor de quen perdeu familiares, amizades, fogares ou medios de vida nesta catástrofe.

Hoxe, como tantas outras veces, a solidariedade é a tenrura dos pobos.

Todo o noso apoio ao pobo colombiano. 🇨🇴💚

🍃

03/08/2026

🟢 No pleno ordinario do 23 de xullo debateuse unha moción de Por Chantada - Interior Galego Vivo 🍃 para a promoción da inclusión e integración da poboación migrante no Concello de Chantada, nomeadamente as crianzas.

📹Podedes ver o debate e a defensa da moción da nosa compañeira Elena DaPena no vídeo mais a nova en Ribeirasacraxa:

https://ribeirasacraxa.com/es/news/por-chantada-lamenta-el-rechazo-de-su-mocion-para-impulsar-politicas-municipales-de-inclusion/130394/

Lamentamos que o PP votase en contra das nosas propostas, que entendimaos eran positivas para o conxunto da comunidade. O alcalde, por un lado, dixo non admitir "leciós" e, polo outro, previamente defendeu que lle deran unhas "leciós" aos migrantes. Tamén sobrepasou o decoro institucional cando afirmou que se alguén lle dicía que era ra***ta ou xenófobo (cuestión que non viña absolutamente a conto). 🟢


Dirección

Outeiro, 4, Santa Cruz De Viana
Chantada
27519

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Por Chantada - Interior Galego Vivo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir