04/09/2026
🎒📚ESTADES PREPARADOS PARA A VOLTA AO COLE?
NÓS QUEREMOS AXUDARVOS! 📚🎒
Na Biblioteca Municipal preparamos un centro de interese con moitas historias arredor do colexio.
📖 Libros para quen vai ao cole por primeira vez, para quen regresa ás aulas despois das vacacións e para quen quere descubrir novas aventuras entre clases, amizades e aprendizaxes.
Os primeiros días poden traer ilusión, nervios, medos e moitas novidades… e un bo libro pode ser o mellor compañeiro para afrontar esta nova etapa.
🎒📚 Achégate á biblioteca e escolle a túa historia para comezar o curso!
Concello de Chantada