CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO CONCELLO DE CERVO AYUNTAMIENTO DE CERVO
Praza s/n. 27891 Cervo
Tlf:982 55 77 77 // Fax: 982 55 77 29
www.concellodecervo.com

🙌🙌Xenial este venres a sesión regato do Festival de Narración Oral de Cobo a Xunco.📌Nas Escolas Vellas de Rúa👉 Con Pablí...
06/09/2026

🙌🙌Xenial este venres a sesión regato do Festival de Narración Oral de Cobo a Xunco.

📌Nas Escolas Vellas de Rúa
👉 Con Pablísimo, con "Cabicivai"

🫶Graciñas a todos/as

Tarabela Creativa

🧩👏 ESTE DOMINGO, EN CERVO  OS PROTAGONISTAS SON OS PUZZLES!📅 Este domingo, 6 de setembro, a Sala Cultural Xosé Vizoso, n...
04/09/2026

🧩👏 ESTE DOMINGO, EN CERVO OS PROTAGONISTAS SON OS PUZZLES!

📅 Este domingo, 6 de setembro, a Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras, acollerá o I Concurso de Puzzles "Sargadelos peza a peza”, unha proposta novidosa impulsada por HAI LARÁN, Escape Room & Espazo Creativo.

🧩⏱️ Un reto por parellas no que o enxeño, a concentración e o traballo en equipo serán fundamentais para completar o puzzle no menor tempo posible.

🙌 A iniciativa conta cunha excelente resposta e estímase a participación dunhas 40 parellas, que se darán cita neste escenario singular do Conxunto Histórico de Sargadelos para compartir unha mañá de diversión e creatividade.

🏆 Haberá premios para os tres mellores tempos, así como un recoñecemento ao mellor tempo local.

📍 Sala Cultural Xosé Vizoso – Edificio das Carboeiras, Sargadelos
🕚 Domingo, 6 de setembro | 11:00 horas

👏 Desde o Concello de Cervo animamos a seguir apoiando iniciativas que combinan cultura, ocio, creatividade e dinamización do noso patrimonio, e desexamos moita sorte a todas as parellas participantes!

🧩 SARGADELOS, PEZA A PEZA!

🏖️ O CONCELLO DE CERVO RECIBE O DIPLOMA DE OURO DO PROGRAMA PRAIAS SEN FUME POLO SEU COMPROMISO COA SAÚDE E A SOSTIBILID...
04/09/2026

🏖️ O CONCELLO DE CERVO RECIBE O DIPLOMA DE OURO DO PROGRAMA PRAIAS SEN FUME POLO SEU COMPROMISO COA SAÚDE E A SOSTIBILIDADE

O Concello de Cervo foi distinguido esta mañá co Diploma de Ouro do programa Praias sen Fume, unha iniciativa da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade que recoñece o compromiso dos concellos galegos coa promoción de hábitos de vida saudables e coa protección dos espazos naturais. 🌿

O acto de entrega celebrouse na praia do Club Fluvial de Begonte e contou coa participación do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, que foi o encargado de entregar o recoñecemento á alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés. 🏅

Cervo forma parte da rede galega de Praias sen Fume cos areais do Torno, A Caosa, Cubelas e Rueta, consolidando así a súa aposta por converter os espazos costeiros do municipio en lugares máis saudables, limpos e respectuosos co medio ambiente. 🚭🌊

🗣A alcaldesa, Dolores García Caramés, puxo en valor a importancia de manter e reforzar este compromiso municipal: “Para Cervo é unha satisfacción recibir un ano máis este Diploma de Ouro porque detrás deste recoñecemento hai unha aposta clara por educar, concienciar e promover hábitos saudables, especialmente entre os máis novos”.

Neste sentido, a rexedora destacou que “as praias son espazos de convivencia, de ocio e de contacto coa natureza, e queremos que quen as desfrute poida facelo nunha contorna limpa e libre de fume”.

García Caramés incidiu tamén na importancia de avanzar na concienciación cidadá: “Non se trata só de dicir que non se pode fumar, senón de conseguir que, pouco a pouco, entendamos que non fumar nas praias é unha cuestión de respecto cara ás demais persoas e tamén cara ao noso patrimonio natural”.🤝

A alcaldesa subliñou, ademais, o impacto ambiental que teñen os residuos derivados do tabaco, especialmente as cabichas, e lembrou que "un xesto tan pequeno como recoller e non deixar residuos na praia pode marcar unha gran diferenza na conservación da nosa costa”. 🐚🌊

O programa Praias sen Fume, posto en marcha en 2016, ten como finalidade promover estilos de vida saudables, previr o consumo de tabaco e reducir a presenza de fume e residuos asociados ao tabaco nos areais galegos. A adhesión á iniciativa é voluntaria e baséase fundamentalmente na sensibilización e na implicación da cidadanía. 🚭

Con esta distinción, o Concello de Cervo continúa avanzando na súa política de promoción da saúde e de protección ambiental, sumándose ao conxunto de municipios galegos que traballan para facer dos seus areais espazos máis saudables, sostibles e respectuosos. 💙🌱

🤝🧠O CONCELLO DE CERVO MANTÉN O SEU APOIO Á SAÚDE MENTAL CUNHA NOVA ACHEGA DE 20.000 EUROS Á ASOCIACIÓN A MARIÑAO Concell...
04/09/2026

🤝🧠O CONCELLO DE CERVO MANTÉN O SEU APOIO Á SAÚDE MENTAL CUNHA NOVA ACHEGA DE 20.000 EUROS Á ASOCIACIÓN A MARIÑA

O Concello de Cervo continúa reforzando o seu compromiso co benestar das persoas e co apoio aos colectivos que desenvolven un labor esencial no ámbito social, coa formalización dun novo convenio de colaboración con Adaoemam A Mariña, ao que o Concello destina 20.000 euros.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, asinou este novo acordo coa entidade, nun encontro no que participaron o presidente de Saúde Mental A Mariña, Jorge Manchado, e a directora xeral técnica, María José Nóvoa.

A achega municipal permitirá á asociación continuar desenvolvendo os seus programas e servizos e manter a atención que presta ás persoas con problemas de saúde mental e ás súas familias. Trátase dun apoio que o Concello de
Cervo mantén ano tras ano, consciente da importancia de contar con recursos próximos e especializados que contribúan á autonomía, inclusión e calidade de vida das persoas usuarias.

🤝A rexedora puxo en valor a relación de colaboración que se mantén coa entidade ao longo de todo o ano e destacou especialmente a súa presenza no municipio, onde conta con dúas unidades residenciais, ademais de participar en diferentes iniciativas municipais.

🙌Neste sentido, lembrou a colaboración no programa Arruguiñas, dirixido ás persoas maiores de Cervo, no que Saúde Mental A Mariña desenvolve diferentes talleres terapéuticos orientados ao benestar emocional, favorecendo tamén a creación de espazos de encontro e participación.
🗣“Para o Concello de Cervo é importante seguir ao lado de Saúde Mental A Mariña e apoiar o extraordinario traballo que realizan cada día. Sabemos que detrás desta entidade hai profesionais e familias que traballan para mellorar a vida de moitas persoas e para construír unha sociedade máis inclusiva e máis consciente da importancia da saúde mental”, sinalou.

A alcaldesa incidiu en que este convenio “vai máis alá dunha achega económica”, xa que representa o compromiso municipal cunha atención especializada e próxima e co traballo de sensibilización que desenvolve a asociación.
🗣“A saúde mental debe ocupar o lugar que lle corresponde nas nosas prioridades. Temos que seguir falando dela con naturalidade, derrubando estigmas e facilitando que as persoas que precisan apoio poidan atopalo”, afirmou.
Desde o Concello destacan, así mesmo, a comunicación permanente coa entidade, que permite coñecer de primeira man as súas necesidades e buscar vías de colaboración para darlles resposta.
✅️“Queremos seguir sumando, acompañando e colaborando para que Saúde Mental A Mariña poida continuar facendo ese labor tan necesario no noso municipio e na comarca”, concluíu a rexedora.

👧🧒O CONCELLO DE CERVO ESTREOU O NOVO PARQUE INFANTIL ISAAC DÍAZ PARDO E LUÍS SEOANE, UN ESPAZO MÁIS MODERNO, ACCESIBLE E...
03/09/2026

👧🧒O CONCELLO DE CERVO ESTREOU O NOVO PARQUE INFANTIL ISAAC DÍAZ PARDO E LUÍS SEOANE, UN ESPAZO MÁIS MODERNO, ACCESIBLE E INCLUSIVO

➡️A actuación, financiada integramente con fondos propios municipais, supuxo un investimento de máis de 261.000 euros e dota á vila dun renovado espazo de lecer pensado para todas as idades.

O Concello de Cervo vén de abrir ao público o renovado parque infantil Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane, situado na contorna da rotonda próxima á Casa do Concello, tras concluír os traballos de remodelación integral deste espazo de lecer infantil.

A apertura tivo lugar esta tarde de xoves con música e diversas actividades pensadas para as crianzas como pintacaras ou globoflexia.
A actuación, que supuxo un investimento de 261.385,74 euros, financiado integramente con fondos propios municipais, permitiu transformar por completo unhas instalacións moi utilizadas polas familias, creando un parque máis moderno, seguro, accesible e adaptado ás necesidades actuais da infancia.

🗣A alcaldesa, Dolores García Caramés, que estivo acompañada polo concelleiro, Adrián Arias destacou que "hoxe poñemos á disposición das familias un parque completamente renovado, pensado para que os nenos e nenas poidan xogar con todas as garantías de seguridade e desfrutar dun espazo atractivo, inclusivo e adaptado ás diferentes idades".

➡️A rexedora lembrou que esta actuación responde ao compromiso do Goberno local por continuar mellorando os espazos públicos destinados á infancia.
🤝"Queremos que Cervo siga sendo un concello pensado para as familias. Este parque era un referente para moitos nenos e nenas e necesitaba unha renovación integral. O resultado é un espazo máis amplo, máis moderno e con novas propostas de xogo que estamos convencidos de que terá unha excelente acollida."

📍Entre as principais novidades destaca a incorporación dunha tirolina, un dos elementos máis agardados polos máis pequenos.
"Era unha das peticións que máis veces nos facían os propios nenos e nenas cando falabamos con eles neste parque. Escoitalos tamén é gobernar, e hoxe podemos ver esa ilusión convertida en realidade", apuntou García Caramés.

A remodelación incluíu a substitución de todos os xogos existentes por novos elementos homologados, a instalación dun pavimento continuo de caucho de seguridade, a renovación completa do peche perimetral e a ampliación da zona destinada aos usuarios de maior idade.

O novo parque conta cunha gran estrutura de aventura, unha área específica para as primeiras idades, novos columpios, xogos de muelle, elementos inclusivos que favorecen o xogo compartido e a nova tirolina, converténdose nun espazo pensado para que todos os nenos e nenas poidan desfrutar en igualdade de condicións.
A alcaldesa subliñou tamén o importante esforzo económico realizado polo Concello para facer realidade este proxecto.

"Estamos a falar dun investimento superior aos 261.000 euros financiado exclusivamente con recursos municipais. É unha mostra da nosa vontade de seguir reinvestindo os fondos do Concello en actuacións que melloran a calidade de vida da veciñanza e crean espazos públicos atractivos, seguros e pensados para o futuro."

Con esta intervención, o Concello de Cervo incorpora á súa rede de espazos públicos un parque infantil totalmente renovado que se converterá nun novo punto de encontro para as familias e nun referente do lecer infantil no municipio.

🙌👏🗣Tomade nota da sesión Río para o público adulto, do festival de Cobo a Xunco.✅️Mañá venres🕑20:30 horas📌Local Social B...
03/09/2026

🙌👏🗣Tomade nota da sesión Río para o público adulto, do festival de Cobo a Xunco.

✅️Mañá venres
🕑20:30 horas
📌Local Social Burgo de Trasbar
🗣Ángeles Goás e Vero Rilo

Tarabela Creativa

🏊‍♀️O CONCELLO DE CERVO ABRE ESTE VENRES O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NOS CURSOS DA PISCINA MUNICIPAL👉A programación inclúe...
03/09/2026

🏊‍♀️O CONCELLO DE CERVO ABRE ESTE VENRES O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NOS CURSOS DA PISCINA MUNICIPAL

👉A programación inclúe cursos de natación para público infantil e adulto, con diferentes grupos adaptados aos distintos niveis, así como clases de Aquagym

📌O prazo está aberto ata o venres, 18 de setembro, en horario de 9:00 a 14:30 horas e 16:00 a 21:30 horas (de luns a venres); e os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 20:00 horas, na propia Piscina Municipal Olímpica // Concello de Cervo

O Concello de Cervo abrirá este venres, 4 de setembro, o prazo de inscrición para os cursos da piscina municipal correspondentes á nova tempada 2026-2027.

A programación inclúe cursos de natación tanto para público infantil como adulto, con diferentes grupos organizados en función do nivel de natación, co obxectivo de adaptar as clases ás necesidades e características das persoas participantes. Ademais, tamén se impartirán clases de Aquagym.

As fichas de inscrición deberán realizarse de forma presencial na piscina municipal, onde tamén se facilitará toda a información relativa aos grupos, horarios e funcionamento dos cursos.

O criterio de admisión establecerase en función da orde de entrega da documentación, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Cervo.

Desde o Concello de Cervo animan á veciñanza a participar nesta programación deportiva, que permite promover a práctica da actividade física e os hábitos de vida saudables entre persoas de diferentes idades.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, destaca que “desde o Concello de Cervo seguimos apostando por ofrecer á nosa veciñanza actividades deportivas variadas e de calidade, facilitando o acceso á práctica deportiva e promovendo hábitos de vida saudables”.

CURSOS NATACIÓN ADULTOS: https://drive.google.com/file/d/1oSp9aFuLJPbH_9qVVNqNzHKErp5gnRrL/view?usp=sharing

CURSOS NATACIÓN INFANTIL: https://drive.google.com/file/d/1hwKvmUDEeo9Vjqrxje0W0gAm2Cedp7KP/view?usp=sharing

♻️O CONCELLO DE CERVO COLABORA CO CLUB MADERAS BARCIA CERVO NA LIMPEZA DA PRAIA DA CAOSA NO MARCO DUN NOVO PLAN DE ACCIÓ...
03/09/2026

♻️O CONCELLO DE CERVO COLABORA CO CLUB MADERAS BARCIA CERVO NA LIMPEZA DA PRAIA DA CAOSA NO MARCO DUN NOVO PLAN DE ACCIÓN DE ALCOA

O Club de Atletismo Maderas Barcia Cervo impulsou na tarde de onte unha xornada de limpeza da praia da Caosa, unha iniciativa que se enmarca nun novo Plan de Acción de Alcoa promovido pola propia entidade deportiva e que contou coa colaboración do Concello de Cervo.

Integrantes do club participaron activamente nos traballos de limpeza deste espazo natural, nunha acción que pon de manifesto o compromiso da entidade co coidado da contorna e coa posta en valor dos espazos naturais do municipio.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata o areal para acompañar aos participantes durante a xornada e agradecer ao Maderas Barcia Cervo a súa iniciativa e implicación.

🙌A rexedora municipal destacou a importancia de que as asociacións e entidades locais tomen a iniciativa e promovan accións que repercutan positivamente no conxunto da veciñanza.“Accións coma esta demostran o compromiso do noso tecido asociativo coa conservación da nosa contorna e coa mellora dos espazos que compartimos”.

👏👌Desde o Concello de Cervo agradecen ao Club Maderas Barcia Cervo a organización desta xornada e a súa aposta por desenvolver este tipo de actuacións ao abeiro dun novo Plan de Acción de Alcoa, contribuíndo entre todos e todas a manter e coidar os espazos naturais de Cervo.

Cervo con Ceuta 🫶
03/09/2026

Cervo con Ceuta 🫶

🙌🙌🗣Recordade que mañá venres arrinca unha nova edición do Festival de Narración Oral de Cobo a Xunco.⏰17:00 horas📌Escola...
03/09/2026

🙌🙌🗣Recordade que mañá venres arrinca unha nova edición do Festival de Narración Oral de Cobo a Xunco.

⏰17:00 horas
📌Escolas Vellas de Rúa
👉 Pablísimo, con "Cabicivai"

🙌Sesión Regato, pensada para toda a familia!

Dirección

Praza Do Concello
Cervo
27891

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO:

Atajos

Compartir