05/01/2026
Cervo non pode seguir á espera: Por unhas infraestruturas dignas para un dos principais motores económicos da comarca. 👇
➡️ En Cervo coñecemos de primeira man o que supón vivir entre promesas que nunca chegan a asfaltarse. Durante décadas, vimos como o progreso pasaba de largo ou se desviaba cara ao interior, mentres a nosa veciñanza e as nosas empresas seguen atrapadas en estradas de hai máis de 25 anos.
➡️ As infraestruturas de comunicación son unha cuestión de seguridade e futuro: levamos máis de 25 anos agardando pola execución da A-74 e a VAC Costa Norte, o tren converteuse nunha caricatura romántica que custa ver cruzar as nosas vilas porque non hai frecuencias, o peirao exterior de Morás xa non forma parte da axenda política.
➡️ San Cibrao é o pulmón económico da Mariña, mais as nosas empresas e cidadáns seguen sen unha conexión directa por autovía. Non se pode falar de competitividade mentres non teñamos infraestruturas de comunicación á altura deste século. Servizos básicos en xogo: Ao igual que os nosos veciños de Burela, Xove, Viveiro, O Vicedo ..., en Cervo sufrimos o deterioro duns servizos públicos que se ven agravados polas malas comunicacións. Unha sanidade de calidade tamén depende da facilidade para chegar a ela.
➡️ 25 anos de esquecemento: Dende que se decidiu levar a Autovía do Cantábrico por Vilalba, Cervo quedou nun "punto morto". É inaceptable que, sendo un concello estratéxico para Galicia, a Xunta e o Goberno do Estado sigan sen cumprir os prazos dun corredor que nos debe unir co resto do país.
➡️ Cervo non se conforma con ser un espectador do progreso alleo. A Mariña merece máis que boas palabras e orzamentos que nunca se executan. Esiximos o que nos corresponde por xustiza social e económica.
➡️ Autovía e Corredor XA! Porque o noso futuro non pode seguir agardando na cuneta.