05/09/2026
A XUNTA DE GALICIA APOIA A CREACIÓN DUNHA NOVA ÁREA RECREATIVA NA PARROQUIA DE DONÍS
O Partido Popular de Cervantes celebra a concesión, por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), dunha subvención directa á Asociación Veciñal de Donís para levar a cabo o proxecto de construción dunha área recreativa na contorna de Donís.
Esta actuación permitirá crear e poñer en valor un novo espazo para uso e desfrute de todos, tanto dos veciños da parroquia e do resto do concello como das persoas que nos visitan, contribuíndo tamén á promoción e posta en valor da contorna natural.
Cómpre destacar que, tras varias xestións realizadas para facer posible este proxecto, os propietarios da parcela na que se construirá a área recreativa decidiron doala á Asociación Veciñal de Donís, un xesto de xenerosidade e compromiso coa parroquia que queremos agradecer especialmente.
Dende o Partido Popular de Cervantes queremos agradecer á Xunta de Galicia e a AGADER o seu compromiso co noso rural, apoiando iniciativas que permiten mellorar os nosos pobos e crear novos espazos ao servizo de todos.
Así mesmo, queremos felicitar á Asociación Veciñal de Donís polo seu traballo e implicación, e agradecer especialmente aos propietarios a doazón do terreo, fundamental para facer realidade este proxecto.
📰 Nota de prensa👇