31/01/2026
Foise un magnífico alcalde e mellor persoa. Que a terra che sexa leve Paco, as túas ensinanzas serán guía!
Despedimos con fonda tristeza a PACO GARCÍA, referente do BNG, ex-alcalde de Allariz e exemplo de compromiso, coherencia e amor por Galiza.
Paco foi un home e un militante profundamente comprometido coa xustiza social, coa defensa de Galiza e cunha maneira digna e valente de facer política, sempre pensando no ben común.
Deixa unha pegada fonda no nacionalismo galego e no corazón de quen compartimos con el loitas, soños e camiño. O seu legado seguirá vivo no traballo colectivo e nos valores que nos transmitiu.
Que a terra che sexa leve, compañeiro. 💙