BNG - Comarca Celanova e Baixa Limia

BNG - Comarca Celanova e Baixa Limia Información comarcal do Bloque Nacionalista Galego nas Terras de Celanova e a Baixa Limia.

18/08/2026
10/08/2026

O Concello de Lobeira, como institución, vive “ás costas do encoro e da cunca do río Fragoso”.
Este abandono, desidia ou desinterese municipal, provocan unha perda total dun gran valor paisaxístico posto que non cesan os vertidos e as malas praxes, unha ausencia total de sendas que comuniquen os pobos coa auga, e un grave risco ecolóxico pola degradación da fauna e flora nativa.

O documental debe ser proxectado na Porta do Parque en Lobeira

06/08/2026

El BNG de Celanova llevará al pleno ordinario de agosto tres mociones que tocan de lleno la vida de los vecinos: un acceso adecuado para las ambulancias en el

25/07/2026

Temos mar, monte e vento, pero abonda de espolio: queremos decidir ...

21/07/2026

O domingo 19 o BNG comarcal celebrou o día da patria galega con un roteiro pola Vila.

Acompañados de Sol Agra, responsábel da Lingua no Consello Nacional, Bernardo Varela Deputado en Ourense, Sonia Fondevila apoio político da conarca e por suposto, por militantes, simpatizantes, veciñas e veciños.


DIA DA PATRIA GALEGAO BNG da comarca de Celanova e Baixa Limia presentamos a campaña e os actos polo día da Patria 2026🗓...
14/07/2026

DIA DA PATRIA GALEGA

O BNG da comarca de Celanova e Baixa Limia presentamos a campaña e os actos polo día da Patria 2026

🗓️ O domingo 19 de xullo, convidámosvos a participar nun roteiro pola vila de Celanova, comenzando as 🕛 10:30h na Casa dos Poetas e finalizando ás 12:00h na praza Cervantes coa lectura dun manifesto político a cargo de Sol Agra, responsábel de Lingua do Consello Nacional do BNG.



13/07/2026

Hoxe presentamos no Concello da Merca unha solicitude para que o goberno municipal actúe dunha vez na limpeza das parcelas municipais e requira ás persoas propietarias das fincas privadas que aínda continúan sen limpar.

Estamos a 11 de xullo e boa parte do noso concello segue presentando parcelas con maleza, cun risco evidente nunha época de máximo perigo de incendios.

A prevención non consiste en actuar cando o problema xa está enriba. A prevención faise con planificación, traballo e responsabilidade.

O Concello ten a obriga de manter limpas as súas propiedades e de facer cumprir a normativa sobre xestión da biomasa. O que non pode facer é mirar para outro lado mentres pasan as semanas.

Desde o BNG da Merca seguiremos facendo unha oposición útil, fiscalizando a acción do goberno e reclamando que se actúe antes de que teñamos que lamentar consecuencias.

Porque a seguridade da veciñanza e a protección do noso rural non poden esperar e deben ser unha prioridade.

Dirección

PRAZA DAS PITAS
Celanova
32800

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG - Comarca Celanova e Baixa Limia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir