31/08/2026
🚜 INTENSAS SEMANAS DE MANTEMENTO E LIMPEZA NOS ESPAZOS PÚBLICOS DE CATOIRA
O Concello de Catoira está a desenvolver un intenso programa de mantemento, limpeza e acondicionamento en diferentes puntos do municipio. O obxectivo é mellorar a imaxe de Catoira e garantir as mellores condicións de uso para toda a veciñanza.
✅ Actuacións xa realizadas:
• Áreas recreativas de Portocanles e Curva de Patiño.
• Limpeza do CPI Progreso.
• Parques infantís de Tarrio e Gondar.
• Beirarrúas da avenida Muíños do Vento.
• Rozas nas pistas da parcelaria de Dimo.
• Contorna de Pedras Miúdas.
• Xardíns e espazos públicos da rúa do Concello.
🚧 Traballos para esta semana:
• Pista de tenis da Balastrera.
• Espazos públicos da parroquia de Abalo.
• Rozas nas pistas da parcelaria de Oeste.
Seguimos traballando día a día para coidar e embelecer o noso concello! Coa colaboración de todos, mantemos Catoira limpa. 🤝