27/11/2022
Hoxe na Casa do Maior Juana Tovar de Castrelo de Miño, inaugurouse a exposición do "Taller de Papá Noel" que fixeron as usuarias do centro no seu día a día.
Todos os adornos de Nadal foron feitos con materiais reciclados. Animamos a toda a veciñanza que pase a ver a exposición nalgún intre que poida.
Felicitamos á directora da casa do maior: Julita; e a todas as usuarias do centro: Helena, Blandina, Isabel, Concepción e Benilde; por facer estes adornos tan bonitos e animar así o espírito de Nadal que comenza nestes días co tempo de advento.
Deixamos unha foto coa directora da casa e algúns membros do BNG de Castrelo de Miño.