Cultura Carral

Cultura Carral Páxina sobre a actividade do departamento municipal de Cultura do Concello de Carral.

Quico Cadaval abre este venres as Noites de Monólogo de Carral deste ano.Quico Cadaval leva trinta anos a calcar os dist...
07/09/2026

Quico Cadaval abre este venres as Noites de Monólogo de Carral deste ano.

Quico Cadaval leva trinta anos a calcar os distintos camiños da memoria e da imaxinación. Tende a perderse e a reatoparse, sempre coa axuda do público. Os seus espectáculos pertencen a un movedizo mundo escénico que foi definido de distintas maneiras. Teatro da palabra, narración oral escénica ou literatura ao vivo, foron algúns dos xeitos de designalo. É un espectáculo mestizo entre o conto de lareira, o cabaré literario e o teatro épico.

En “Notas de Rodapé”, Quico Cadaval, ademais de revelar os truques e segredos do oficio, reclama a colaboración e o protagonismo do público. Os contos están feitos de anacos, de memorias, de lembranzas instantáneas, de experiencias inventadas. Pode tratarse da letra dun libro que entrou com sangue, da lembranza dun terror infantil ou dunha escena de western. As historias énchense de prólogos e epílogos, mais sobre todo, de notas de rodapé. Comentarios para facer o conto mais divertido, mais elocuente, mais esclarecedor. Quico Cadaval, no transcurso do show, reclamará do público que faga preguntas, que o interroguen, que o obriguen a revelar o que nunca contou. E Cadaval responderá, mais a resposta sempre será outro conto, que se xunta ao conto infinito da humanidade. O espectáculo comeza cun morto nunha encrucillada, (a historia que máis veces contou) e remata co conto mais fermoso do mundo. Polo medio, o que mande o público.

Non o perdades!!! Lembrade que a entrada é de balde, mais a capacidade da sala é limitada. Chegade cedo porque somos puntuais.

Concello de Carral Cultura da Deputación da Coruña Mofa e Befa & Excéntricas

Prepárate para rir a gargalladas este setembro en Carral! Chega o ciclo "Noites de Monólogo" ao Local Xente Nova de Tabe...
04/09/2026

Prepárate para rir a gargalladas este setembro en Carral! Chega o ciclo "Noites de Monólogo" ao Local Xente Nova de Tabeaio (ás 21:00 h, entrada libre ata completar a capacidade da sala).

Tres citas imprescindibles co mellor humor galego:
➡11 de setembro: 🌟Quico Cadaval🌟 con *Notas de rodapé*, celebrando 30 anos a contar historias coa súa retranca e mestría únicas.
➡18 de setembro: 🌟Bea Campos🌟 presenta *Marcho que teño que marchar*, un espectáculo fresco para rir das nosas inercias cotiás.
➡25 de setembro: 🌟Marcos Pereiro🌟 pecha o ciclo con *Os marcos*, un hilarante percorrido tras 25 anos investigando dende a comedia por que nos importan tanto os "marcos".

Ven g***r do talento, a comedia e as mellores historias. Non te quedes sen sitio! ✨

Cultura da Deputación da Coruña Concello de Carral

O Concello de Carral ten o prazo aberto para que as entidades non lucrativas do municipio poidan solicitar subvencións p...
02/09/2026

O Concello de Carral ten o prazo aberto para que as entidades non lucrativas do municipio poidan solicitar subvencións para a súa actividade. Son axudas dirixidas a asociacións veciñais, de mulleres, culturais, anpas, de medio ambiente, clubs deportivos e comisións de festas. Na convocatoria deste ano 2026 destínanse 40.400 € a estas subvencións.
O prazo manterase aberto ata o 1 de outubro e o trámite de solicitude deberá facerse na Sede Electrónica en carral.es.

Concello de Carral Deportes Carral

O Concello de Carral organiza unha reunión informativa para comentarlle ás asociacións, clubs deportivos e comisións de ...
25/08/2026

O Concello de Carral organiza unha reunión informativa para comentarlle ás asociacións, clubs deportivos e comisións de festas, os principais aspectos da convocatoria de subvencións municipais para o ano 2026.
A reunión terá lugar o xoves 27 de agosto ás 20:00 h. na Casa da Cultura.

Concello de Carral Deportes Carral

E o xoves 6 de agosto imos g***r da danza! Imos bailar e rir en CultuRúa!Ofrecémosvos dous espectáculos seguidos para li...
03/08/2026

E o xoves 6 de agosto imos g***r da danza! Imos bailar e rir en CultuRúa!
Ofrecémosvos dous espectáculos seguidos para liberar o corpo e o humor. "The Exposure" de Tanit Cobas e "Dance Join" de Marta Alonso tomarán desde as 18:00 h. o Campo da Feira e ti non podes perdelo.
"The Exposure" trata de mostrar o mundo interior dos e das bailarinas. Que pensan mentres bailan? Que falan entre elas? Quen son? Son seres reais ou non? Escoitarás as súas voces por todas partes como caendo desde o ceo para bañarnos o pelo. O pelo coma oasis, como exposición, como liberación, coma dor, como choiva de opinións que nunca pedín e déronme gratis.
"Dance Join" é un espectáculo de danza e clown que explora con ironía e diversión os ritmos imposibles da vida contemporánea. Catro personaxes en escena —unha artista DJ, a súa produtora, a técnica e a community manager da compañía— loitan por manterse á altura das expectativas: multitarefa, hiperprodutividade, éxito, autoimaxe… Un xogo escénico que transita entre o esgotamento e a celebración, entre o caos e o pracer do movemento compartido, no que o público é convidado a participar e a transformar o espazo escénico. Ao final, Dance Join expándese: convértese nunha pista de baile colectiva, onde soltar as presións e reencontrarse co corpo, a comunidade e a alegría.
É a proposta coa que pechamos CultuRúa 2026 e que chega a Carral cos programas Rede Cultural da Deputación da Coruña e Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.
Non deixedes de vir a desfrutar destes espectáculos para todas as idades.

Concello de Carral Cultura de Galicia

Ante o risco de climatoloxía desfavorable  para a tarde do martes, avisamos que no caso de chuvia, o contacontos musical...
03/08/2026

Ante o risco de climatoloxía desfavorable para a tarde do martes, avisamos que no caso de chuvia, o contacontos musical "Os rizos de Lía" trasladaríase ao Edificio Social Toñito Espiñeira.

Concello de Carral

CultuRúa presenta o próximo martes un contacontos musical para rapazada de 4 a 8 anos de idade. Será no Campo da Feira á...
01/08/2026

CultuRúa presenta o próximo martes un contacontos musical para rapazada de 4 a 8 anos de idade. Será no Campo da Feira ás 18:00 h.
Tulis (Paty Lesta), a contadora aventureira, acompáñanos na historia de Lía, unha nena valente que emprende unha viaxe chea de emocións, aventuras e descubrimentos. A través do conto, o público infantil conecta con valores como a amizade, a autoestima, o respecto pola identidade ou a importancia de confiar nunha mesma. Todo isto acompañado de música para reflexionar, emocionarse… e bailar!
Vide a divertirvos e a aprender con nós! Agardámosvos!

Concello de Carral Cultura de Galicia

Esta semana volve CultuRúa!!!E faino coa maxia 🪄 do Mago Teto, que chega ao Campo da Feira o xoves coa súa roda de afiar...
27/07/2026

Esta semana volve CultuRúa!!!
E faino coa maxia 🪄 do Mago Teto, que chega ao Campo da Feira o xoves coa súa roda de afiar nunha actuación titulada "O Camiño do Afiador". É un espectáculo incluído en Cultura no Camiño que promove a Xunta de Galicia.
O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX e practicamente extinguido no s. XX, desprazábase centos ou miles de quilómetros, por uns días ou anos, coa única compaña da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos son postas en escena coa axuda do ilusionismo.
Non o perdades!!!

Concello de Carral Cultura de Galicia

03/07/2026

Xa temos libros novos na biblio!. Nesta ocasión dirixidos ós nenos, ademáis a autora de dous deles é veciña nosa...grazas Fátima polas túas marabillosas historias

O próximo xoves 2 de xullo fará unha excelente noite para desfrutar do cine ao aire libre. "Rondallas" é a película que ...
29/06/2026

O próximo xoves 2 de xullo fará unha excelente noite para desfrutar do cine ao aire libre. "Rondallas" é a película que presentamos na Pista Deportiva de Tabeaio ás 22:30 h. incluída na programación CultuRúa e na Rede Cultural da Deputación da Coruña.
É un filme non recomendado para menores de 12 anos. Rodada en Galicia, "Rondallas" está protagonizada por Javier Gutiérrez e María Vázquez.
Vide a g***r do noso cine!

Concello de Carral Cultura da Deputación da Coruña

La nueva película de Daniel Sánchez Arévalo protagonizada por Javie...

Dirección

Casa Da Cultura, Paleo, 17
Carral
15175

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cultura Carral publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Cultura Carral:

Atajos

Compartir