02/09/2026
🏡 𝗕𝗢𝗡𝗢 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗜𝗟𝗜𝗔 𝗙𝗔𝗠𝗜𝗟𝗜𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟲👪👨👩👧👦👩👧
📢 A Xunta de Galicia ven convocar o **𝗕𝗼𝗻𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗶𝗹𝗶𝗮 𝗙𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮 𝟮𝟬𝟮𝟲**, unha 𝗮𝘅𝘂𝗱𝗮 𝗲𝗰𝗼𝗻𝗼́𝗺𝗶𝗰𝗮 𝗱𝗲𝘀𝘁𝗶𝗻𝗮𝗱𝗮 𝗮 𝗳𝗮𝗰𝗶𝗹𝗶𝘁𝗮𝗿 𝗮 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗶𝗹𝗶𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 das familias en situacións puntuais e durante os períodos de vacacións escolares.
📅 𝗣𝗥𝗔𝗭𝗢 𝗗𝗘 𝗦𝗢𝗟𝗜𝗖𝗜𝗧𝗨𝗗𝗘
➡️ Do 𝟵 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 𝗮𝗼 𝟵 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟮𝟲 ⏰ ata as 14:00 horas
⚠️ 𝗜𝗠𝗣𝗢𝗥𝗧𝗔𝗡𝗧𝗘: a solicitude debe realizarse 𝗼𝗯𝗿𝗶𝗴𝗮𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗽𝗼𝗿 𝘃𝗶́𝗮 𝗲𝗹𝗲𝗰𝘁𝗿𝗼́𝗻𝗶𝗰𝗮 a través da sede da Xunta de Galicia e presentarase unha única solicitude por nena/o e por un único tipo de gasto.
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS412A&ano=2026&numpub=1&lang=gl
👧👦 𝗤𝗨𝗘𝗡 𝗣𝗢𝗗𝗘 𝗦𝗢𝗟𝗜𝗖𝗜𝗧𝗔𝗟𝗢?
Familias residentes en Galicia con nenas e nenos **𝗻𝗮𝗱𝗼𝘀 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲 𝗼 𝟭 𝗱𝗲 𝘅𝗮𝗻𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟭𝟯 𝗲 𝗼 𝟯𝟭 𝗱𝗲 𝗱𝗲𝗰𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟮𝟮**.
👉 Para as axudas por conciliación durante as vacacións escolares, 𝗮𝘀 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗻𝗶𝘁𝗼𝗿𝗮𝘀, 𝘁𝗶𝘁𝗼𝗿𝗮𝘀, 𝗮𝗰𝗼𝗹𝗹𝗲𝗱𝗼𝗿𝗮𝘀 𝗼𝘂 𝗴𝗮𝗿𝗱𝗮𝗱𝗼𝗿𝗮𝘀 𝗱𝗲𝗯𝗲𝗿𝗮́𝗻 𝗲𝘀𝘁𝗮𝗿 𝘁𝗿𝗮𝗯𝗮𝗹𝗹𝗮𝗻𝗱𝗼, coas excepcións e particularidades previstas na convocatoria.
🔎 𝗦𝗜𝗧𝗨𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡𝗦 𝗤𝗨𝗘 𝗗𝗔𝗡 𝗗𝗘𝗥𝗘𝗜𝗧𝗢 𝗔́ 𝗔𝗫𝗨𝗗𝗔?
✅ Necesidades de conciliación durante as 𝘃𝗮𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗲𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮𝗿𝗲𝘀 𝗽𝗼𝗿 𝗺𝗼𝘁𝗶𝘃𝗼𝘀 𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝗶𝘀.
✅ Enfermidade ou accidente da nena/o ou da persoa coidadora habitual.
✅ Entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan atender á nena/o.
✅ Situacións puntuais de carácter laboral.
✅ Situacións puntuais relacionadas co coidado de familiares ata segundo grao.
💶 **𝗖𝗔𝗡𝗧𝗢 𝗦𝗘 𝗣𝗢𝗗𝗘 𝗥𝗘𝗖𝗜𝗕𝗜𝗥?**
🔹 Ata o 𝟳𝟱 % 𝗱𝗼 𝗰𝘂𝘀𝘁𝗼 con carácter xeral.
🔹 Ata o 𝟭𝟬𝟬 % para familias numerosas, monoparentais, acolledoras, con garda con fins adoptivos, con fillos/as con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 % ou vítimas de violencia de xénero.
🔹 𝗡𝗼 𝗰𝗮𝘀𝗼 𝗱𝗲 𝗰𝗮𝗺𝗽𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗼𝘂 𝗿𝗲𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗹𝗲𝗰𝘁𝗶𝘃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗶𝗹𝗶𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻, 𝗮 𝗮𝘅𝘂𝗱𝗮 𝗽𝗼𝗱𝗲 𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮𝗿 𝗮𝘁𝗮 𝟮𝟬𝟬 € 𝗽𝗼𝗿 𝗰𝗮𝗱𝗮 𝗻𝗲𝗻𝗮 𝗼𝘂 𝗻𝗲𝗻𝗼.
⚠️ 𝗔𝗧𝗘𝗡𝗖𝗜𝗢́𝗡: a convocatoria este ano 2026 𝗲𝘅𝗰𝗹𝘂́𝗲 𝗲𝘅𝗽𝗿𝗲𝘀𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗼𝘀 𝗰𝗮𝗺𝗽𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗲 𝗿𝗲𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗶𝗹𝗶𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗼𝗿𝗴𝗮𝗻𝗶𝘇𝗮𝗱𝗼𝘀 𝗱𝗶𝗿𝗲𝗰𝘁𝗮 𝗼𝘂 𝗶𝗻𝗱𝗶𝗿𝗲𝗰𝘁𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗽𝗼𝗿 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗔𝗱𝗺𝗶𝗻𝗶𝘀𝘁𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗽𝘂́𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮.
📲 𝗠𝗮́𝗶𝘀 𝗶𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗲 𝘁𝗿𝗮𝗺𝗶𝘁𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻: sede electrónica da Xunta de Galicia.
https://012.xunta.gal/es/bono-concilia-familia
Xunta de Galicia Concello de Carral Deportes Carral