03/09/2026
🌰 CASTAÑA TODO O ANO
A castaña é moito máis que un alimento de outono. É un produto ligado ao noso territorio, á nosa cultura e tamén unha opción moi interesante dentro dunha alimentación saudable.
O vindeiro luns 14 de setembro ás 18:00 h, o Salón de Actos do Concello de Carnota acollerá unha charla con showcooking e degustación para descubrir novas formas de g***r da Castaña de Galicia durante todo o ano.
👤 Manuel López Pérez, secretario da IXP Castaña de Galicia
👩🍳 Ana Cristina Sánchez, dietista integrativa e chef de cociña saudable
Falaremos do valor da castaña, das súas propiedades nutricionais e, sobre todo, veremos na práctica como incorporala á cociña con receitas saborosas e diferentes.
📍 Salón de Actos do Concello de Carnota
📅 Luns, 14 de setembro
🕕 18:00 h
Un encontro para poñer en valor un produto da nosa terra e descubrir todo o que a castaña pode ofrecer.
Agardámoste!