Concello de Cariño

Concello de Cariño Páxina oficial do Concello de Cariño.

COMPARTIMOS-C.D. Cariño 🏆⚽ TROFEO ORTEGAL ⚽🏆
02/09/2026

COMPARTIMOS-C.D. Cariño
🏆⚽ TROFEO ORTEGAL ⚽🏆

CARIÑO, CON CEUTA 💙O Concello de Cariño súmase á convocatoria da FEMP e convoca á veciñanza a unha concentración en soli...
01/09/2026

CARIÑO, CON CEUTA 💙

O Concello de Cariño súmase á convocatoria da FEMP e convoca á veciñanza a unha concentración en solidariedade con Ceuta e con todos os seus veciños e veciñas.

📅 MAÑÁ, MÉRCORES 2 DE SETEMBRO
📍 DIANTE DO CONCELLO DE CARIÑO
🕗 20:00 HORAS

🤝 Con este acto queremos facer chegar a Ceuta e a todos os seus veciños e veciñas a nosa solidariedade, o noso cariño e o noso apoio, lembrándolles que estamos con eles e que non están sós.

💙 CARIÑO, CON CEUTA.
Estamos con eles.

31/08/2026

💙🤍ÚNICO💙🤍

30/08/2026

💙 UN DÍA QUE XA FORMA PARTE DA MEMORIA DE CARIÑO 💙

Despois do vivido hoxe, só queda dicir GRAZAS.

Grazas a todas as asociacións, agrupacións e colectivos que participaron e fixeron posible que esta inauguración fose tan especial: á Danza de Arcos, á Rondalla de Cariño, á Banda de Gaitas do Ortegal, á Banda de Gaitas San Xiao do Trebo e ao seu grupo de baile, e á Coral Polifónica de Cariño.

Grazas por ser parte dese legado poñer música, tradición, cultura e emoción a un día que xa queda para sempre na memoria de todos os cariñeses.

E grazas, sobre todo, a todos os veciños e veciñas que vos achegastes, que participastes e que fixestes deste día un momento tan emocionante e inesquecible en memoria e recoñecemento a nosa xentiña💙

E, por suposto, grazas a Wedo Goás, por facernos emocionar con este mural, cunha obra impresionante de bonita, pero, sobre todo, por saber reflexar nela un sentir, unha identidade e unha maneira de ser que é tan nosa: o sentir de todo un pobo Cariño.
O pobo co nome mais bonito do mundo.

Hoxe non inauguramos só un mural. Celebramos o que somos, de onde vimos e todo aquilo que nos une como pobo.

Un día que queda xa gravado na memoria do noso pobo, porque cando Cariño se xunta para celebrar a súa xente, a súa cultura e a súa historia, acontecen momentos que merecen ser lembrados para sempre.

Este mural é de todos.
Esta historia é nosa.
E esta xentiña, hoxe e sempre, somos nós. 💙

Grazas, por facer deste día un día inesquecible.

💙 Viva Cariño!

29/08/2026

💙 MAÑÁ INAUGURAMOS O MURAL DA RAMPLA DO CASTRO 💙

Mañá, domingo ás 13:00 h, temos unha cita moi especial.

Convidamos a todos os veciños e veciñas a vivir xuntos un día moi especial e emotivo, no que celebraremos a nosa historia, a nosa cultura e, sobre todo, a nosa xente, reflectidas nunha obra espectacular.

Despois de moito tempo de traballo e ilusión, e de mirar o ceo para o seu remate mañá, chega o momento de inaugurar o mural ❞𝑨 𝒏𝒐𝒔𝒂 𝒙𝒆𝒏𝒕𝒊𝒏̃𝒂, 𝒉𝒐𝒙𝒆 𝒆 𝒔𝒆𝒎𝒑𝒓𝒆❞, unha obra de Wedo Goás que reflicte o noso sentimento de agradecemento e rende homenaxe á nosa historia, á nosa cultura e, sobre todo, á nosa xente.

Un mural no que están presentes o noso mar, o noso Cabo Ortegal, a nosa Danza de Arcos, as nosas tradicións e, sobre todo, as nosas xentes: homes e mulleres que, co seu traballo, esforzo e sacrificio, construíron un legado de identidade e orgullo de ser de Cariño.

Durante a inauguración contaremos coa participación da Danza de Arcos, a Rondalla de Cariño, a Banda de Gaitas do Ortegal, a Banda de Gaitas San Xiao do Trebo e a Coral Polifónica de Cariño, que poñerán música, tradición e emoción a este día tan especial, xa que son, sen dúbida, parte esencial dese legado e dese orgullo que queremos manter vivo e transmitir ás vindeiras xeracións.

Agardámosvos a todas e todos para vivir xuntos este momento tan especial e emotivo para Cariño.

Un día para celebrar a nosa historia, a nosa cultura e, sobre todo, a nosa xente.

Porque este mural é de todos.

Porque esta é a nosa historia.

Porque somos a nosa xentiña, hoxe e sempre.

💙 Viva Cariño!

🌧️ AVISO | FESTA DA XIRADebido ás previsións de choiva para hoxe e, aínda que agardamos ata última hora para tomar unha ...
26/08/2026

🌧️ AVISO | FESTA DA XIRA

Debido ás previsións de choiva para hoxe e, aínda que agardamos ata última hora para tomar unha decisión, vémonos na situación de non poder facer as sardiñas previstas para a Festa da Xira.

𝗣𝗼𝗿𝗲́𝗻, 𝗮 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗮 𝗫𝗶𝗿𝗮 𝗺𝗮𝗻𝘁𝗲𝗻𝘀𝗲! 🎶🍻

O bar estará aberto e contaremos cun dúo que amenizará a festa, polo que agardamos poder desfrutar igualmente dunha xornada de festa e encontro.

🐟 As sardiñas repartiranse ata fin de existencias, por se algún veciño ou veciña ten a posibilidade de facelas pola súa conta.

📍 Campo da Xira
🕧 A partir das 12:30 h

🛍️ Traede bolsas ou recipientes para poder recollelas.

Lamentamos as molestias ocasionadas e agradecemos a vosa comprensión. 💙🤍

A Festa da Xira continúa! Vémonos no Campo! 🎶🍻

⚠️ AVISO | CORTES DE TRÁFICO POLAS PROCESIÓNS DE SAN BARTOLOCon motivo das procesións na honra a San Bartolo, os días 24...
23/08/2026

⚠️ AVISO | CORTES DE TRÁFICO POLAS PROCESIÓNS DE SAN BARTOLO

Con motivo das procesións na honra a San Bartolo, os días 24 e 25 de agosto haberá diferentes cortes e restricións de tráfico.

🚧 De 12:00 a 14:00 h permanecerán pechadas ao tráfico:
📍 San Bartolomé
📍 Campo
📍 Crecente Veiga
📍 Fraga Iribarne
📍 Balbís

🚗 De 12:30 a 16:00 h haberá corte de tráfico desde a Farmacia da Carretera ata a Praza da Mariña, así como desde a rotonda do Muelle, permitindo unicamente a mobilidade pola Avenida da Paz (carretera do Paseo Marítimo).

🚫 Prégase non estacionar no percorrido das procesións para facilitar o seu desenvolvemento e garantir a seguridade.

🙏 Grazas pola vosa colaboración e comprensión.

📣 LEMBRADE HOXE!🔥🎸
22/08/2026

📣 LEMBRADE HOXE!🔥🎸

📣COMPARTIMOS
21/08/2026

📣COMPARTIMOS

Dirección

Cariño
15360

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Cariño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir