13/08/2026
Colabora
🌒 TODO PREPARADO EN CARBALLO PARA A ECLIPSE SOLAR DE HOXE!
Xa está en marcha o dispositivo especial de seguridade para dar resposta á gran afluencia de persoas e desprazamentos previstos para esta tarde. Un equipo de máis de 40 profesionais velará pola nosa seguridade:
👮 Axentes da Policía Local
🦺 Persoal de Protección Civil e voluntariado
🛟 Socorristas
🌲 Membros da brigada forestal
🚑 2 ambulancias
Esta mañá celebrouse a reunión de coordinación para ultimar o operativo e avaliar as necesidades do municipio. Na xuntanza participaron o alcalde, Daniel Pérez; os concelleiros de Mobilidade e Medio Ambiente, Juan Seoane e Miguel Vales; o inspector xefe da Policía Local, Pedro Cancela; o coordinador de Protección Civil, Javier Souto; o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Juan Barca, e o asesor do plan de emerxencias municipais, Luis Barca.
📍 Información clave para a xornada:
🚗 Tráfico: O operativo reforzará especialmente a regulación da circulación e os aparcadoiros.
🏖️ Praias: Haberá bandeira vermella desde o inicio da eclipse. O servizo de socorrismo manterase ata o remate do fenómeno e os aseos permanecerán abertos.
💡 Recomendacións: Evita desprazamentos innecesarios, non te concentres nos puntos máis concorridos e, se podes, desfruta da eclipse desde un lugar próximo.
🙏 Grazas pola túa colaboración para que todas e todos poidamos vivir este momento histórico con total seguridade!