IES Monte Neme

IES Monte Neme Instituto público de educación secundaria, bacharelato e formación profesional

Pleno de aprobados na convocatoria ordinaria PAU 2026Parabéns ao noso alumnado de 2º de bacharelato polos excelentes res...
15/06/2026

Pleno de aprobados na convocatoria ordinaria PAU 2026

Parabéns ao noso alumnado de 2º de bacharelato polos excelentes resultados obtidos na PAU.

Son los IES de Baio, Vimianzo, Ponteceso, Agra de Raíces de Cee y Monte Neme en Carballo

Noraboa para a nosa alumna de 10!A nosa alumna Uma Eirís Ferreiro ten a nada sinxela honra de sacar 2º de bacharelato cu...
15/06/2026

Noraboa para a nosa alumna de 10!
A nosa alumna Uma Eirís Ferreiro ten a nada sinxela honra de sacar 2º de bacharelato cun 10 en tódalas materias. Parabéns!

La carballesa Uma Eirís Ferreiro y el ceense Manuel Orazio Ozón sacaron 10 en todas sus asignaturas de segundo

Concerto de fin de curso do alumnado de Linguaxe e Práctica Musical. Este mércores o alumnado da materia de Linguaxe e P...
11/06/2026

Concerto de fin de curso do alumnado de Linguaxe e Práctica Musical.

Este mércores o alumnado da materia de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de bacharelato ofreceu o concerto de fin de curso no Salón de Actos do noso instituto. Interpretou pezas de Fons van Gorp, Frédéric Chopin, Valentin Rathgeber, Rafael Grimal, Johannes Brahms, Antonio Vivaldi, Pascual Veiga, Dmitri Shostakovich, Jacques Offenbach e Jos Wuytack.

Parabéns ao noso alumnado polo seu excelente traballo ao longo deste curso.

O pasado venres 22 de maio, o alumnado de 4º de ESO realizou unha saída ao MUNCYT (Museo de Ciencia e Tecnoloxía de A Co...
29/05/2026

O pasado venres 22 de maio, o alumnado de 4º de ESO realizou unha saída ao MUNCYT (Museo de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña). Ademais dunha visita polo propio Museo, desenvolveron a acitividade "And the winner is...". Dita actividade gustoulles moito e serviulles para adquirir, a través de distintos fragmentos de películas, novos coñecementos científico/matemáticos e lembrar outros medio esquecidos

Concurso xóvenes instaladoresUn dos nosos alumnos do Ciclo Medio de Instalacións eléctricas e automáticas, Jorge Vázquez...
26/05/2026

Concurso xóvenes instaladores

Un dos nosos alumnos do Ciclo Medio de Instalacións eléctricas e automáticas, Jorge Vázquez Freire, participará este mércores 27 de maio no IES As Mariñas de Betanzos, na XIX edición do “Concurso Provincial de Jóvenes Instaladores Eléctricos y de Telecomunicaciones de España”

Esta inciativa ten como obxectivo promover a excelencia na Formación Profesional e recoñecer o talento dos futuros profesionais do sector eléctrico e das telecomunicacións. O certame servirá para seleccionar o representante da provincia de A Coruña na fase nacional do concurso.

Sorte Jorge!!!

Próxima xornada de portas abertas de ciclos formativos do I.E.S. Monte Neme!
22/05/2026

Próxima xornada de portas abertas de ciclos formativos do I.E.S. Monte Neme!

O Día das Letras Galegas 2026 foi dedicado á escritora e xornalista Begoña Caamaño. Con fin de achegar ao alumnado do IE...
20/05/2026

O Día das Letras Galegas 2026 foi dedicado á escritora e xornalista Begoña Caamaño. Con fin de achegar ao alumnado do IES Monte Neme a súa figura e obra dende o Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua e Literatura Galega realizáronse diversos proxectos. Por unha banda, o alumnado de 1º ESO fixo unha incursión na súa obra nas aulas cunha serie de vídeos e actividades que os inspiraron a realizar este mural recollendo a esencia de Begoña. Debemos felicitalos pola súa implicación e por esta marabilla de mural no que podemos identificar as claves da obra da autora. Por outra banda, o alumnado de 1º de Bacharelato realizou unha incursión nas principais obras da autora, Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle, reparando na reinterpretación do mito por parte da autora viguesa. Ademais, salientaron a súa figura como xornalista e como feminista comprometida.

Algueirada en Compostela do alumnado de Música Este xoves o alumnado da materia de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de ...
15/05/2026

Algueirada en Compostela do alumnado de Música

Este xoves o alumnado da materia de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de bacharelato, xunto co de Música de 4º de ESO, asistiu ao concerto “Algueirada en Compostela”. Este concerto estivo a cargo das agrupacións musicais da Colexiata do Sar (gaiteiros, pandeireteiras e orfeón), que estiveron acompañadas pola Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, dentro do programa das festas da Ascensión da capital galega.

O repertorio estivo constituído por unha escolma de música tradicional galega, mesturada co mundo sinfónico da banda (https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/bmsc%C2%B7algueirada-en-compostela).

Nos meses de abril e maio, o alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato tivo a oportunidade de achegarse a figura de Rosalía de...
11/05/2026

Nos meses de abril e maio, o alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato tivo a oportunidade de achegarse a figura de Rosalía de Castro cunha visita á Casa da Matanza en Padrón. Nela recibiron unha visita guiada polos diferentes espazos nos que viviu e creu a súa obra a nosa autora máis recoñecida, ademais de g***r duns xogos ofrecidos pola organización da casa-museo. A visita do alumnado de 3º da ESO completouse cunha visita a Santiago de Compostela, mentres que o alumnado de 1º Bach gozou dun agrable percorrido por diferentes lugares destacados de Padrón.

Hoxe estamos presentes na II Feira de Educación, Formación e Emprego da Coruña, compartindo e dando a coñecer a oferta e...
07/05/2026

Hoxe estamos presentes na II Feira de Educación, Formación e Emprego da Coruña, compartindo e dando a coñecer a oferta educativa do IES Monte Neme

Dirección

Rúa Nacente, 29
Carballo
15106

Horario de Apertura

Lunes 08:40 - 14:10
16:10 - 18:40
Martes 08:40 - 14:10
Miércoles 08:40 - 14:10
Jueves 08:40 - 14:10
Viernes 08:40 - 14:10

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando IES Monte Neme publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a IES Monte Neme:

Compartir