PSdeG-PSOE do Carballiño

PSdeG-PSOE do Carballiño Benvido/a á páxina de Facebook do PSdeG-PSOE de O Carballiño.

31/08/2026

📣 Dende a Agrupación Local do PSdeG-PSOE queremos trasladar o noso máis sentido pesar e unha agarimosa aperta á familia de Alfonso Prado Rodríguez, un dos nosos compañeiros de militancia e que hoxe nos deixou.

✅️ A longa traxectoria persoal do benquerido Alfonso na nosa organización, na UXT como enlace sindical dos traballadores da Fenosa ou como concelleiro no Concello do Carballiño, foron un exemplo de compromiso e lealdade co socialismo e a defensa dos dereitos da cidadanía.

🌹 Que a terra che sexa leve, compañeiro!!

📣 A compañeira Marina Ortega presentará este vindeiro xoves o libro "Diálogo con lo invisible", que escribíu con José Ma...
11/08/2026

📣 A compañeira Marina Ortega presentará este vindeiro xoves o libro "Diálogo con lo invisible", que escribíu con José Manuel Prado e que conta as vivencias dunha persoa con discapacidade.

✅️ Dende a nosa Agrupación Local convidamos a toda a veciñanza a asistir ao acto, que terá lugar no salón do Aparthotel Arenteiro a partir das 20,00 horas.

🌹 A Agrupación Local do PSdeG-PSOE do Carballiño recuperou o tradicional xantar de confraternidade na Romaría da Madanel...
22/07/2026

🌹 A Agrupación Local do PSdeG-PSOE do Carballiño recuperou o tradicional xantar de confraternidade na Romaría da Madanela, no que tamén participaron militantes e simpatizantes da comarca 👇

📣 O multitudinario Entroido de Verán, o ciclo de música Feito no Carballiño, o Festival de Títeres, a Mostra de Viños ou...
12/07/2026

📣 O multitudinario Entroido de Verán, o ciclo de música Feito no Carballiño, o Festival de Títeres, a Mostra de Viños ou a Semana Grande para Pequenos, son tan só unha mostra do intenso e variado programa de actividades elaborado polas Concellerías de Turismo e Cultura do Concello do Carballiño para este mes de xullo 👏👏

📸 Unha programación que foi presentada polos compañeiros Manolo Dacal e Diego Fernández, concelleiros de Turismo e Cultura 👇

⚠️👀 Lembrade que nesta xornada de feira 🐙 do 30 de xuño a nosa sede da rúa Perfectino Viéitez estará aberta á toda a vec...
29/06/2026

⚠️👀 Lembrade que nesta xornada de feira 🐙 do 30 de xuño a nosa sede da rúa Perfectino Viéitez estará aberta á toda a veciñanza de 11,00 a 13,00 para poder mercar os tiquets🔖do xantar na carballeira da Madanela o vindeiro 22 de xullo 👇

📣 Preto de 500 persoas asistiron á estrea de "Lúas do Setembro", a película en IA realizada polo compañeiro Carlos Monte...
29/06/2026

📣 Preto de 500 persoas asistiron á estrea de "Lúas do Setembro", a película en IA realizada polo compañeiro Carlos Montes sobre a historia do Carballiño no periodo 1835-1838 e na que relata acontecementos de gran relevancia que tiveron repercusión a nivel estatal 👇

🏳️‍🌈🏳️‍🌈🏳️‍🌈
28/06/2026

🏳️‍🌈🏳️‍🌈🏳️‍🌈

📣 🇨🇴 Dende a Agrupación Local do PSdeG-PSOE do Carballiño amosamos a nosa solidariedade co pobo de Venezuela ante o tráx...
25/06/2026

📣 🇨🇴 Dende a Agrupación Local do PSdeG-PSOE do Carballiño amosamos a nosa solidariedade co pobo de Venezuela ante o tráxico terremoto que afectou a zonas dese país que foi destino dos nosos emigrantes e que tamén é a patria dunha comunidade importante que reside no noso municipio e no resto de Galicia 😢

📣 Vén a celebrar con nós a romaría senlleira do Carballiño o vindeiro 22 de xullo!! 🌳 Na carballeira da Madanela poderás...
24/06/2026

📣 Vén a celebrar con nós a romaría senlleira do Carballiño o vindeiro 22 de xullo!!
🌳 Na carballeira da Madanela poderás desfrutar dunha contorna natural única na comarca, á sombra, e con temperatura moi agradable!!
🍽 E, no xantar, empanadas, tortilla, lacón asado e bebidas, coa opción de pedir pulpo fóra do menú!!
🙂 Anímate e chama ☎️ ou anótate os vindeiros días de feira, 30 de xuño e 16 de xullo, na nosa sede da rúa Perfectino Viéitez, en horario de 11,00 a 13,00 horas 👇

📣 Os concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e Manolo Dacal, arrouparon ao noso compañeiro Carlos Montes, na ...
24/06/2026

📣 Os concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e Manolo Dacal, arrouparon ao noso compañeiro Carlos Montes, na presentación da película "Lúas do Setembro", que o historiador deseñou con técnicas de IA para reflexar aspectos relevantes do acontecer do Carballiño e a súa contorna no século XIX 👇
📽 A longametraxe estrearase o vindeiro domingo, día 28, ás 20,00 horas, no Auditorio Manuel María e con entrada de balde 👇

Dirección

Carballino
32500

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PSdeG-PSOE do Carballiño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría