Espazo Común O Carballiño

Espazo Común O Carballiño Movemento cidadán de acción política

13/08/2026
10/08/2026

El dispositivo municipal de O Carballiño atendió estos seis rescates, dos conatos de incendio, varias intoxicaciones etílicas, dos caídas en domicilios, una salida de vía y el atropello de un corzo durante un fin de semana con miles de asistentes por la Festa do Pulpo.

22/07/2026

El grupo municipal de Espazo Común en O Carballiño ha registrado una moción ante el pleno de la corporación en la que pide que "non estrague" la Festa do

22/07/2026

Espazo Común levará a pleno unha moción “para que o goberno non estrague a festa do pulpo”.

Sinalan que „son moi pouquiños os que non forman parte do colectivo de cabreados ou do preocupados ante a deriva incomprensible de decisións "ditatoriais" no que ten que ver coa NOSA festa por excelencia, e destacamos o termo "NOSA" porque hai unha cousa que os que mandan neste Concello non rematan de entender: A Festa do Pulpo é de tódolos carballiñeses e non do gobernante de turno“.

„A última (que non será a derradeira) decisión incomprensible foi o traslado da Festa DJ, o evento favorito da rapazada, sen encomendarse a ninguén nin consensuar nada.Os motivos de seguridade aducidos son máis ca dubidosos e a ubicación elixida, nas Barcias, semella tan ou máis insegura cá anterior“, espoñen.
lle votan poucos e prefiren que se vaian. Se non, non se entende.
Aluden tamén ao „ paulatino baleirado de actividades e de pulpeiras no Parque Municipal o domingo do Pulpo para potenciar a súa presenza no casco urbán. Na edición deste 2026 está previsto que acodan nada máis ca 11 á romaría. A suba constante do prezo do xantar oficial no recinto tampouco é comprensible e espanta a moitos comensais que tiñan a tradición de non faltar ese día á súa cita co Carballiño“.

„A teima de non trasladar o evento do prato de pulpo máis grande do mundo a un lugar máis amplo ou a perda de calidade das actuacións e eventos que se programan durante a semana son tamén motivo de queixa de moitos cidadáns“, engaden, polo que pedirán no pleno que non se traslade a festa dos xovenes ás Barcias e que se elabore un regulamento para a organización da festa do pulpo que sexa vinculante para as sucsivas corporacións e que obrigue a acadar consensos nas decisións importantes.

22/07/2026

Espazo Común reclama cambios na organización da Festa do Pulpo e levará as súas propostas ao pleno

O grupo municipal Espazo Común presentará no próximo pleno unha moción na que solicita modificar varias das decisións adoptadas polo goberno local en relación coa organización da Festa do Pulpo. A formación considera que os cambios introducidos nos últimos anos están a xerar un crecente malestar entre a veciñanza e defende que a celebración debe planificarse desde o consenso.

Entre as cuestións que máis críticas suscitan, segundo Espazo Común, atópase o traslado da Festa DJ ao recinto das Barcias. O grupo cuestiona os argumentos de seguridade esgrimidos polo executivo municipal e entende que a nova localización non ofrece maiores garantías que a anterior, ademais de afastar un dos actos con maior seguimento entre a mocidade.

A moción tamén fai referencia á reorganización da xornada central da festa, sinalando que o Parque Municipal foi perdendo protagonismo de forma progresiva. Espazo Común asegura que a diminución do número de pulpeiras presentes na romaría e o reforzo das actividades no casco urbano están a modificar a esencia da celebración. Nesa mesma liña, critica o incremento do prezo do xantar oficial, ao considerar que pode desanimar a moitos asistentes que cada ano participaban nesta cita.

A formación incorpora outras reivindicacións, como a procura dun espazo de maior capacidade para o acto do prato de pulpo máis grande do mundo e unha programación cultural que, ao seu xuízo, recupere o nivel doutras edicións.

A través da iniciativa plenaria, Espazo Común solicitará que se manteña a Festa DJ na súa localización tradicional e proporá a elaboración dun regulamento específico para a Festa do Pulpo. O obxectivo, segundo explica, é establecer unhas normas estables que garantan a participación e o consenso nas decisións máis relevantes, independentemente do goberno municipal de cada momento

No Concello do Carballiño están a pasar demasiadas cousas incomprensibles.
10/07/2026

No Concello do Carballiño están a pasar demasiadas cousas incomprensibles.

Domingo de cachucha coa familia de Espazo común
23/02/2026

Domingo de cachucha coa familia de Espazo común

Este xoves hai pleno no Carballiño. Levamos unha longa lista de baches para pedir ao goberno o seu arranxo. Se queres in...
03/02/2026

Este xoves hai pleno no Carballiño.
Levamos unha longa lista de baches para pedir ao goberno o seu arranxo.
Se queres informarnos dos que che afectan, podes engadir comentario a esta publicación ou facérnolo chegar por mensaxe privado.

Dirección

Carballino
32500

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Espazo Común O Carballiño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Espazo Común O Carballiño:

Atajos

Compartir