Servizo de emerxencias do Carballiño

Servizo de emerxencias do Carballiño Servizo de prevención, extinción de incendios e salvamento do Carballiño

(Non oficial)

Ás 18.56 horas fomos mobilizados para acudir ao domicilio de dous maiores, onde a señora sufrira unha caída da cama e o ...
07/09/2026

Ás 18.56 horas fomos mobilizados para acudir ao domicilio de dous maiores, onde a señora sufrira unha caída da cama e o seu marido non podía axudala a levantarse. Prestamos apoio para incorporala, sen que fose necesario outro tipo de intervención.

Pouco despois, ás 19.53 horas, o 112 Galicia alertounos da presenza de moito fume nun edificio da rúa Faustino Santalices.
Ao chegar comprobamos que o fume procedía dunha pota que quedara ao lume e se queimara. Afortunadamente, non houbo danos persoais nin maiores consecuencias. Tras ventilar o domicilio, a situación quedou controlada.

CADA VEZ CON MENOS RECURSOS. A primeira hora da mañá fomos avisados pola aparición de cinco cachorros dentro dunha caixa...
04/09/2026

CADA VEZ CON MENOS RECURSOS.

A primeira hora da mañá fomos avisados pola aparición de cinco cachorros dentro dunha caixa, no interior dun contedor na avenida do Balneario. Os animais foron retirados polo servizo de lacaría.
Ao mediodía, un traballador sufriu unha caída desde un tellado na rúa Virtud. Foi atendido polos servizos sanitarios, que apreciaron inicialmente unha posible lesión no nocello e outra posible lesión na cadeira. Agardamos de corazón que finalmente non sexa nada grave e que se recupere pronto.

Pero a intervención das 18.00 horas aproximadamente foi a que máis nos fixo reflexionar.
O 061 Urxencias Médicas solicitou, a través do 112, o noso apoio para trasladar os facultativos desde o heliporto ata o PAC. E aquí atopámonos, unha vez máis, coa realidade coa que traballamos.
O vehículo de emerxencias que empregamos habitualmente, a pick-up, xa non está dispoñible para o Servizo Municipal de Emerxencias, ao ser destinada a brigada de prevención e extinción de incendios forestales, contratada por un convenio firmado coa Xunta de Galicia. Así que a dotación de garda, tivo que preparar o vello Terrano, retirando elementos do interior para intentar facer sitio ao equipamento sanitario e á padiola.
Finalmente, os médicos tiveron que ser trasladados pola Policía Local no seu propio vehículo patrulla, algo que tampouco é o máis adecuado nin cómodo para este tipo de intervencións.
E aquí queremos facer unha reflexión, con todo o respecto, se antes xa traballabamos con medios moi limitados, agora estamos aínda máis limitados.
Somos poucos e, habitualmente, unha soa persoa por quenda. Se ademais dos poucos efectivos dispoñibles imos perdendo os medios materiais necesarios, chega un momento no que resulta imposible facer o traballo como deberiamos.
Non se trata de presumir de facer máis con menos. Trátase de que, por moi boa vontade, experiencia e profesionalidade que teñamos, sen medios é imposible dar o servizo que a cidadanía merece.
Hai moitas intervencións e situacións que decidimos non publicar porque, sinceramente, ás veces dá vergoña ter que explicar as condicións nas que estamos traballando. Pero o acontecido hoxe cremos que supera un límite.
O pouco que temos non se pode ir retirando. Porque cando se retiran medios dun servizo de emerxencias, non se está retirando simplemente un vehículo, estase limitando a capacidade de resposta ante unha emerxencia.
E isto non vai de política, nin de persoas. Vai de seguridade, prevención e servizo público.
Nós seguiremos facendo o noso traballo coa mesma profesionalidade de sempre. Pero necesitamos algo tan básico como medios e recursos para poder facelo.

Ás 14.57 horas fomos mobilizados polo 112, a petición de Urxencias Médicas, para prestar apoio ao H4.Ás 23.23 horas inte...
23/08/2026

Ás 14.57 horas fomos mobilizados polo 112, a petición de Urxencias Médicas, para prestar apoio ao H4.

Ás 23.23 horas interviñemos nun accidente de tráfico na rúa Benchosei. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Dúas intervencións máis dunha xornada ao servizo da cidadanía.

Resumo da xornada de onte 🚨🕒 Sobre as 15.20 horas, atención a un vertido na Ponterriza.🌙 Á 1.30 da madrugada e, de novo,...
23/08/2026

Resumo da xornada de onte 🚨

🕒 Sobre as 15.20 horas, atención a un vertido na Ponterriza.

🌙 Á 1.30 da madrugada e, de novo, ás 6.00 horas, asistencia a un veciño da rua Marcelino Parrondo que caera da cama e non era quen de levantarse.

🚗 Ás 4.00 horas, intervención nun accidente de tráfico na N-541.

Unha vez máis, unha única persoa ao servizo da cidadanía durante toda a xornada, atendendo as incidencias que foron xurdindo. 🚨

UNHA XORNADA MAIS O SERVIZO DO CARBALLIÑO 🚨Hoxe, a única persoa de garda tivo que atender varias incidencias ao longo do...
16/08/2026

UNHA XORNADA MAIS O SERVIZO DO CARBALLIÑO 🚨

Hoxe, a única persoa de garda tivo que atender varias incidencias ao longo do día:

🌳 Retirada dun árbol que caera desde a zona da piscina sobre o Camiño do Cuco.

💦 Baldeo do callejón que comunica coa Veracruz, A Carreira e o callejón entre a Gazpara e o froiz.

🪑 Retirada das táboas dos asentos da Pista Vermella, que se atopaban rotas e con puntas cara arriba, supoñendo un risco para os usuarios.

🚗 Atención a unha saída de vía na OU-902, km25.

Unha xornada máis de traballo, atención e prevención para manter os espazos públicos e as vías en condicións de seguridade.

11/08/2026
FIN DE SEMANA DA 64 FESTA DO PULPO 🐙🐙Remata unha intensa fin de semana na que a 64ª Festa do Pulpo volveu reunir a miles...
10/08/2026

FIN DE SEMANA DA 64 FESTA DO PULPO 🐙🐙

Remata unha intensa fin de semana na que a 64ª Festa do Pulpo volveu reunir a miles de persoas no Carballiño. Dende o Servizo Municipal de Emerxencias traballamos durante estes días para que todo estivese preparado e para dar resposta ás incidencias que se produciron.

Nos días previos e durante a xornada na que se celebrou a festa encargámonos, entre outras tarefas, da colocación de carteis informativos, limpeza de fontes e rúas, instalación e o asentamento de valados na zona DJ e diferentes actuacións para manter os espazos en perfectas condicións de seguridade e limpeza.

Nunha fin de semana con moitísima afluencia tamén tivemos que intervir ante unha situcion na que mesas e cadeiras de unha terraza dun establecemento de hostaleria foron encadeadas fronte o acceso dunha vivenda impedindo a entrada e saida dos veciños do edificio, dous conatos de incendio, dúas caídas en domicilios, unha saída de vía no Varón, un atropelo dun corzo en Mouriz e, durante a noite do sábado, varias intervencións por intoxicación etílica. Ademai durante a tarde do domingo, asistimos a seis persoas que caeron ao río. Desexamos de corazón que a súa evolución sexa favorable e que todas as persoas afectadas se atopen ben.

A Festa do Pulpo é unha celebración gastronómica de interese turístico que pertence a todos e que merece ser desfrutada con responsabilidade e con respecto. Por iso, non podemos deixar de lamentar a enorme cantidade de lixo que quedou nalgúns puntos e tamén criticar determinadas condutas que pouco teñen que ver co espírito dunha festa gastronómica e que son máis propios de outros tipo de festivais e de macrobotellóns.
Non se trata de sinalar nin de estragar a celebración, senón de reflexionar. Queremos seguir desfrutando dunha festa multitudinaria, propia, alegre e segura, pero tamén limpa, responsable e respectuosa coa nosa vila e co noso Parque Municipal.

Oxalá o vivido este ano nos sirva para mellorar e para que na próxima edición poidamos falar de moita festa, moita diversión e, sobre todo, non teñamos que lamentar ningún incidente grave.
Grazas a tódalas persoas que colaboraron para que a Festa do Pulpo saíse adiante e, especialmente, a quen celebrou con responsabilidade e respecto.

Ás 13.45 fomos mobilizados polo 112 por mor dun incendio nun palleiro na parroquia de Veiga.O lume calcinou por completo...
03/08/2026

Ás 13.45 fomos mobilizados polo 112 por mor dun incendio nun palleiro na parroquia de Veiga.
O lume calcinou por completo a estrutura, que quedou practicamente destruída. Afortunadamente, no seu interior non había animais e non se rexistraron danos persoais.

XIV andaina nocturna aos petroglifos de Cangues, ali estivemos como todo los anos velando pola seguridade dos participan...
01/08/2026

XIV andaina nocturna aos petroglifos de Cangues, ali estivemos como todo los anos velando pola seguridade dos participantes.

Movilizada a única persoa de servizo hoxe polo alcalde en funcións, ás 16:48h por mor  dun incendio forestal ao lado dun...
31/07/2026

Movilizada a única persoa de servizo hoxe polo alcalde en funcións, ás 16:48h por mor dun incendio forestal ao lado dunha casa en A Gouxiña.

Dirección

Rua Do Polígono Industrial Da Uceira
Carballino
32500

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Servizo de emerxencias do Carballiño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir